Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E COMO SEGUE O CONTO?

Despois da Idade Media o galego vai pasar por tempos difíciles e tardará en volver a coller folgos para seguir o seu camiño como lingua literaria. Deteñámos logo o noso andar para sabermos algo sobre como foi este proceso ata chegar aos nosos días.

OS SÉCULOS ESCUROS E O REXURDIMENTO

SÉCULO XX e XXI
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 30-09-2021 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGAS GALAICO-PORTUGUESAS

As cantigas galaico-portuguesas estaban entre os "40 principais" da época a partir da difusión escrita que propiciou o Camiño de Santiago polas cortes de media Europa. Triunfaron os xograres e trobadores galaicos non só na súa terra e nos reinos do resto da Península, chegaron a ser requeridos e imitados nas cortes máis importantes do resto de Europa.

Había, entre outros modelos, tres tipos de cantigas principais:

Cantiga de amigo posta en boca dunha muller que falaba da súa desesperación pola ausencia do namorado.

Cantiga de amor, posta en boca dun home que cantaba as belezas da súa namorada e declaraba canto a amaba.


Cantigas de escarnio e maldicir, cantigas satíricas coas que metían ben cunha persoa ou cun mal proceder das persoas.

Tamén foron moi coñecidas as Cantigas de Santa María que se dedican a un tema relixioso para louvanza ou narrar aos milagres da Virxe.

CUESTIÓNS:
1- Tendo en conta a clasificación anterior, escoita as seguintes cantigas e indica a que tipo de cantiga pertence cada unha. Fíxate ben no que din os textos que están en galego-portugués medieval, claro.









Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 24-09-2021 05:41
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o nacemento da nosa lingua

Imos traballar sobre o nacemento da nosa lingua e trasladarnos a aquel tempo a través da música. Trátase de saber algo máis da historia da lingua galega.

AS RAÍCES DA NOSA LINGUA

O NACEMENTO E ESPLENDOR DO GALEGO

UN ROMANCE DAQUELA ÉPOCA: O Romance de Don Gaiferos de Mormaltán.
Trátase dun romance de tradición oral anónimo que nos remonta a aquela época das peregrinacións cando o galego estaba dando pasos para convertese nunha lingua literaria.

Cuestións:
1- Como se logrou recuperar este romance?
2- Quen o cantaba este tipo de pezas acompañadop da zanfona e para que?
3- Que tipo de composición lírica é un romance?
4- Resume a historia que narra o Romance.
5- Infórmate: Está baseado en feitos reais?

Comentarios (1) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 22-09-2021 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
NO CAMIÑO DA IDENTIDADE

Cara a onde vas?...De onde vés?... Por que vas alí?... Que buscas aquí?... Que é o que fas dando tantas voltas?...

Comezamos un novo curso e as preguntas asáltannos a cada paso que damos, interrogándonos de seguido. Neste curso seremos quen de despexar algunha das dúbidas aínda pendentes de resolver? A que vén a conto agora falar da lingua que usamos? Por certo cando, canto e como usamos a nosa lingua? Ten iso importancia?

UNHA ACTIVIDADE
Le o seguinte texto e responde logo as seguintes preguntas:

NO CAMIÑO DA IDENTIDADE
Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza.

Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioría de idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén.

O galego é pois un exercicio de liberdade porque nos permite saber quen somos. Sempre somos no presente porque fomos un antes, porque houbo un pasado que nos deu sentido e tamén deunos paso á vida na terra que pisamos e recoñecemos como nosa. Un exercicio de liberdade, un dereito que se renova cada xeración, pero tamén un compromiso de lealdade e responsabilidade, un deber con aqueles que nos ofreceron este xeito de seren orixinais, auténticos e diversos no universo enriquecendo coa nosa lingua a variedade de idiomas que define ao ser humano.


Cuestións:
1-Como nace unha lingua?

2- Por que o galego é como un ser vivo? Cal sería a etapa da súa adolescencia?

3-É certo que cada lingua é quen de amosar e/ou entender o mundo dun xeito diferente?. Razoa a resposta lembrándote do que dicía Castelao: Todos os cans do mundo ouvean do mesmo xeito.

4- Sabemos que é de xustiza garantir a pervivencia da variedade de linguas no mundo, sustentadoras das culturas da humanidade. Falar galego é logo, un exercicio de liberdade e de responsabilidade á vez? Razoa a resposta.

5- Por que motivos pensas ti, sendo galego/a, non falas máis galego?
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 14-09-2021 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0