Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN EXERCICIO DE RESPONSABILIDADE E DE LIBERDADE

Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares do home coa natureza.

Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioría de idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén.

O galego é pois un exercicio de liberdade porque nos permite saber quen somos. Sempre somos no presente porque fomos un antes, porque houbo un pasado que nos deu sentido e tamén deunos paso á vida na terra que pisamos e recoñecemos como nosa. Un exercicio de liberdade, un dereito que se renova cada xeración, pero tamén un compromiso de lealdade e responsabilidade, un deber con aqueles que nos ofreceron este xeito de seren orixinais, auténticos e diversos no universo enriquecendo coa nosa lingua a variedade de idiomas que define ao ser humano.


Cuestións:
Como nace unha lingua?

Por que o galego é como un ser vivo? Cal sería a etapa da súa adolescencia?

É certo que cada lingua é quen de amosar e/ou entender o mundo dun xeito diferente?. Razóa a resposta lembrándote do que dicía Castelao: Todos os cans do mundo ouvean do mesmo xeito.

Sabemos que é de xustiza garantir a pervivencia da variedade de linguas no mundo, sustentadoras das culturas da humanidade. Falar galego é logo, un exercicio de liberdade e de responsabilidade á vez? Razoa a resposta.

Por que motivos pensas ti que non falas máis galego, se es galego/a?
Comentarios (6) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 29-09-2020 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA O CURSO 2020-2021: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!

O lema deste ano co que imos traballar e que ademais nos vai servir de motor ao longo do curso é: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!

Trátase realmente de CONSTRUÍR A NOSA RESPONSABILIDADE. A responsabilidade de todos como un labor individual á vez de colectivo. Implica ter clara a igualdade de dereitos, a importancia dos deberes nun mundo complexo rico en diversidade. Somos diferentes en cultura, pero abordamos unha tarefa esencial en común a de compartir un planeta e manter viva a nosa identidade.

Apelar á sensatez nestes tempos de pandemia non pode facer invisible outras cousas das que tamén somos responsables. Bótalle unha ollada ao vídeo:



Cantas linguas hai no mundo?

Por que son tan fráxiles as linguas?

Por que é imprescindible "espertar"?


E xa postos dado que estamos pendentes da COVIB-19 falemos de CONTAXIO:



Hai contaxios saudables?

Logo, quererás probar e contaxiarte?


COMEZAMOS.

Escribir, ler e falar ben a nosa lingua, a responsabilidade esencial que temos que asumir.
Comentarios (9) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 23-09-2020 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0