Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un romance para empezar

Estas tres imaxes remóntannos a tempos ben distintos. As tres manteñen unha relación a través do instrumento: a zanfona que tocan. Só coñecemos o nome do último. Faustino Santalices, o home que impediu que este instrumento e as cantigas que se tocaban con ela se perdesen para sempre.

Imos escoitar un romance, o máis vello dos que se coñecen cantado en galego. Trátase dunha historia relacionada co Camiño de Santiago de un peregrino chamado D. Gaiferos de Mormaltán. É unha peza que se chegou aos nosos días grazas a un traballo moi singular de Faustino Santalices, un avó que nos deixou a súa voz. El preocupouse polas cantigas de cego que acompañaban a estes dende tempos remotos á hora de pedir esmola, recuperando tamén un instrumento con que adoitaban acompañarse: a zanfona.



Está é a letra que a tradición oral conservou e que Faustino Santalices gravou en 1945:

Onde vai aquil romeiro,
meu romeiro a onde irá?
camiño de Compostela,
non sei se alí chegará.

Os pés leva cheos de sangue,
xa non pode máis andar.
Malpocado, pobre vello,
non sei se alí chegará.

Ten longas e brancas barbas,
ollos de doce mirar.
Ollos gazos, leonados,
verdes coma a auga do mar.

E a onde ides, meu romeiro?
Onde queredes chegar?
Camiño de Compostela,
onde teño o meu fogar

Compostela é miña terra,
deixeina sete anos hai.
Reluciente en sete soles,
brillante como un altar.

Cóllase a min, meu velliño,
vamos xuntos camiñar.
Eu son trobeiro das trobas
da Virxen de Bonaval.

I eu chámome Don Gaiferos,
Gaiferos de Mormaltán.
Se agora non teño forzas
meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela
e foron á Catedral.
Ai, desta maneira falou
Gaiferos de Mormaltán.

Gracias, meu señor Santiago,
aos vosos pés me tes xa.
Si queres tirarme a vida
pódesma señor tirar,
porque morrerei contento
nesta santa catedral.

E o vello das brancas barbas
caiu tendido no chan,
pechou os seus ollos verdes,
verdes como a auga do mar.

O obispo que esto viu
alí o mandou enterrar.
E así morreu, meus señores,
Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moitos milagres
que Santiago Apostol fai.

Aquí deixamos outra versión máis moderna do tema:



Investigación:
1-O teu avó ou a túa avoa seguro que coñecen algunha vella cantiga que aínda ti non escoitaches, fai unha pequena recolleita entre as persoas maiores que coñezas ata lograr recuperar para a túa memoria unha cantiga galega tradicional.
2- Investiga se foi verdade o caso de Don Gaiferos de Mormaltán.
3-Procura unha definición para este tipo de composición chamada romance.

ROMANCE DA LINGUA
1- As raíces da nosa lingua
2- O nacemento do galego
3- Séculos escuros e Rexurdimento
4- Século XX -XXI
5- Esquema da panorámica
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 24-09-2017 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
SABER PARA QUE? ... Para mergullar no mundo


Imos comezar o curso coa idea de darlle voltas a iso do saber. Imos primeiro lembrar algunhas cousas básicas sobre a lingua e o coñecemento sobre esa curiosidade innata coa que nacemos e que é a que estimula o noso afán por saber.

Por que a lingua nos fai humanos? Castelao tiña unha resposta.

Por que é tan importante ser orixinais? Vilar Ponte pode axudarnos.

Por que o galego ten que estar no mundo? Tamén Castelao nos quixo botar un cabo.

Sabías que sen lingua, é dicir, sen ter a capacidade de nomear as cousas, non hai coñecemento? Imos procurar argumentos para darlle resposta a esta cuestión. Agora tócache a ti...atrévete a mergullar!
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 18-09-2017 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0