Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Recóllote da Historia... estás borrosa

Imos logo co primeiro dos proxectos do curso: encher de contidos a historia da nosa lingua dende as súas raíces ata hoxe.

Para a realización do proxecto botamos man dunha composición lírica denominada romance.

Que é un romance?

O romance sobre o que imos traballar non é un romance anónimo, está escrito polo autor Darío Xohán Cabana e titúlase: "Historia da lingua galega".

1ª parte: Das raíces ata o nacemento.

2ª parte: O nacemento e primeiro esplendor da nosa lingua.

3ª parte: Séculos escuros e Rexurdimento.

4ª parte: O século XX
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 23-09-2016 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO: porque é de xustiza!
Benvidos ao curso 2016-17. Este ano imos traballar co lema da Xustiza e, en relación a nosa materia, hai moito que dicir. Comecemos logo:



Porque somos iguais, pero diferentes.

Porque xustiza non é sempre igualdade.

Porque non debemos silenciar a nosa forma de ver o mundo.

Porque se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma.

Leamos o seguinte poema para logo comentalo e realizar un primeiro proxecto, o primeiro do curso, sobre este texto:

A LETANÍA DE GALICIA /1968: Uxío Novoneyra .
De tanto calar xa falo eu solo.


GALICIA digo eu / un di ..............GALICIA
GALICIA decimos todos ..............GALICIA
astr´os que calan din ...................GALICIA
e saben .......................................sabemos
GALICIA da door chora ...............á forza
GALICIA da tristura triste ............á forza
GALICIA do silencio calada ..........á forza
GALICIA da fame emigrante .........á forza
GALICIA vendada cega ................á forza
GALICIA tapeada xorda ...............á forza
GALICIA atrelada queda ...............á forza
libre pra servir ....................libre pra servir
libre pra non ser .................libre pra non ser
libre pra morrer ..................libre pra morrer
libre pra fuxir .....................libre pra fuxir

GALICIA labrega ...............GALICIA nosa
GALICIA mariñeira ............GALICIA nosa
GALICIA obreira ...............GALICIA nosa
GALICIA irmandiña ...........GALICIA viva inda
recóllote da terra ................estás mui fonda
recóllote do pueblo..............estás nil toda
recóllote da HISTORIA ......estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote prós novos que vein con forza

prós que inda non marcou a malla d´argolas
prós que saben que ti podes ser outra cousa
prós que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa.


Comentarios (2) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 14-09-2016 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0