Como o verán comeza e as areas son visita obrigada imos recomendar un par de lecturas para que as letras poidan ser compañeiras ben dun solpor ou de noites longas, que realmente son as máis breves do ano ou de mañás calorosas e ditosas.
As lecturas que vos propoñemos son de dúas autoras interesantes, son dúas novelas:
- Corazón de Xúpiter de Marilar Aleixandre.
- Ollos de auga de Domingos Villar, coa que iniciou unha saga de moita sona.
Para rematar unha recomendación complementaria: non deixedes de procurara asistir a varaiada oferta musical en galego que ao longo do verán se vai a producir en vilas e cidades, festivais e actividades culturais.
Para entrar no verán nas augas das vacacións con bo pé despois dos labores do curso traemos unhas recomendacións lectoras, ademais de as actividades lúdicas e musicais de asistir a concertos e festivais de interese onde a música en galego de distinta índole se manifeste.
Imos logo con esas lecturas que recomendamos. Hai unha saga moi marinense que non nos cansamos d erecomendar porque é realmente interesante, atractiva e marabillosa. Trátase da saga de DRAGAL da autora afincada en Marín Elena Gallego Abad.