Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROBA DE SETEMBRO
CONTIDOS DA PROBA:

1- GRAMÁTICA: Exercicios prácticos sobre:
- Tipos de palabras (no blog ou no anexo do libro 3º trimestre: Prontuario gramatical).
- Colocación de pronomes átonos (no blog ou na libreta).
- Verbos regulares (anexo do libro ou no blog).
- Verbos irregulares (ver no anexo final do tomo do terceiro trimestre e no blog).
- Adverbios, preposicións e conxuncións (anexo do 3º trimestre).

2- LITERATURA: Xéneros literarios:
- Lírica (páx.26,27 e 28 e 46-47)
- Narrativa (páx. 118,119 e 120 e 158-159).
- O teatro (páx.202-203-204 e 210-211)
- Día das Letras. O himno galego (no blog).
- Comentario textos literarios e recursos estilísticos (páx. 86.86 e 88 e no blog).

3- LECTURA, COMPRENSIÓN LECTORA e EXPRESIÓN:
O bosque pálido de Jaureguízar (Entega dos resumos da lectura, de cada capítulo e unha pregunta na proba de comprensión lectora no caso de tela pendente).

4- SOCIOLINGÜÍSTICA,COMPRENSIÓN LECTORA e EXPRESIÓN:
En galego, por que non? de M. Núñez Singala. Lectura e actividades de comprensión e expresión a entregar no día da proba que incluirá unha pregunta sobre esta lectura) que se especifica sobre a lectura no blog da materia.

Actividades a realizar sobre este libro nos seguintes enlaces:
- Limiar, capítulo 1 e 2
- Capítulo 3
- Capítulo 4 e 5
- Capítulo 6
- Capítulo 7, 8 e 9


5- ESCRIBIR BEN-ORTOGRAFÍA:
Prácticas de acentuación diacrítica e prontuario ortográfico (no libro no anexo do 3º trimestre).

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2020 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS: O CACHO DE SAN XOÁN A FALTA DE FOLIÓN.
Imos saber que tres recomendacións faremos a falta de folión ou fogueiras comunitarias de San Xoán.

En primeiro lugar, cinco minutiños para cumprir coa tradición nada mellor que ir buscar o cacho de San Xoán, as 7 herbas e as augas de 7 fontes:





En segundo lugar recomendamos escoitar música galega relacionadas coa data de San Xoán: Noite de San Xoán, cantiga feita a partir dos versos do autor do himno galego, Eduardo Pondal, que escribiu para esta noite máxica. A segunda sobre os Feitizos:





E como xa estamos entrando no verán, imos recomendar finalmente unha serie de lecturas para este tempo de lecer:

A saga de aventuras do Dragón galego:
DRAGAL escrita por unha xornalista e escritora marinense, Elena Gallego Abad.



A historia de Ith, fillo de Breogán de Silvestre Gómez Xurxo.

E finalmente unha lectura distinta, por momentos dura, porque ten unha compoñente histórica, outra de rabiosa actualidade e, por suposto, aventura e intriga,ademais dun contraste imprescindible amor e odio. A cova da Moura de Natalia Carou.

Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 18-06-2020 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
LENDA RELIXIOSA/LENDA HISTÓRICA
Escollemos hoxe para visualizar dous modelos ou exemplos de lendas moi estendidas no territorio galego de temática relixiosa e de temática histórica:



Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 15-06-2020 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos contos de sereas galegas hai?

En Mogor disque hai unha serea que non se deixa ver facilmente, e na costa galega unha historia semellante repítese en moitas vilas mariñeiras.
Agora que imos estar máis tempo mirando ao mar é bo momento para falar destes seres máxicos mariños... as sereas(ollo sirenas son as bucinas)Imos poñer un exemplo e logo se queres podes seguir indagando outras historias...



Debémoslle este texto que reproducimos a seguir a Teo Cardalda e Dolores Mariño Padín.


OS OLLOS AZUIS DO FILLO DA SEREA
Unha lenda relaciona aos Mariño e os seus descendentes cos seres mitolóxicos do mar.

Os romanos tiñan ao rei Neptuno e os gregos a Poseidón, os escandinavos a Kraken e os hindús a Makara...e Vilaxoán ten aos Mariño, unha familia de nobres vinculada aos seres mitolóxicos do mar, estreitamente relacionados cos mitos e as lendas galegas. O apelido dos que foron donos do pazo de Sobrán afunde as súas raíces, de feito, na nómina de seres fabulosos que se pasean por Galicia.

Como lembra Víctor Vaqueiro na súa Guía da Galiza máxica, xa o cardeal Jerónimo do Hoyo facíase eco no século XVII da presenza nos arredores da Coruña de «certos peixes semellantes a homes, agás non feito de teren mans e pés lixeiramente tortos por culpa da natación que practican arreo. Estes exemplares, a quen chaman homes mariños, posúen nas súas costas finas e pretas espiñas que semellan pelos, e deles din bos mareantes que a súa presenza nas augas é sinal de boa pesca, alén de seren amigos dous humanos, que acostuman darlle pan». Entre o mito e a ficción sitúanse testemuños de mariñeiros que aseguran velos no mar, tratando de subir aos seus barcos ou fuxindo ante a presenza dos humanos.

Para entroncar esta serie de lendas coa comarca arousá é necesario retroceder ao século XV, cando aparecen as primeiras referencias históricas da existencia do pazo de Sobrán, en Vilaxoán, unha fortaleza que foi propiedade, entre outros, de Paio Gómez de Soutomaior (Señor de Rianxo), Soro Gómez de Soutomaior e Xoán Mariño de Soutomaior, onde aparece o apelido que dá orixe á lenda.

Da historia do pazo, da saga dos Mariño e da relación de Vilaxoán coas sereas e os seres fabulosos do mar sabe moito Teo Cardalda, que constata como tanto nos escudos nobiliarios do pazo de Sobrán como na heráldica do Pazo de O Rial, relacionado tamén cos Mariño, aparecen as sereas e o mar, algo que aínda se pode descubrir nas súas paredes, aínda que moito mellor conservado no de O Rial que o de Sobrán.

Teo Cardalda faise eco dunha fermosa historia recollida xa por Torquemada no século XVI que relaciona á vila arousá non só cos seres mitolóxicos do mar, senón tamén cun personaxe de lenda da categoría de Roldán, o mozo emparentado co rei Carlomagno que deu orixe ao máis famoso dos romances épicos medievais, A chanson de Roland.

Como non hai pobo orgulloso de si mesmo que non aspire a relacionarse cos grandes mitos, e o de Vilaxoán, éo. Ao longo dos séculos foise tecendo unha preciosa historia que coloca a Roldán, ferido de guerra, recuperándose da batalla na illa de Sálvora.

«Unha mañanciña paseaba a cabalo pola praia -relata Cardalda- cando ao lonxe avistou como un corpo dunha muller deitado na praia. Ao chegar preto dela viu que se trataba dunha serea cun corpo de muller de rostro fermoso, peitos emerxentes e unha esvelta cintura, rematando cunha relucente cola de peixe».

O heroe de Roncesvalles quedou prendado da súa fermosura e non puído evitar tomala en brazos e facer o amor con ela. Cando lle preguntou o seu nome, a serea non puido responder. A súa amante era muda, polo que Roldán decidiu bautizala e púxolle o nome de Mariña, por chegar do mar.

O amor da parella fixo da serea muller, que foi desposuíndose das súas escamas á vez que se colmaba coa felicidade do heroe cando ela quedou embarazada e deu a luz un fermoso fillo «de ollos azuis como a súa nai e forte como ou seu pai».

A familia durou o que durou a vida de Roldán, que morreu na batalla de Roncesvalles. Entón a serea volveu ao mar, pero antes lanzou unha advertencia: Cada xeración que a descendencia do seu fillo parise, debía renunciar a un dos seus fillos e entregarllo a ela ao mar. Por suposto, o neno debía ter os ollos azuis.

Do implantada que está a lenda nas Rías Baixas dá fe a escultura da serea que recibe aos navegantes na illa de Sálvora, que leva a seguinte inscrición: «A serea de Sálvora tivo amores cun cabaleiro romano naufragado na illa. Naceu un neno que se chamou Mariño...».

A escultura, que tanto lembra á de Copenhague, data de 1968 e é obra do artista burgalés Ismael Ortega Martín, que a realizou por encargo de Joaquín Otero-Goyanes, marqués de Revilla e descendente dos primeiros propietarios da illa.

Hai outras versións da lenda, como a que dá o nome de Froilaz ao cabaleiro que se namorou de Mariña e que conseguiu que a serea muda puidese falar cando lle arrebatou dos seus brazos ao fermoso fillo de ollos azuis e simulou que o botaba ao lume. A serea, entón, berrou.

Os que aínda levan ese apelido séntense orgullosos descendentes do cabaleiro francés e da serea, tal e como se pode ler no blogue Navegante do mar de papel, onde unha escritora de Arcade, de apelido Mariño, reproduce a lenda e recoñécese identificada coa figura de Ariel, a sirenita da película de Walt Disney.

Desde que a viu de pequena, di, séntese serea. E é que se xa é difícil poñerlle portas ao campo, quen llas pón ao mar? E quen á imaxinación que se deixa levar por cantos de serea?

Se queres saber de máis sereas mesmo da que se deixa ver en Mogor non tes máis que consultar na páxina Galicia Encantada na que aparecen unhas 23.

E como non van estar representadas ademais dos capiteis, escudos de diversos edificios en toda Galicia, nas cantigas da nosa terra, mesmo nas máis modernas:

Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 10-06-2020 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
RECUPERACIÓNS xuño 2020
A causa do confinamento, como xa se vos comunicou, os alumnos/as puideron ir recuperando a materia pendente de Lingua e Literatura Galega a través da realización de actividades de diversa índole remitidas polo profesor semanalmente e devoltas a través do correo electrónico da materia. Para aqueles que amosaron problemas telemáticos (que son casos puntuais) o centro habilitou neste período un sistema de entrega de traballos semanal para poder recibir e remitir o material pertinente.

Os alumnos/as que non optaron por esta fórmula saben que deberán realizar unha proba telemática oral co profesor :

2º ESO A: 3 de xuño á partir das 9,30 horas.
2º ESO B: 4 de xuño á partir das 12 horas.

Deberán acordar co profesor unha cita previa.

Dita proba será sobre contidos dados presencialmente, claro está , ben na 1ª e/ou a 2º avaliación:

1ª avaliación.
2ª avaliación.

A seguir indicamos os contidos básicos destas dúas avaliacións:

1- GRAMÁTICA: Exercicios prácticos sobre: Tipos de palabras (no blog ou no anexo do libro 3º trimestre: Prontuario gramatical), a colocación de pronomes átonos (no blog ou na libreta) e verbos regulares (anexo do libro ou no blog).

2- LITERATURA: Xéneros literarios: Lírica (páx.26,27 e 28 e 46-47) e narrativa (páx. 118,119 e 120 e 158-159).


3- LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA: O bosque pálido de Jaureguízar (Proba de comprensión lectora no caso de tela pendente).

Ademais os contidos abordados nesta 3ª avaliación son:

1- GRAMÁTICA: Exercicios prácticos sobre: A colocación pronomes átonos (repaso 2ª avaliación no blog). Verbos irregulares (ver páx. do anexo ao tomo do terceiro trimestre). Adverbios, preposicións e conxuncións (anexo do 3º trimestre).

2- LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA, no que se realiza un traballo sobre SOCIOLINGÜÍSTICA: En galego, por que non? de M. Núñez Singala

3- LITERATURA: O teatro (páx.202-203-204 e 210-211) Día das Letras. O himno galego (no blog). Comentario textos literarios e recursos estilísticos (páx. 86.86 e 88 e no blog).

4- ORTOGRAFÍA: Prácticas de acentuación diacrítica e prontuario ortográfico (páx. do libro anexo do 3º trimestre).




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2020 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0