Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Si, na biblioteca o xoves, non o esquezas!

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-06-2013 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Para o próximo exame
Temas 8, 9 do libro (verbos regulares e irregulares dados, repaso do uso e colocación de pronomes átonos) e o tema das Letras Galegas 2013 De Rosalía a Vidal Bolaño (material traballado na clase que aparece no blog).

Contidos do tema especial das Letras:
Biografía e obra de Rosalía.
Recursos da obra poética de Rosalía ou no Himno Galego de Pondal.
Biografía e obra de Roberto Vidal Bolaño.
Características do xénero teatral.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2013 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
DESPOIS DA REPRESENTACIÓN DE VIDAL BOLAÑO

CUESTIONARIO DO ESPECTADOR: Para unha reflexión e unha comprensión das representacións


Características do Xénero teatral
O interese educativo do xénero dramático que xa o tiña cando naceu na Grecia Antiga do século V a. C. é unha das principais características deste xénero literario onde o texto convértese a través da representación nunha busca da verdade, a través dunha confrontación de ideas, un conflito.
Toda obra de teatro procura provocar un conflito ao público, unha forte controversia sobre a que o espectador vai ter que reflexionar.
Os actores son os portadores dunha conduta do ser humano que é a que promove esa reflexión ese xuízo ao que o contempla.



AGASALLO DE SOMBRAS de Roberto Vidal Bolaño.

A obra que representan alumnos/as 1º de Bacharelato, quere render unha homenaxe conxunta a Rosalía no ano qu ese cumpren 150 anos da publicación dos Cantares gallegos, un 17 de maio de 1863, e por outra banda ao autor ao que se dedican o Día das Letras deste ano 2013, Roberto Vidal Bolaño.
Trátase dunha obra polémica deste controvertido autor que pretende dar unha nova visión sobre a figura de Rosalía rachando vellos moldes, tópicos rancios sobre a poeta. En palabras do propio Vidal Bolaño esta obra é unha ? celebración libre e non moi respectuosa arredor do tempo, a vida e a obra da poeta Dna. María Rita Rosalía Castro de Murguía, tamén coñecida como ? Santiña?, inspirada nunha idea roubada do Teatro de Máscaras de D. Ramón O tero Pedrayo e adobiada con ringorrangos doutras dúas catedrais do teatro imposible, o Fausto de Ghoete e ?As tentacións de San Antonio? de Gustave Flaubert, así como con parte da correspondencia persoal da poeta e de moito do que sobre ela levan dito algúns dos que a coñeceron e estudaron?. RVB persegue realmente unha visión actual do mito de Rosalía do que sabemos e do que quixeramos saber sobre ela.
1- Cal é o conflito ao que Roberto Vidal Bolaño nos quere levar nesta obra, Agasallo de Sombras?
2- Quen son os personaxes principais desta obra, terán algo que ver co tema que soa ao comezo e final da adaptación que se representou? Coñecías este poema, sabes como se titula?
3- A personaxe de Rosalía como aparece representada na escena en Agasallo de sombras?
4- Que cres que representa o personaxe de Aurelio Aguirre?
5- A carta que escribe Rosa ao seu marido que lle reprocha, como se retrata a Manuel Murguía, o home de Rosalía no conxunto da obra?
6- Como se reflicte na obra a personalidade proto-feminista de Rosalía?
7- Que querería dicir Rosalía na cabeceira da obra cando di: ?E pensar que aquela noite, todo era aínda posible??



A ÓPERA DE A PATACÓN, adaptación de Roberto Vidal Bolaño

1-Cal é o conflito, a reflexión central á que nos quere levar esta obra da Ópera de a patacón?
2-Un dos recursos esenciais desta obra é o continuo intento dos actores de que coa súa conduta quede en evidencia o dobre sentido, realizan afirmacións contundentes que teñen unha dobre interpretación ou ironía. Indica tres exemplos de ironías claras ou dobres sentidos que lembres da representación:
3- Os estudosos da obra de Roberto Vidal Bolaño din que é un autor que presenta con frecuencia os denominados personaxes da derrota, que son vítimas dun fracaso dunha sociedade en crise. Que personaxes desta obra que viches cres que responden a esta descrición?
4- O tipo de personaxes que aparecen axúdanos tamén a saber o subxénero teatral no que se encadra esta obra :
Traxedia: Obra na que os personaxes que interveñen acaban enfrontadas e na que a trama remata nun desenlace fatal.
Comedia: Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía
Farsa: Procura unha acumulación esquemática de situacións caricaturescas (personaxes tipo ou pouco definidos) ó redor dun enredo cotiá onde abondan enganos.
5- Cres que a situación que se presenta pode ter algo que ver coa sociedade na que vivimos? Razoa a resposta con argumentos que remitan á obra á que asistimos.

AULA DE TEATRO SAN NARCISO ............2013
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 04-06-2013 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0