LITERATURA: Subxéneros narrativos páx. 158-160
O teatro páx. 178-179
Traxedia , comedia, farsa e drama páx. 210-211 (Lembra que podemos catalogar de farsa a obra do Plan lector O achado do Castro, é dicir, un subxénero dramático de contido crítico e satírico con personaxes caricaturescos). Recursos literarios
Imos redactar unha biografía sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2023. Para recoller os datos máis significativos usaremos o seguinte audiovisual:
Da serie documental feita pola Academia con motivo desta celebración o sexto dos episodios fai referencia ao legado e a súa obra literaria, outro aspecto que nos interesa coñecer:
Para elaborar esta Vida e Obra segue o seguinte esquema:
VIDA de FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
- Lugar e data de nacemento
- Infancia, estudos e contacto coa lectura
- Cunqueiro, un amigo para sempre.
- Madrid 1931. Descuberta do Galeguismo
- Santiago. Partido Galeguista e Seminario de Estudos Galegos.
- Guerra Civil. Nova etapa en Vigo.
- Creación da Editorial Galaxia. Divulgador da cultura galega.
- Na Academia Galega en 1963 propón a celebración do Día das Letras.
- Presidente da Fundación Penzol e da RAG (1997-2001).
- Lugar da morte no 2010 aos 97 anos de idade.
OBRA:
- Máis de 4000 artigos como divulgador dende mozo.
- Co seudónimo de Salvador Lourenzana durante a ditadura.
- Unha novela: O cego de Pumardedón
- Varios libros de viaxes: Galicia
- Ensaios sobre: Cos ollos do noso espírito, Galicia no espello, Historia da Literatura Galega
- Memorias: O río do tempo, Camiño andado