Preguntas sobre a lectura do cap 5 de EN GALEGO, POR QUE NON?
Despois de ler o capítulo titulado: Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura:
1- É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil? Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2- Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes?
3- Por que a un polaco lle pode resultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4- Seica a franceses, británicos, españois e estadounidenses lles resulta máis complicado aprender outros idiomas? Como se explica?
5- Unha cousa curiosa, por que cres que os galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as razóns obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6- O autor do libro fai referencia a unha gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que "usa un castelán tinguido de galego"?
8- Seguindo o reto que nos propón o autor imos poñer en castelán correcto o seguinte texto dun home que fala sobre a situación que estamos pasando: Érache boa! Madia leva, namentras non haxa unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas, faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou galopin que sexa. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar. Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír botar o cosco.
9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):
Lembras como conxugar estes verbos no Presente de indicativo?
- Durmir, subir, seguir e divertir.
1-Explica coas túas palabras (nun texto 15 ou 20 liñas) por que o Proceso de Normalización lingüística que vivimos en Galicia non é un proceso de imposición.
2- Cres que este Proceso de Normalización está rematado? Razoa e argumenta debidamente a resposta.
3- Sabías que na actualidade aprender o español na escola é un dereito e un deber, pero aprender galego só é un dereito, non temos o deber de aprendelo? Cres que esta diferenza é axeitada tendo en conta o último parágrafo do capítulo 6 que acabamos de ler? Razoa a resposta.
Imos ao encontro coa autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas:
Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.
Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.
Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.
Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.
E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.
Vencerse é cousa
de se tratar.
DA SÚA VIDA E DA SÚA OBRA
DAS SÚAS CREACIÓNS
"FACENDO CORPO": Curiosear sobre tres facetas de Xela: A súa imaxe, un poema e a súa rebeldía.
- A miña foto preferida de Xela Arias.
- Escollo un poema seu
- Procuro unha visión da súa vida de rebeldía.