Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tras do avance da 3ª...

Imos cos temas 8 e 9 do libro de texto, Pronomes e Verbos, Letras Galegas 2016.

LÉXICO:
TOPONIMIA e XENTILICIOS. As viaxes.
frases feitas e refráns.

GRAMÁTICA:

Colocación de pronomes átonos

Verbos Irregulares.IR, OIR, PODER, POÑER, QUERER, SABER, TER, VER, VIR

Adverbios, preposicións e conxuncións

Sintaxe elemental da oración simple: Suxeito, Predicado, o Complemento directo, o Complemento Indirecto e a oración en activa e pasiva (podes botarlle unha ollada a ilustración desta entrada).

SOCIOLINGÜÍSTICA: Prexuízos lingüísticos e usos das linguas en Galicia.

ESCRIBIR BEN: Diérese/ cofusión de vogais.

LITERATURA: MANUEL MARÍA. Letras Galegas 2016.

Textos: Poemas de Manuel María (recursos literarios intención do autor e temática).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2016 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
DA TOPONIMIA...
A TOPONIMIA DE MARÍN de Elixio Rivas Quintas como punto de partida.Recentemente, Elixio Rivas fixo entrega ao Museo Torres dos orixinais da súa tese doutoral

Na aula falamos de que os nomes non se deben deturpar e a importancia dos nomes de lugar pola información que nos transmiten. Concellos como o Carballiño, coa súa festa do polbo, e da súa relación con Marín a través do Priorato (un microtopónimo).



O que debemos saber sobre un topónimo:


O que debemos saber sobre os xentilicios:

A toponimia e os xentilicios

Sabías que...
grazas ao estudo dos topónimos usados por Colón no denominado descubrimento de América, á hora de renomear os lugares que ía incorporando á Coroa de Castela, os investigadores chegaron a conclusión de que era galego? Colón utilizou máis de 200 topónimos orixinarios das Rías Baixas.

Comentarios (0) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 18-05-2016 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando a Semana das Letras 2016
Comezabamos o curso con este poema do poeta do Día das Letras:


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
máxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén

O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer

Manuel María.

EXERCICIOS DE COMPRENSIÓN LECTORA

Aínda que a Manuel María o coñezamos como poeta tamén escribíu varias obras de teatro. Imos poñer un exemplo dun anaco dun texto teatral seu:

O REI BULULÚ, de Manuel María

Entra o Rei Bululú, que leva unh agran cachiporra, semellante á do rei de bastos, seguido do Ministro da Facenda, do Médico Real, do Gran Mariscal e do Gran Canciller. Bululú séntase no trono e os que o acompañan acomódanse ó seu redor.

MINISTRO DA FACENDA: EQue xantar poñemos hoxe, Maxestade?
BULULÚ: Caldo de verzas con ben unto e moitas fabas, chourizos con cachelos, callos ben picantes con abundancia de prebe, raxo asado, fígado encebolado. Viño Rubeiro, branco e tinto.
MINISTRO DA FACENDA: E de postre?
BULUlÚ: Hoxe deixa o postre que estou desganado.
MINISTRO DA FACENDA: Como ordene a Vosa Maxestade, á que teño o doloroso deber de informar que, no Tesouro Real, só hai vinte pesos e dúas pesetas con sete céntimos e medio. Os carniceiros xa non nos fían máis.
BULULÚ: Arránxate como poidas que pra iso es o Ministro da Facenda.
MINISTRO DA FACENDA: Favor que me fai a Vosa Maxestade. Mais de onde non hai non se pode sacar.
GRAN MARISCAL: Iso dos carniceiros non ten importancia. Declararémoslle a guerra ós carniceiros coa licenza da Vosa Maxestade.
BULULÚ: Xa cavilaremos niso. (Ó Gran Mariscal) Quédache concedida a Medalla das Grandes e Súpetas Iniciativas! (Ó Gran Canciller) Gran Canciller, toma nota desta condecoración que veño de conceder ó Gran Mariscal Maior do Reino de Bululú e que saia mañá publicada no Xornal Real, con letras ben grandes e en recadro ben floreado e repinicado.
GRAN CANCILLER: Tomo nota, Maxestade.
GRAN MARISCAL: Grazas, Maxestade! Non sei como agradecer...!
BULULÚ: Non hai de que. A mandar! (Ó Médico Real) Tómame o pulso!
MÉDICO REAL:(Tomándolle o pulso) Está baixo, Maxestade, cousa que non comprendo comendo tanto porco e coas grandes enviadas de viño que, con licenza e dispensando, baixa a Súa Real Persoa. Hai que purgalo pra equilibrar os humores.
GRAN CANCILLER: Preocúpanos a saúde da Vosa Real Persoa máis que a nosa propia. A Súa Maxestade é pra nós, e pra todos os súbditos deste reino, mellor que un pai. (Dirixíndose ós outros que están en escena) Verdad, vosoutros?
TODOS A CORO: Certo, certo...!
MÉDICO REAL: Cálmese, Maxestade, que acelera os humores!
BULULÚ: Que tanto maxestade nin que piñeta! Liscade todos menos o Médico Real!

Bululú baixa do trono e comeza a repartir cachiporrazos a eito. Os cachiporrazos farán bruído grandísimo.

GRAN CANCILLER: Moi honrado, Maxestade!
MINISTRO DA FACENDA: Grazas, Maxestade!
GRAN MARISCAL: Que grande, que forzudo e que valentía ten a Vosa Maxestade!
Médico Real: Ese exercicio élle moi comenente a Vosa Maxestade!

Cada un dos personaxes foxeen distintas direccións, Bululú segue repartindo cachiporrazos a barullo e perseguindo neles. Cando teñan fuxido todos, Bululú saca un pano descomunal, de moitas cores e moi chamativo e ponse a limpar a suor.

BULULÚ: Este é o traballo de ser rei. Canso máis que un cavador que anda todo o día a voltas co eixado. Que imos facer! A esta xentiña hai que ensinala. Estas leccións de Filosofía Política fanlles moito ben. Un rei ten que estar en todo e sacrificarse polos seus súbditos.

Cuestionario sobre o texto:
1-Este é un texto teatral por que razón o sabemos? Argumenta a resposta usando as características formais do propio texto.
2- Trátase dunha farsa, como a qu elemos de Castelao, por que?
3-Resume a trama indicando onde sucede a acción, quen acompaña a Bululú e de que se encarga cada un? que oocorre ata que intervén o Médico Real e despois desta intervención?
4-Como definirías ao Rei Bululú?
5-Cal cres que é o conflito que Manuel María pon en escena e que quixo trasladar con esta obra?


Podemos ver unha representación A farsa do Rei Bululú.

Para saber máis sobre Manuel María antes de visitar a nosa exposición sobre o autor, imos ver este telexornal:



EXPOSICIÓN SECUNDARIA
"Eu son esta terra e esta auga"

CUESTIONARIO DA EXPOSICIÓN:
1. Que libros le Manuel María que atopaba na biblioteca do seu pai?
Panel Resposta:
2. Cita tres autores que coñeza en Lugo na súa mocidade.
Panel Resposta:
3. Cita tres autores que coñeza en Compostela na súa mocidade.
Panel Resposta:
4. Que dous grupos de persoas se reunían nos faladoiros antifranquistas?
Panel Resposta:
5. Cal é o seu primeiro libro? Que característica posúe esta obra?
Panel Resposta:
6. Cal é a súa primeira obra de teatro?
Panel Resposta:
7. De que tipo é a poesía inicial do autor? En que grupo se encadra?
Panel Resposta:
8. Que libro marca un cambio na súa poesía? Que pasa a retratar agora o poeta?
Panel Resposta:
9. Por que el e outros autores non podían publicar en Galicia as súas obras?
Panel Resposta:
10. Que funda en 1967? Para que?
Panel Resposta:
11. Para que abren Saleta e mais Manuel María a libraría Xistral?
Panel Resposta:
12. Cal é o seu poemario infantil de máis éxito?
Panel Resposta:
13. Que outro poemario centra o destinatario nos nenos da cidade? Que pretende?
Panel Resposta:
14. Cal era o principal propósito de Manuel María? Que fixo para conseguilo?
Panel Resposta:
15. Cita dúas obras de denuncia social.
Panel Resposta:
16. Indica catro temáticas presentes na obra poética de Manuel María.
Panel Resposta:
17. Segundo o autor, que dúas obrigas temos nós coa lingua?
Panel Resposta:
18. Cal é o xénero literario que máis o define como autor? Que outros xéneros cultivou?
Panel Resposta:
19. En que institución entra en 2003? A que lle dedica o seu discurso de ingreso?
Panel Resposta:
20. Despois de teres visitado a exposición, con que tres ideas definirías a figura de Manuel
María?
Panel Resposta:
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 06-05-2016 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
O MAIO DE MANUEL MARÍA




O CARRO

Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!
¡Traime a colleita pra casa!


Manuel María, Terra Chá, 1954

Manuel María, 2001, Obra poética completa I (1950-1979), A Coruña: Espiral Maior



Imos camiñando cara a Terra Chá de Manuel María

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 02-05-2016 07:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0