TOPONIMIA
Este é un dos apartados que debemos coidar especialmnete pois é a Toponimia unha das partes do léxico máis rica e máis antiga do noso léxico.
Outro apartado relacionado intimamente coa toponimia é o do xentilicio. Onde ás veces castelanizamos a forma ou simplesmente a descoñecemos. Para que isto non pase imos poder consultar esta entrada de xentilicios galegos
A alumna de 2º ESO B Ángela Pousada González vén de gañar o 1º premio de poesía Concello de Marín que convoca a Concellería de Cultura para os centros escolares deste municipio a través da súa Concellaría de Cultura. O poema titulado Xente é un texto cargado de intención crítica e con gran poder expresivo. Esperemos que este recoñecemento a súa capacidade creativa sirva de alento para que siga escribindo no futuro e cultive e enriqueza coa súa produción o mundo das nosas letras.
O próximo día 17 ás 12 h. recibirá o premio e fará unha lectura do texto no Museo Manuel Torres de Marín.
Hoxe a clase centrouse na creación dunha banda deseñada. Veu a compartir a súa experiencia un dos máis recoñecidos deseñadores galegos do momento, Xosé Tomás, quen explicounos que hai detras dunha banda deseñada, detívose no seu proceso, paso a paso, e escolleu un exemplo concreto, un dos seus últimos traballos:NÓMADES. Foi unha lección de vida e de intervención a través da creatividade crítica, ese sentido crítico ao que lle levamos todo o curso dando voltas e máis voltas e que pode expresarse con debuxos tirados dun longo proceso de reflexión, entrevistas, achegamentos á realidade dos outros, á comprensión do sufrimento e dos soños dos homes e mulleres que comparten o planeta con nós. A sensibilidade de plasmar en imaxes esas vidas cargadas de heroísmos e miserias provocadas pola incomprensión dos demais con actitudes racistas, belicistas, inxusticias e prohibicións... soubemos que a realidade o mundo está cheo de historias e personaxes aos que observar con ollos críticos e cos que compartir esperanzas e desexos dun mundo mellor.
Graciñas Xosé Tomás por facermos entender que o cómic é outra cousa, que merece chamarse banda deseñada e que tamén pode falar e levarnos á reflexión máis profunda e non tan cómica da nosa propia existencia.
Podedes ver unha pequena reportaxe gráfica do seu paso polo centro no blog da Biblioteca.
LEMBRADE: O Ateneo de Marín fai unha convocatoria na que pensamos e te animamos a participar. Trátase dun concurso de creación dun texto narrativo que debe acontecer en Marín. MARÍN CONTA:
Un texto narrativo debe ter unha historia (aventuras, misterio, amor, medo, fastántica, policíaca...)que contar e claro un narrador que o faga. O narrador pode ser mesmo un dos personaxes que intervén nos acontecementos ou non. Os personaxes poden parecerse a nós mesmo ou facer algo que nós desexemos ou soñemos ( ser invisibles, voar, ter un dragón...). Podemos crear tamén un antagonista, un Don Quixote, un Sancho e unha Dulcinea, un Romeo e unha Xulieta ou unha meniña gaiteira... O espazo xa nos vén imposto, nesta ocasión é Marín. Pero o que non está predeterminado é o tempo cronolóxico no que imos desenvolver a nosa historia, poden ser varios, poden ademais narrarse de xeito lineal ou discontinuo, indo cara atrás no tempo ou cara ao futuro. A túa historia pode e debe usar distintos modos de contar, non todo vai a ser acción narrativa, pode haber descrición de paisaxes marinenses e/ou dos personaxes que tamén poder facer uso do diálogo entre eles. Ao final porémoslle un título para facer máis atractivo o noso relato. Non pasarse de 500 palabras!.