Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para comentar o poema Penélope
Ao traballar este ano o xénero literario da poesía desde principio de curso, vimos facendo fincapé na sensibilidade do alumnado para achegarse a textos como o presente realizando un esforzo á hora de intentar abordar unha interpretación o máis axustada posible ás intencións creativas e literarias do autor. Realizamos logo un achegamento ao vocabulario deste poema, ao tipo de estrofas, medida, estrutura e rima dos seus versos. Tamén reparamos na súa estrutura desde o punto de vista do contido.

Analizamos para a súa interpretación os principais recursos e a significación. Partimos para elo do repaso do contido da Odisea e dos seus personaxes mitolóxicos ata lembrar os problemas que tiña Galicia ao longo do século XX, na época na que vivía Díaz Castro.

O texto do poema e tamén varias versións cantadas, atópase na entrada de máis abaixo, ademais de que realizamos un ditado na aula, polo que cada alumno ten o seu texto na libreta.

Recomendamos volver a visualizar este enlace antes de comentar o texto.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 20-05-2014 06:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cuestionario Díaz Castro
A Exposición de carteis sobre Díaz Castro podes consultala aquí.


1- En que ano, lugar e en que concello naceu Díaz Castro? Era de familia...?

2- Que circunstancias da infancia converten a este neno nun mozo poeta?

3- O Seminario de Mondoñedo como influiu en Díaz Castro?

4- En que vila foi profesor e que premios literarios gaña en 1946? Cales son os contidos do seu tríptico Nascida dun sono?

5- Cantos idiomas dominaba e en que cidade pasou 20 traballando? Cal era o seu traballo?

6- En que momento da súa vida volve a Guitiriz e con quen colaborou especialmente nesta época? EN que revista galega editará de novo poemas?

7- Cal é o nome do poemario máis coñecido de Díaz Castro? Cal é a estrutura deste libro e o seu estilo? Cales son os temas principais de Nimbos? Cal cres que será o poema máis coñecido do autor?

8- En que destaca profesionalmente Díaz Castro?
Cales foron seus aportes neste campo da tradución? Que era a Tradución para Díaz Castro?

9- Que era a poesía para o poeta Díaz Castro?

10- Cal era a súa opinión sobre o galego?
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 14-05-2014 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
De Penélope a Galiza
Penélope



Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Xosé María Díaz Castro, Nimbos (1961)




CUESTIÓNS:
Despois de ler o poema procura no diccionario o significado das palabras que non coñezas.

Quen era Penélope? Por que cres que leva este título o poema?



Logo debemos adentrarmos na vida e obra de Díaz Castro
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 12-05-2014 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Unha chea de anuncios sobre a historia da nosa Lingua
Imos realizar un traballo que consiste en coñecer mellor, en estudar e difundir a historia da nosa lingua. Seremos quen de crear unha serie de anuncios para entender as distintas etapas polas que pasou a nosa lingua dende a súa creación:

Imos colocar a continuación 12 títulos para desenvolver de xeito persoal por cada grupo de traballo e finalmente realizar un anuncio publicitario sobre cada unha destas etapas que defina as características esencias dese momento coa idea de difundila. Cada Grupo debe logo crear 12 anuncios. Os títulos son:

I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade.
II- Antes do galego, GALLAECIA.
III- GALICIA, o 1º reino medieval de Europa.
IV- Nace o galego e as peregrinacións a Compostela.
V- O esplendor medieval da nosa literatura.
VI- Decadencia do XIV-XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII.
VII- Os ilustrados e precursores dunha nova etapa.
VIII- O primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario.
IX- Unha nova idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo.
X- O Franquismo e a instalación do bilingüísmo.
XI- Un difícil proceso de recuperación da identidade.
XII- A Galicia da Normalización.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 08-05-2014 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0