Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Toponimia e antroponimia

Na páxina 133 do tema 6 do noso libro de texto aparece unha interesante entrada relacionada coa toponimia e a antropominia.
Unha das actividades que xa realizamos na aula foi coñecer a orixe e o significado do noso nome.
Pero aínda non indagamos sobre os nomes das parroquias do noso concello e a súa orixe.

TOPONIMIA:
Sobre a toponimia de Marín

As parroquias de Marín:

Ardán (Santa María) |
O Campo (Santa María) |
Marín (San Xián) |
Marín (Santa María do Porto) |
Mogor (San Xurxo) |
San Tomé de Piñeiro (San Tomé) |
Seixo (Nosa Señora do Carme)

ANTROPONIMIA:
Para sabermos máis sobre a orixe dos nosos apelidos.
Comentarios (0) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 18-04-2017 07:15
# Ligazón permanente a este artigo
Os seres máxicos da nosa tradición oral

xa sabemos moitos, porque o curso pasado falamos longo e tendido sobre a famosa Compaña e outros seres asociados aos anuncios da morte, sobre os mouros e mouras e sobre lobishomes e peeiras.Perro debemos saber que ademais destes seres máxicos da nosa mitoloxía existen outros moitos que aínda podemos coñecer
Comezamos coas sereas...
Localiza un par de relatos de tradición oral onde se fale das sereas:Galicia encantada
A serea de Vilaxoán
OLLO: Serea é o ser máxico,pero sirena a bucina
Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 18-04-2017 07:04
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro de lectura para a 3ª avaliación

O libro que debemos ler na casa nos próximos 30 días son dous relatos moi coñecidos de Edgar Alan Poe o coñecido autor norteamericano que traslada aos seus relatos unha parte do seu mundo atormentado. Son os relatos de suspense: O escaravello de ouro e Os crimes da rúa Morgue.

Lembra que xunto que ademais da proba de lectura que realizaremos a no mes de maio, deberán presentarse unha serie de actividades sobre:
- Os textos auxiliares.
- A Análise literaria dos dous textos.
- A lingua e o estilo.
- As leccións de Poe.

Boa lectura!!
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-04-2017 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0