Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eí vén o maio!

Que é a TRADICIÓN ORAL, como definirías o PATRIMONIO INMATERIAL dun pobo?

Imos achegarmos ás distintas manifestacións da Festa de maio para comprendermos mellor estes conceptos:

Alumear o pan.

O maio cónico tradicional e os maios figurativos ou artísticos : Ourense







O maio de Marín:





O maio humano:





Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
¡Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.

Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez.

Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 30-04-2015 07:27
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRADE A LISTAXE DE VERBOS IRREGULARES
Exercicios de conxugación con verbos irregulares
DAR
DICIR
ESTAR
FACER
HABER
IR
PODER
POÑER
QUERER
SABER
SER
TER
TRAER
VER
VIR
Podes consultar calquera destes verbos irregulares aquí
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 20-04-2015 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
O INFINITIVO CONXUGADO
A diferenza doutras linguas, o infinitivo galego presenta unha forma non-persoal
(cantar) e outra forma persoal ou conxugada:

eu cantar
ti cantares
el/ela cantar
nós cantarmos
vós cantardes
eles/elas cantaren

Non é un invento, xa está documentado no século XIII e XVI.

É de uso obrigado:
? Cando ten un suxeito expreso diferente
ao do verbo principal.
Xan chamoute para sacares o can de paseo.

? Cando o suxeito, sendo distinto do do verbo principal, non está presente e interesa indicalo para evitar ambigüidades.

É necesario volvermos á casa hoxe.


Ademais é aconsellable usalo:
? Cando, tendo o mesmo suxeito ca o do verbo principal, aparece antes ca el.

Por chegardes tarde, quedastes sen entradas.

Exercicios con infinitivo conxugado.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 20-04-2015 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
PARA ACHEGARMOS Á POESÍA

Imos realizar un miniobradoiro de poesía. faremos probas a ver que tal se nos dá iso de expresar sentimentos en verso, dun xeito musical e sonoro, fermoso ou estético:
1º Realiza un pareado:
Crear un PAREADO
sempre foi moi DOADO!

2º Ou un CALIGRAMA como o da imaxe-canción que inclúa versos e ilustración.

3º Adiviñas. Son versos que preguntan con rima.

4º Ensalada de versos a partir de versos de varios poemas diferentes.

5º ABECIPOEMA ou ALFABETIPOEMAS coas palabras que nos definen a nós ou a algo que nos gusta.


Botémoslle unha ollada a algunha proposta coma esta de XOGAR A ESCRIBIR

Comentarios (0) - Categoría: POESÍA - Publicado o 09-04-2015 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
PARA ACHEGARMOS AO TEATRO
Vexamos unha sinxela escena da obra " Os vello snon deben namorarse para achegarmos ao xénero do teatro:




Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Será comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 09-04-2015 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0