Estamos redactando unha serie de reportaxes sobre os prexuízos na nosa contorna e a cousa promete. namentres traballa o equipo de redacción imos seguir lendo EN GALEGO, POR QUE NON?
Supoñamos que hai catro persoas galegas e das catro persoas hai unha que non fala galego...
1- Por que falar en galego cando hai alguén que non o fala non é de mala educación?
Argumenta con alomenos tres razoamentos ben expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar galego cando hai alguén que non o fala.
Preguntas sobre a lectura do Capítulo 5 de EN GALEGO, POR QUE NON?
Despois de ler o capítulo titulado: Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura:
1- É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil? Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2- Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes?
3- Por que a un polaco lle pode resultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4- Seica a franceses, británicos , españois e estadounidenses lle resulta máis complicado aprender outros idiomas? Como se explica?
5- Unha cousa curiosa, por que cres que os galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as razóns obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6- O autor do libro fai referencia a unha gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que "usa un castelán tinguido de galego"?
8- Seguindo o reto que nos plantea o autor imos poñer en castelán correcto o seguinte texto dun home que fala sobre a situación que estamos pasando:
Érache boa! Madia leva, namentras non haxa unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas, faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou galopin que sexa. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar. Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír botar o cosco.
9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):
LITERATURA: NARRATIVA páx. 118.119.120.
Textos narrativos: A historia, a estrutura, os narradores e o punto de vista, personaxes, os tempos e o espazo.
LITERATURA
Subxéneros narrativos páx. 158, 159 e 160
Subxéneros literarios: O romance, a fábula, o conto, o mito e a lenda. A novela.
Subxéneros non literarios: A noticia, a reportaxe e a crónica.
OLLO: Diferenzas entre mito e lenda (no libro aparece un tanto escuro).
1ªA lenda está baseada nun acontecemento histórico aínda que co tempo se enriqueceu con elementos de fantasía. O mito non ten ningunha base real ou referenza temporal histórica concreta, trátase dunha narración fantasiosa.
A lenda pretende narrar, de forma popular, de boca a boca, un acontecemento histórico. O mito intenta explicar a orixe do mundo, explicar condicións naturais ou sucesos que estéan máis aló do noso entendemento.
A lenda fai mención a personaxes que existiron, personaxes históricos. O mito está protagonizado por personaxes de fantasía e heroicos.