Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÍA MUNDIAL DO TEATRO: 27 de marzo
Agora que estamos a pasar unha terrible praga pode ser un bo momento para che propor unha actividade sobre esta obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño:



Despois de ver o vídeo realizaremos a lectura dalgunha das escenas desta obra do PDF antes de responder ao seguinte cuestionario:

1- Como se chama a obra sobre a que estamos traballando?
2- Por que cres que leva este título?
3- A meirande parte dos personaxes desta obra que son? E que sagrada misión teñen?
4- O xénero teatral formalmente identifícase porque establece un diálogo (entre os personaxes ou entre un actor/actriz ou actores/actrices e o público).
En canto ao contido defínese por presentar un conflito (un enfrontamento de ideas) que ás veces se resolve felizmente, outras remata en desgraza.
Na presente obra, cal cres que é o principal conflito que se presenta?
5- Esta obra é unha traxedia ou unha comedia? Por que?
6- Esta obra ten unha temática crítica. A chamada é unha das escenas que destacamos. Realiza un breve comentario do seu contido crítico.
7- Gustaríache facer unha pequena representación teatral esta ou outra semellante? Por que?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 26-03-2020 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Para un día 21 de marzo: Día Mundial da Poesía

Poesía é expresión de sentimentos en verso, con musicalidade e ritmo, procurando tal vez a beleza ao falar de emocións.

Sentir é isto:



Tamén pode ser isto:




Ou isto outro:



ACTIVIDADE POSTERIOR A ESCOITAR OS POEMAS:
Trata de descubrir que sentimentos e emocións chegaron a enchoupar a túa roupa de diario. Cales desas emocións expresadas dos tres chegaron a ti? Cóntamo!
Comentarios (0) - Categoría: POESÍA - Publicado o 18-03-2020 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Reportaxe: 8 de marzo

Elabora unha reportaxe sobre como naceu o 8 de marzo, consultando as páxinas do libro 179-180.


Un exemplo de xornalismo con voz de muller: Mari Luz Morales.
Comentarios (0) - Categoría: VOZ DA MULLER - Publicado o 06-03-2020 06:57
# Ligazón permanente a este artigo
A TOPONIMIA DE MARÍN
Imos traballar sobre a Toponimia de Marín.

Dúas cuestións previas:

Sabías que...
A toponimia en Galicia é a máis rica da Península. En Galicia conservamos a metade dos topónimos do conxunto do Estado?
Sabías que...
A toponimia de Marín foi a primeira en contar cun estudo propio feito por Elixio Rivas dende o Colexio San Narciso ?

Imos logo fachendear de topónimos!

Traballo en grupo ou individual.
A) Preparamos os contidos para realizar unha gravación explicando 10 topónimos de Marín.
Os lugares nos que ti vives, os espazos nos que te moves a diario teñen nome, imos saber por que se chaman así.

Procurar a orixe de 1O topónimos e coñecer a súa orixe:
- Preromana, latina, xermánica, árabe, lingua romance...

Procurar o seu significado:
- Que quere dicir o topónimo se é un orónimo (describe a forma do terreo) ou antrotopónimo (deriva do nome dunha persoa), ou un zootopónimo (ten relación con algún animal), ou fitotopónimo (aluden ás árbores ou as plantas), ou hidrotopónimos(fan referencia á auga, ríos), haxiotopónimos (levan o nome dun santo ou construcións relixiosas), etc...

Se eles o fixeron por que non o intentamos nós tamén?



Presentación do traballo: Unha vez preparado o texto cos des topónimos escollidos, estudados e documentados, poderíamos rodar
un vídeo cun móbil para podelo proxectar na aula, pero á volta ás aulas, mellor.

Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 02-03-2020 06:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0