Imos abordar un traballo sobre a voz da muller galega ao longo dos tempos. O obxectivo é visualizar nun formato de revista esas voces galegas de mulleres de distintas épocas.
Se dicimos muller e galega, pensamos seguramente en Rosalía, pode ser esta o punto de partida ou de chegada, mesmo unha referencia central da revista que elaboremos en grupo.
Cada grupo deberá realizar a edición dun monográfico ao que lle debe dar un título e un editorial (isto xunto co deseño global que poñades en común, non debe ir asinado, pero os restantes artigos, entrevistas, reportaxes, crónicas, etc... deben levar unha referencia ao autor dos mesmos e unha breve reseña da bibliografía usada).
As mulleres de hoxe e de onte anónimas e silenciadas ás que queremos darlles voz.
Para contrastar coa voz da muller de hoxe, no libro de clase hai no segundo volume un monográfico específico (páx.184-189), no que tamén aparece a entrevista a cantautora Ses. Ademais da cantante SES, tes no mundo do folk galego, herdeiras das pandereteiras tradicionais (que son á vez continuación a lírica medieval tradicional feminina) a moitas outras mulleres e instrumentistas destacadas den Guadi Galego a Uxía Senlle ou dende Susana Seivane a Mercedes Peón. Grupos formados exclusivamente por mulleres como Habelas Hainas, etc...
Na música coral The Vacas, da música clásica ata o rap e un longo etc.
LÉXICO:Léxico da historia de Galicia: Paleolítico,Bifaces, Mesolítico, Neolítico,Idade de Bronce, Idade de Ferro, Cultura Castrexa (cuncheiro, fusaiolas, fíbulas, peites...), Romanización (ánfora, áncora, aras e estelas).As invasións posteriores aos Romanos:Suevos e Visigodos, Viquingos e Musulmáns.
EXPRESIÓN:
Medios de comunicación. Textos xornalísticos: De información, de opinión ou mixtos. Tipos de textos xornalísticos. (Páx 110-112)
Rosalía, voz de muller. Nesta 1ª parte: Repasamos a vida, achegámonos a unha primeira selección de textos para saber das súas temáticas.
A narrativa: elementos dos textos narrativos (a historia, o narrador, os personaxes, oss tempos e o espazo (páx.118-120)con especial atención á estrutura narrativa relacionada da novela (por exemplo A Cova da Moura)