|
|
|
Para o Día Internacional do Teatro: |
|
Imos ver como funciona o teatro: Ese xénero literario que xera polo seu contido: un conflito que se traslada ao público sobre un escenario baixo a forma dun diálogo de personaxes:
Vexamos un exemplo:
Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia? |
|
|
|
Da Alborada de Rosalía ao Albor de Celso Emilio |
|
Tras coñecer o poema da Alborada de Rosalía imos establecer semellanzas e diferenzas con estoutro poema escrito 100 anos despois por Celso Emilio Ferreiro:
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía?
Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
Cuestións:
1- Que recursos literarios atopas no poema? Localízaos e intenta explicar o seu sentido.
2- Que semellanzas e diferenzas atopas entre este poema e a Alborada de Rosalía?
|
|
|
|
No día da poesía |
|
"Excítanme eses días
de flores sen alcance...
e marzo que aínda insiste
en debuxar con xiz as ameixeiras..."
Manuel Álvarez Torneiro, Os ángulos da brasa
Unha mirada persoal que nos atrapa é un poema...maxicamente vello
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)
E un achegamento a Rosalía rapeando:
E finalmente Chove en Santiago poema ecrito en galego de Federíco García Lorca:
|
|
|
|
|