Imos ler poesía, traballar con 9 poemas de Rosalía de Castro dos seus dous libros para poder coñecela un pouco mellor e para entender como segue viva a través das versións que distintos cantantes e distintos estilos proxuran achegarnos a súa obra.
Que temos que facer con estes poemas ? Ademais de lelos e escoitar as versións musicais que colocamos no enlace de máis abaixo. Responder ás seguintes cuestións:
1- Identificar as temáticas recorrentes nos 9 textos de Rosalía tanto de Cantares Gallegos como de Follas Novas
2- Responder a un cuestionario de cinco preguntas sobre o noveno poema a partir do vídeo (unha versión moi particular do grupo DE VACAS sobre un poema de Rosalía).
Tendo en conta que o galego se atopa nunha situación de conflito lingüístico, cómpre poñer en marcha medidas que freen a diminución do número d efalantes e que acaben cos prexuízos. Ademais, esas medidas deben axudar a que se use en ámbitos que, historicamente, nunca ocupara: a ciencia, a economía, a arte, o cinema... posto que o galego foi durante séculos unha lingua falada na intimidade, no eido familiar.
Debemos saber que significa e cales son os activos do Proceso de Normalización no que vivimos.
En cinco pasos imos repasar esta cuestión fundamental:
O pronome átono nunca pode encabezar un enunciado, polo que o seu lugar habitual é detrás dun verbo:
- Quérote!
PERO HAI 4 CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:
1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
(non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)
2- Cando vai nunha subordinada (cun que, porque ou se): (dixo que te amaba, se te quixese, porque te quería).
3- Cando vai cun pronome interrogativo ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!
4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (algo, alguén, todos...) e adverbios só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara sempre te quixo). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.
No mes de outubro, no comezo do curso, falamos de música en galego e comezamos por unha serie de pezas e grupos de música tradicional entre as que estaban Tanxugueiras, antes de que fosen nominadas para participar por unha plataforma nas redes sociais e de que finalmente aceptasen tomar parte do Benidorm Fest.
Despedímonos no mes de decembro coa peza TERRA que empezaba a soar, e despois da semifinal, traballamos sobre a letra e mesmo descubrimos que en Marín había unhasTeixugueiras, que vén sendo o mesmo microtopónimo que Tanxugueiras, nome do grupo.
Finalmente nas casas asistimos ao decepcionante e impresentable desenlace da final. O pasado luns, pensando sobre todo na cantidade de rapaces e rapazas que viron o espectáculo televisivo e que son conscientes das irregularidades que se cometeron ante millóns de persoas, falamos do tema e sacamos estas conclusións:
- As Tanxugueiras deberían ser as gañadoras.
- RTVE debería aclarar, como canle pública que é, as circunstanciasvergonantes que rodean as votacións de dita final.