Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ROSALÍA E O CARRIL



Despois de visitar a exposición Rosalía e o Carril imos comezar a analizar algúns dos seus textos. Primeiro resume coas túas palabras o que aprendiches sobre a autora na exposición antedita. Podes axudarte do vídeo e dos textos seguintes:




Rosalía, unha roseira sempre viva
Libre é o meu corazón, libre a miña alma

Solo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.
Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas, como los árboles en el desierto y el pirata en la mar. Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento...
Lieders, 1857

OS COMPROMISOS DE ROSALÍA nos seus textos:

Coa terra
Todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar pra desir unha vez siquera, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.
Prólogo Cantares Gallegos

Cos seus
Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas.
Prólogo Follas Novas


Coas mulleres

Mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables coitas das nosas mulleres.
A emigrazón i o Rei arrebátanlles de contino o amante, o irmán, o seu home . Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol e sin axuda pra mal manterse, para manter ós seus fillos parecen condenadas a non atoparen nunca reposo se non na tomba.
Heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que eu son, e cuias santas harmonías deberan ser espresadas cunha soia nota e nunha soia corda, na corda do subrime, e na nota da delor. Anque sin forzas pra tanto, tentei algo deso, sobre todo no libro titulado As viudas dos vivos e as viudas dos mortos.
Prólogo Follas Novas

Coa lingua

Crerán algús que porque, como digo, tentei falar das cousas que se poden chamar homildes, é por que me esprico na nosa lengoa. Non é por eso. As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estos versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo pra eles. O que quixen foi falar unha vez máis das cousas da nosa terra, na nosa lengoa, e pagar en certo modo o aprecio e cariño que os Cantares Gallegos despertaron en algúns entusiastas. Aceptárono i, o que é máis, aceptárono contentos, e eu comprendín que desde ese momento quedaba obrigada a que non fose o primeiro i o último. Non era cousa de chamar as xentes á guerra e desertar da bandeira que eu mesma levantara.
Prólogo Follas Novas

A seguir traballaremos cos textos do panel 9 titulado: Rosalía e o mar. Analizamos na aula as distintas simboloxía sou significados do mar na obra de Rosalía.
Comentarios (1) - Categoría: PARA COMEZAR A COMENTAR TEXTOS - Publicado o 25-02-2021 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Un traballiño sobre a música en galego

Na nosa loita contra os prexuízos imos ver se temos a mente abera a escoitar todo tipo de música e como non procurar coñecer a nosa música a música en galego.

Comecemos cunha breve panorámica e cun informe sobre a nosa música:

INFORME SOBRE A MúSICA EN GALEGO

UN TRABALLO SOBRE A MÚSICA EN GALEGO:

TRABALLO: Presentar o esquema do traballo persoal antes do 8 de marzo.
O esquema seguirá o seguinte criterio: Xira arredor de catro estilos musicais distintos e catro pezas a escoller coa súa xustificación previa en cada unha delas.
Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA EN GALEGO - Publicado o 19-02-2021 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
OS LOBOS E O ENTROIDO

Que relación garda o mes de febreiro cos lobos? Cal é o motivo que no Entroido galego apareza a figura do lobo?

Hoxe descubriremos como as Lupercales que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido tradicional de Galicia. Falamos dos peliqueiros de Laza ou dos cigarróns de Verín que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico temido en toda Europa). Estas máscaras perseguen aos viandantes fustigándoos e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.

Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores, lembrade que Galicia, unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.

Apuntamento:
- A palabra ENTROIDO e CARNAVAL que significan?
O NOSO ENTROIDO COMO É?
Comentarios (2) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 12-02-2021 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO EN GALEGO, POR QUE NON? (I)


Porque o galego soa mal...

A adolescencia é unha etapa crucial para moitas cousas, tamén para establecer unha relación determinada coa nosa lingua, xa que nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a perpetuarse. Por iso este libro parece axeitado afrontalo neste curso.

Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade, seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e usedes libres de simplificacións e prexuízos.

As ideas e opinións sobre a lingua galega que temos os galegos son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser maioritaria ou que cremos que comparten a maioría das persoas (se todos pensan así, debe ser o correcto).Iso afórranos traballo. Pero coidado, porque iso pódenos enganar moi facilmente, adoptar unha opinión que cremos maioritaria non é garante de que sexa certa e nin tan sequera opinión da maioría (durante cantos séculos se pensou que a terra era plana?).

Este libro repara na importancia de convidar á reflexión, a pensar honradamente sobre o galego, esperando que nestas páxinas descubras elementos que che permitan crear unha opinión propia, túa, sen simplificacións , sen prexuízos sobre a lingua galega.

PREGUNTAS SOBRE O LIMIAR, Capítulo 1 e 2:

1-No primeiro capítulo na procura da verdade que se pretende combater: As _____________
2- Que tipo de exercicios usa o autor para axudar a evitalas?
3- Outro problema que se pretende resolver dende o inicio é a influencia das distorsións, de interpretar de xeito equivocado a realidade, é dicir , os prexuízos. Con que exercicio intenta axudar a superar este problema? Cres que é válido este método?

4- No capítulo segundo debes cubrir un pequeno recadro que aparece na páxina 29 antes de seguir lendo.
5- Despois de ler o capítulo podes ir respondendo en base a ese cadro as seguintes cuestións:
- Que teñen en común as linguas da primeira columna? E que comparten as da segunda?
6- Como se orixinaron as palabras bárbaro e bérbere? Cal é a etimoloxía da palabra algarabia?
7- Lembras algunha película, ademas da que se comenta na lectura, onde existan prexuízos lingüísticos evidentes? Explica polo menos un caso.
8- Existen linguas que soan ben e linguas que soan mal?


Comentarios (1) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 12-02-2021 06:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0