Hai poucas literaturas no mundo onde de xeito indiscutible haxa unha autora, unha muller que as represente. A literatura galega conta con Rosalía como a máis destacable dos creadores e creadoras das nosas letras de todos os tempos.Por iso é importante que vaiamos coñecendo mellor o seu mundo literario, curos a curso:
Imos indagar sobre certos datos biográficos e tamén é imprescindible facelo sobre os seus versos:
Temáticas dos versos de Rosalía:
Rosalía inspirouse para escribir en galego nas cantigas da tradición oral de aí que a súa poesía presente unha temática costumista que describe costumes e tradicións propias do pobo galego seguindo o modelo doutros autores (entre eles as Coplas do P.Sarmiento). Tamén estaba moi de moda na súa época, a temática amorosa.
Ela como poeta vai superar a etapa do Romanticismo cunha temática intimista moi persoal, tanto no contido como no formal con figuras como plurisignificativas como a "negra sombra" que fan de Rosalía unha poeta innovadora. Tamén ten unha grande transcendencia a temática social-reivindicativa de dignificación da terra, de denuncia das inxustizas e, especialmente, de protagonismo da muller. A Rosalía preocúpanlle a dor colectiva, pero fai fincapé na da muller, procura darlle voz ás mulleres e singularmente a muller galega. No seu poemario Cantares Gallegos comeza e remata con composicións onde invita a unha meniña gaiteira a cantar. Has de cantar
meniña gaiteira
has de cantar
que morro de pena...
Canta si queres,
na lengua que eu falo;
dareiche un mantelo,
dareiche un refaixo.
Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena...
Canta que te canta, mentras
os corazóns tristes choran.
Esto e inda máis, eu quixera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimiento me sobra,
anque este tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dentro un chora...
Tamén un dos últimos poemas é a alborada un poema cun fondo valor simbólico. A Alborada como metáfora da esperanza dun futuro que ha de vir, protagonizado pola mocidade, e de novo polas rapaciñas:
¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad!,
1- Procuremos agora as cantigas/poemas de Rosalía nas que se evidencia unha voz de muller e escollamos os que máis nos gusten.
2-Procura ademais antes de pasar a cometalo, unha boa tradución ao galego do texto que nos leu Natalia Carou de Rosalía que lemos tamén o venres na celebración do Día de Rosalía no San Narciso
Unha experiencia enriquecedora a de poder conversar coa autora do libro que lemos e poder analizar xuntos o seu contido, a temática e intencións cos que Natalia escribe esta novela.
En que idioma están escritos os textos deste pergamiño? Por que está normalmente nun Museo en Nova York e só durante uns meses estará exposto en Galicia?
Quen era Vindel?
Quen era Martín Codax?
Que contén o pergamiño Vindel?
Que é unha cantiga de amigo? De que tratan?
Cantas cantigas están escritas neste pergamiño?
Por que é único o Pergamiño Vindel?
Cantas persoas intervirían na confección deste pergamiño, ademais do autor das cantigas?
Bótalle un ollo aos textos do Pergamiño Vindel.
Escoita dúas cantigas das que se atopan no Pergamiño.
Logo de escoitalas imos comentar algunhas das súas características na aula.
Un traballo de creación persoal e de grupo sobre a presenza da muller na sociedade a través dos tempos e que parte da Idade Media e procura chegar e incidir nos tempos que vivimos. Unha revisión do xeito de analizar á muller a través dos tempos e unha valoración do aporte das mulleres de todos os tempos.
Comezamos cun tríptico: unha canción de SES, as mulleres no medievo e o contraste que ofrece a lectura desta avaliación.
Logo seguiremos o repaso das voces femininas da cultura galega ata os nosos días co contraste do primeiro trimestre:
A muller das cantigas. Investiga: Cales eran os tópicos nas cantigas de amigo e amor? Había mulleres que escribían cantigas na Idade Media? Que mulleres cres poderían escribir naqueles tempos, as raíñas e nobres ou as pastoras e labregas?
O NOSO TRABALLO PARA MARZO SOBRE A MULLER NA IDADE MEDIA:
Falaremos, investigaremos para realizar unha boa biografía de sete mulleres con nome de seu na nosa Idade Media. Unhas son raíñas, outras humildes labregas, mesmo nas cantigas que daquela escribiron conservamos algúns dos cantos que seguro elas tamén cantaban.
ENTRE OS SÉCULOS XI e XII Sancha I, raíña de Galicia (1037-1067). Aínda que nacera en León en 1013, será a raíña de galicia dende o 1037. Esposa do Conde de Castela, grazas ao cal este será logo rei, Fernando I.
Urraca, raíña de Galicia (1081-1126) neta de Sancha I e filla de Afonso VI e Constanza de Borgoña, é unha das raíñas máis controvertida da Idade Media polo seu afán de poder que a levou a enfrontarse a súa irmá Tareixa, condesa de Portugal, favorecendo así a independencia deste condado e a súa configuración coma un novo reino, separado da Gallaecia histórica entre o norte e o sur do Miño. As dúas irmás casaran con dóus irmáns nobres de Borgoña, Urraca con Raimundo e Tareixa con Henrique. Pero se cadra o episodio máis coñecido produciuse anos despois co enfrontamento co seu fillo Afonso VII, rei de Galicia, León e Castela, e aspirar ao goberno destes territorios tras casar por segunda vez con Alfonso I de Aragón.
AS MULLERES NAS CANTIGAS DO SÉCULO XIII
Aínda que houbo mulleres nobres que escribían, non se conservan referencias escritas sobre mulleres galegas a non ser polo que os homes escribían acerca delas en documentos literarios como as cantigas de amigo (das máis coñecidas as de Martín Códax xograr de Vigo) ou en cantigas de escarnio e maldicer onde se nomea a unha tal María Balteira.
Outro aspecto relacionado coa Balteira é a existencia das trobaritz, mulleres que compoñían as súas propias pezas.
Na nosa visita ao Museo do Mar de Vigo e a exposición do Pergamiño Vindel: Un tesouro en sete cantigas imos tentar descubrir por que ten tanta importancia este documento. O Esplendor dunha lingua milenaria posto en boca dunha muller. Cando Rosalía de Castro vivía centos de anos despois(no século XIX)aínda era practicamente descoñecido que existiran na nosa lingua escritos de reis e trobadores que fixeran da nosa literatura unha das máis brillantes da Europa medieval.Esa época dourada foi coñecida grazas aos estudos como os de Sarmiento (editados no XIX) e a descubertas como a do Pergamiño Vindel en 1914. Á volta da visita seredes vós os que narredes o resto da historia de por que este pergamiño é un tesouro en sete cantigas e de como procurar a voz das mulleres da época a través deses textos que son algo máis que palabras milenarias.
E NO SÉCULO XIV Inés de Castro, raíña de Portugal despois de morta.
Ampliando esta historia de amor despois da morte.
Finalmente María Castaña, unha clara precursora da Revolta Irmandiña da que xa falamos.
A muller na lectura "A cova da Moura". Analicemos agora as dúas mulleres protagonistas desta ficción literaria.
Na nosa viaxe cara ao castelo no que se desenvolve esta novela e a modo de introdución comezaremos este traballo lembrando a María Vinyals. Unha mágoa que este vídeo non teña unha versión en galego, mais paga a pena botarlle unha ollada. Pero serve de limiar ao noso achegamento á figura de María Vinyals, a derradeira dona do castelo de Soutomaior que non quería ser princesa...