Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Contidos da Proba da 1ª Avaliación
OS NOMES DAS COUSAS:
- Palabras cultas e patrimoniais páx. 21 do libro
-Os instrumentos populares páx. 40 do libro e no blog
- Denotación e connotación páx. 41

GRAMÁTICA: As clases de palabras.
- Morfemas flexivos do substabtivo páx. 44
- Sufixos alterativos e derivativos páx. 61
- Os tipos de frases (mellor no blog).
- Repasando a estrutura do verbo.

ORTOGRAFÍA:Interferencias lingüísticas páx. 42-43

LINGUA E SOCIEDADE: Estereotipos e prexuízos páx.22-23

LITERATURA:- Os xéneros literarios páx. 26-27
- A lírica páx. 46-47 do libro.
A lírica medieval

COMPRENSIÓN/ EXPRESIÓN:
- Identificar prexuízos nun texto.


LECTURA: En galego, por que non?
- Capítulo 1º

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2022 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
A LÍRICA MEDIEVAL
Botémoslle unha ollada rápida á nosa lírica medieval, foi produto dunha época de esplendor cultural e nun contexto no que o galego era unha lingua normalizada. Este proceso tivo, como é lóxico, un período previo de desenvolvemento grzas á tradición oral autóctona que non madurou ata que chegou a escrita, proceso asociado ao Trobadorismo, é dicir, a unha moda de literatura culta que chegou a nós grazas ao Camiño de Santiago nun proceso de intercambio cultural cos reinos francos.

Tipos de cantigas:

As cantigas de amigo

As cantigas de amor

As cantigas de escarnio e maldicir

As cantigas relixiosas de Sta. María


TRABALLO DE CREACIÓN: Convértete en protagonista dunha cantiga de amigo (se es unha moza) ou dunha cantiga de amor (se es un mozo). Poñemos a continuación un par de exemplos do que se pode facer a partir das cantigas de amigo de Martín Códax.

Na procura de cantigas




Comentarios (0) - Categoría: POESÍA - Publicado o 18-11-2022 07:05
# Ligazón permanente a este artigo
REPASANDO A ESTRUTURA DO VERBO

Neste repaso imos lembrar o que hai que aprender do verbo en galego.

As 3 conxugacións, os 3 modos, os 10 tempos (6 de indicativo, 3 de subxuntivo e o Imperativo). Lembrar tamén as formas non persoais do verbo e o noso infinitivo conxugado.



O 80% dos verbos son verbos regulares polo que é moi doado aprender a estrutura de modos e tempos para poder conxugalos con soltura. Podes consultar o enlace seguinte coa conxugación de distintos modelos de verbos regulares
Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 15-11-2022 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
Unha verdadeira marabilla por descubrir: A MÚSICA TRADICIONAL

O léxico básico dos instrumentos da música tradicional galega

CANTOS GRUPOS DE MÚSICA GALEGA COÑECES?
Sabes o nome de dez grupos galegos, que fagan ou fixeran música en galego? Seguro que che resulta difícil nomear máis de cinco.

Para que non nos pase iso, que saibamos do noso, que poidamos presumir da nosa cultura e de como calquera outra ten música de todos os estilos e gustos posibles imos desenvolver ao longo deste curso un traballo sobre a música galega, entendendo como música galega a que se fai e canta en galego ou que manifesta conexión coa nosa terra.

Poñamos para comezar 4 exemplos de estilos ben diferentes.

ACTIVIDADES
Comecemos pola música tradicional ou popular:

1- Cal é unha das pezas máis antiga da nos amúsica tradicional? Realiza as actividades do en lace que segue sobre esta peza tradiciónal anónima que posiblemente sexa unha das máis antigas que se conservaron por tradición ata que pasou a formar parte dun cancioneiro. Coñece a súa historia: O ROMANCE DE DON GAIFEROS DE MORMALTÁN


Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA EN GALEGO - Publicado o 10-11-2022 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO, POR QUE NON? CAPÍTULO I

ACTIVIDADES
1- Que diferenza hai entre unha opinión de prestado e unha opinión propia?

2-Neste primeiro capítulo primeiramente na procura dunha opinión propia que cousa se pretende combater: As _____________

3- Que tipo de exercicios usa o autor para axudar a evitalas? Cres que o logra? Por que?

4- Outro problema que se pretende resolver dende o inicio é a influencia das distorsións, de interpretar de xeito equivocado a realidade, é dicir, os prexuízos. Con que exercicio intenta axudar a superar este problema? Cres que é válido este método?

5- Cres que os obstáculos que temos para normalizar a nosa lingua poden ser menores se nos deixamos de simplificacións e prexuízos? Por que? Razoa a resposta.
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 08-11-2022 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO POR QUE NON? (Prólogo e Capítulo 0)

DESPOIS DE LER O PRÓLOGO E O CAPÍTULO 0

CUESTIÓNS
1- A que xénero pertence este libro? Porque esta lectura non é unha novela nin un conto, non é un libro de poesía nin é de teatro.

2- Sobre a páxina 11: Este libro a quen vai dirixido especialmente? Por que?

3- Con que adxectivo, os galegos/as, denominamos á gaivota común? Que ten de estraño?
Por que cres que facemos isto os galegos/as?

4- Algo semellante a da gaivota ocorreu con ROSALÍA DE CASTRO, pero como debemos interpretara a súa obra? Atopa a resposta na páxina 14.

5- Sobre que vai tratar este libro de Manuel Núñez Singala? Por que o sabemos. Procura os argumentos que dá o autor na páxina 15.
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 04-11-2022 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
A DANZA DO ABELLÓN

Dunha tradición case esquecida: A danza do abellón ou nestoutro enlace
Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 01-11-2022 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0