Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA A PROBA DA 1ªAVALIACIÓN
Tras os resultados do 1º Avance e como comentamo sna aula imos volver a estudar para esta proba da 1ª Avaliación:

ETAPAS DA HISTORIA DO GALEGO
As raíces ( substrato/estrato e superestrato)
O Nacemento, Esplendor medieval e decadencia
Séculos Escuros e Rexurdimento
Séculos XX e XXI

AS FRASES, TIPOS E ANÁLISE

Contidos novos son:

UNIDADE 1

Definir e saber analizar nacen os Estereotipos e Prexuízos páx, 22-23
Exercicios de identificar prexuízos lingüísticos.

UNIDADE 2

Os nomes das cousas: A música páx. 40
Denotación e connotación, páx. 41

Lingua e sociedade: Interferencias lingüísticas. O conflito lingüístico e clasificación de interferencias: fonñeticas, morfolóxicas, sintácticas, ortogrñaficas, léxicas (identificar exemplos) páx, 42-43

Gramática:
Estrutura do substantivo. páx. 44. Xénero e número de substantivos e adxectivos.

Literatura:
A Lírica: Popular e Culta. Características, tipos de composicións populares e cultas páx. 46 -47

UNIDADE 3
Gramática
As 7 vogais Galegas

Literatura: Ritmo e rima. páx. 66-67.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2021 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
REPASO DA ESTRUTURA DO VERBO/ VERBOS REGULARES

Neste repaso imos lembrar o que hai que aprender do verbo en galego.

As 3 conxugacións, os 3 modos, os 10 tempos (6 de indicativo, 3 de subxuntivo e o Imperativo). Lembrar tamén as formas non persoais do verbo e o noso infinitivo conxugado.



O 80% dos verbos son verbos regulares polo que é moi doado aprender a estrutura de modos e tempos para poder conxugalos con soltura. Podes consultar o enlace seguinte coa conxugación de distintos modelos de verbos regulares
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 18-11-2021 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
AS 7 VOGAIS DO GALEGO


Podes comprobalo en AS VOGAIS EN GALEGO

Estas vogais diferéncianse na pronuncia, pero non na escritura, xa que o galego só ten cinco letras para representar as vogais (i, e, a, o, u); deste xeito a letra e representa tanto ao e aberto /ɛ/ coma ao e pechado /e/, e o mesmo ocorre co o, que pode ser aberto /ɔ/ ou pechado /o/.

Algunhas diferenzas que debes ter en conta para comezar a diferencialas:

Teñen vogal media aberta as palabras que levan acento diacrítico. Exs.: bóla, cómpre, dó, é, fóra, nó, nós, óso, pé, póla, présa, sé, só, vén, vés, vós.

A única excepción é o verbo pór (poñer) con o fechado.

Cando a vogal media procede dun Ĕ ou dun Ŏ latino, polo xeral temos en galego unha vogal media aberta e en castelán, un ditongo: certo, dez, deserto, destra, fel, ferro, festa, herba, hedra, inverno, lebre, mel, neto, neve, néboa, pel, pedra, sempre, sete, servo, terra, corno, logo, morte, nove, porco, proba, rogo, roda, escola, sogra, sorte.

Pero hai palabras que ditongan en castelán como: fonte, conto co -o medio pechado.

Se tes curiosidade, podes saber máis consultando os seguintes vídeos:




Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 17-11-2021 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
REPASO DE GRAMÁTICA; XÉNERO E NÚMERO

Debemos repasar o xénero e o número tanto para substantivos como para adxectivos porque con frecuencia galego e castelán non coinciden e hhai qu evitar as interferencias para lograr un grao de competencia lingüística axeitado. Podes ler no seguinte enlace a teoría ademais de observar numerosos exemplos O XÉNERO E NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS

SUBSTANTIVOS MASCULINOS E FEMININOS EN GALEGO
Sonmasculinos en galego:
- Os nomes das letras ( o a, o eme...)
- Os substantivos acabados en -ote (o pote, o dote) e os acabados en -me (o arame, o costume...)
- Os nomes dos ríos, montes, cabos, océanos, mares e puntos cardinais (O Courel, O Atlántico...)

Son femininos en galego:
- Os substantivos acabados en -xe agás o traxe, o paxe e o garaxe (a paisaxe, a viaxe...).
- os acabados en -se (a analise, a parentese, a crise...)
Os acabados en -ite (a hepatite, a larinxite...)
- Tamén case todas as árbores froiteiras ( a pereira, a laranxeira, a cerdeira...) aínda que existen excepcións (o castiñeiro, o limoeiro, o pexegueiro...)

Exercicio para colocar o artigo masculino ou feminino

AS REGRAS DE CONSTRUCIÓN DO FEMININO:
- A regra máis frecuente na formación do xénero feminino é substituír a vogal do masculino por -a (lobo/ loba, xefe, xefa...).
- Os subtantivos acabados en vogal tónica ou -r engaden -a (avó/ avoa, doutor/doutora).
- Os substantivos rematados en -n
poden conservar o -n e engadir -a (bailarín/bailarina).
poden perdelo (irmán/irmá, alemán/alemá)
- Os susbtantivos rematados en -ano fan feminino en - ana (humano/ humana, romano/romana).
- Algúns substantivos forman o feminino mediante sufixos - esa, -iña (abade/abadesa, galo/galiña)
-Algúns substantivos teñen unha palabra distinta para o masculino e para o feminino (home/muller/ cabalo/égoa).
- Hai substantivos que se distinguen ao engadir macho-femia ( formiga macho/formiga femia)
- Algúns substantivos forman o xénero antepoñendo os artigos o/a (o pianista/a pianista, o atleta/a atleta).

Exercicios pasar a feminino

O NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS

- Os susbtantivos rematados en vogal ou en -n engaden un -s (casa/casas, can/cans)

- Os susbtantivos rematados en - ou en -z ou en -s engaden -es (mar/mares, cruz/ cruces, país/ países)

Ollo cos rematados en -L

- Os substantivos monosílabos ou polisílabos graves engaden -s (sol/soles, túnel/túneles)
- Os susbtantivos agudos rematados en -l substitúen o -l por un -is (anel/aneis)
-Os susbtantivos agudos renatados en -il substitúen o -l por -s (fusil/fusís)

Existen substantivos invariables como Luns, martes, mércores, xoves, venres, choromicas, lapis, oasis, tórax, climax...

Para indicar unha pluralidade usaremos nestes casos os artigos ou determinantes, adxectivos ou verbos (Os luns son duros, bonitos oasis...)

- Os estranxeirismos angaden un -s (club/clubs, pub/pubs)

Exercicios poñer en plural
Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 15-11-2021 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
A MÚSICA GALEGA: MÚSICA TRADICIONAL (I)


QUE É A MÚSICA GALEGA?
Evidentemente a música que usa a lingua galega á que poderíamos engadir aquela música que feita por galegos/as parte ou ten moi presente a terra e a cultura propias. Pois ben que temas, grupos, autores ou intérpretes coñeces dos seguintes estilos musicais?

INSTRUMENTOS POPULARES GALEGOS
Comezamos a nosa andaina pola música galega sabendo algo máis de instrumentos populares propios de Galicia. Son os que usou o pobo para realizar as súas manifestaciois festivas, transmitidos por tradición ao longo do tempo, usados desde fai séculos na nosa terra.



A VOZ E O CANTO TRADICIONAL EN GALEGO
Investiga quen é Dorothe Schubarth despois de ver este documento:


Hoxe de todos os cantos con pandeiras herdados dunha antiga tradición que chega ata a Idade Media, segue a nosa música producindo cantigas que chegan lonxe como, por exemplo, as que cantan as Tanxugueiras, escollidas polas redes para representar ao Estado Español en Eurovisión en 2022.


Continuará
Comentarios (1) - Categoría: MÚSICA EN GALEGO - Publicado o 10-11-2021 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Estereotipos e prexuízos

Imos entrar neste campo da sociolingüistica definindo dous conceptos fundamentais:
- Estereotipos e prexuízos.
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 03-11-2021 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0