Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este ano no que centramos o noso traballo no respecto non debemos deixar pasar esta data para reclamar a atención sobre este problema fondamente arraigado na nosa sociedade como é o da violencia de xénero.
Tamén a lingua galega ten bos referentes que nos axudan a entender coas palabras a loita pola igualdade da muller e a necesidade de vivir co respecto como norma de vida.

Dúas recomendacións, para os máis lectores o libro de Marilar Alexandre "A Cabeza da Medusa" editado por Xerais, e para quen teña pouco tempo uns minutos para escoitar este poema de Rosalía en dúas fermosas versións.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS DO 2010-2011
Este ano como comeza a ser tradicional participaremos no Premio Frei Martín Sarmiento convocado polos EDLG da FEREGA que consiste en ler unha serie de libros e logo puntuar o que máis nos gustou.

Os títulos son os que seguen:

4ª categoría:alumnos/as de 2º de ESO

CAMPO, MARICA; E Xoel aprendeu a voar; Ed.
Obradoiro.
Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra.

CASTRO FRANCISCO; Chamádeme Simbad; Ed. Galaxia.
O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.

LEMA, RAFAEL; O tesouro da corsaria; Ed. Tambre
?O tesouro da corsaria? é a parte final dunha triloxía de aventuras mariñas protagonizadas polo corsario de Camariñas da época napoleónica Ambrosio Álvarez Pardiñas, persoeiro real dono do bergantín La Constancia de Galicia con base en Veracruz, tras a publicación de Capitán Araña e Crónicas Corsarias. Nesta ocasión, o capitán Pardiñas xúntase cunha muller pirata apátrida, de orixe galego-catalán, Sofía Rivas alias A Catalana, para iren polo tesouro dunha famosa pirata, Anne Bonney, nas costas de Norteamérica. Nesta xeira sufrirán batallas mariñas, asaltos, naufraxios, ciclóns, a traición, e veranse envoltos en escuras tramas políticas e relixiosas nun mundo envolto nas guerras napoleónicas no ano 1805, o ano de Trafalgar e da batalla de Fisterra, e no agromar dos movementos independentistas americanos.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 08-11-2010 06:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0