Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

1º AVANCE DO 2020-2021
UNIDADE O: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

- Como nace unha lingua?

UNIDADE 1: HISTORIA DA LINGUA GALEGA
LINGUA E SOCIEDADE: Panorámica da Lingua Galega.
- As raíces da nosa lingua.
- O nacemento e esplendor medieval do galego.
- Séculos Escuros e Rexurdimento.
- Século XX e XII

LITERATURA:-Romance de Don Gaiferos de Mormaltán

OS NOMES DAS COUSAS:
- A formación de palabras, familia léxica e campo semántico. Sinonimia e antonimia páx. 10 do libro.

ORTOGRAFÍA: Os signos de puntuación páx. 11 do libro.

ALGO DE GRAMÁTICA:

- Tipos de palabras páx. 11 do libro e no blog

- Repaso dos verbos regulares no blog.

- A estrutura da oración: O suxeito, o predicado e os seus complementos (I) páx. 11 do libro.

- Palabras patrimoniais e cultas páx. 21 do libro.


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2020 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
REPASANDO ALGO DE GRAMÁTICA

Imos, en primeiro lugar, repasar a gramática do curso pasado co obxectivo de afondar e mellorar no noso coñecemento do galego normativo e nun uso axeitado do mesmo:

Tipos de palabras: identificar nun texto as palabras variables e invariables para logo clasificalas.

Substantivos e adxectivos: xénero e número.

Ás voltas cos adxectivos


Verbos regulares e as súas alternancias.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 15-10-2020 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
ROMANCE DA HISTORIA DA LINGUA

Imos logo co primeiro proxecto do curso encher de contidos a Historia da nosa lingua dende as súas raíces ata hoxe.

Para realizar este proxecto botaremos man dun romance. Despois de traballar co romance máis antigo do noso idioma imos coñecer outro máis moderno quenon é anónimo, é de Darío Xohán Cabana e trata sobre a Historia da nosa lingua. Ímolo dividor en catro partes para podelo ir analizando e comentando aos poucos.

ROMANCE DA LINGUA:
1- As raíces da nosa lingua.
2- O nacemento do galego.
3-Os Séculos Escuros e o Rexurdimento.
4-Século XX e XXI

5- Un esquema para estudar Nesta entrada tamén podes consultar nun enlace dous mapas interactivos moi interesantes sobre os períodos da Romanización ata o século XV e dende o nacemento do galego ao século XX.
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2020 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
UN ROMANCE QUE NOS TRASLADA Á ADOLESCENCIA DA NOSA LINGUA


Estas tres imaxes remóntannos a tempos ben distintos. As tres manteñen unha relación a través do instrumento: a zanfona que tocan. Só coñecemos o nome do último. Faustino Santalices, o home que impediu que este instrumento e as cantigas que se tocaban con ela se perdesen para sempre.

Un pobo sen pasado non ten futuro
Castelao

Seguindo a idea de procurar a adolescencia da nosa lingua imos reparar nun romance, o máis antigo que se conserva en galego para comezar unha viaxe pola historia do idioma.

Imos escoitar un romance, o máis vello dos que se coñecen cantado en galego. Trátase dunha historia relacionada co Camiño de Santiago de un peregrino chamado D. Gaiferos de Mormaltán. É unha peza que se chegou aos nosos días grazas a un traballo moi singular de Faustino Santalices, un avó que nos deixou a súa voz. El preocupouse polas cantigas de cego que acompañaban a estes dende tempos remotos á hora de pedir esmola, recuperando tamén un instrumento con que adoitaban acompañarse: a zanfona.



Está é a letra que a tradición oral conservou e que Faustino Santalices gravou en 1945:

Onde vai aquil romeiro,
meu romeiro a onde irá?
camiño de Compostela,
non sei se alí chegará.

Os pés leva cheos de sangue,
xa non pode máis andar.
Malpocado, pobre vello,
non sei se alí chegará.

Ten longas e brancas barbas,
ollos de doce mirar.
Ollos gazos, leonados,
verdes coma a auga do mar.

E a onde ides, meu romeiro?
Onde queredes chegar?
Camiño de Compostela,
onde teño o meu fogar

Compostela é miña terra,
deixeina sete anos hai.
Reluciente en sete soles,
brillante como un altar.

Cóllase a min, meu velliño,
vamos xuntos camiñar.
Eu son trobeiro das trobas
da Virxen de Bonaval.

I eu chámome Don Gaiferos,
Gaiferos de Mormaltán.
Se agora non teño forzas
meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela
e foron á Catedral.
Ai, desta maneira falou
Gaiferos de Mormaltán.

Gracias, meu señor Santiago,
aos vosos pés me tes xa.
Si queres tirarme a vida
pódesma señor tirar,
porque morrerei contento
nesta santa catedral.

E o vello das brancas barbas
caiu tendido no chan,
pechou os seus ollos verdes,
verdes como a auga do mar.

O obispo que esto viu
alí o mandou enterrar.
E así morreu, meus señores,
Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moitos milagres
que Santiago Apostol fai.

Aquí deixamos outra versión máis moderna do tema:



Investigación:
1-O teu avó ou a túa avoa seguro que coñecen algunha vella cantiga que aínda ti non escoitaches, fai unha pequena recolleita entre as persoas maiores que coñezas ata lograr recuperar para a túa memoria unha cantiga galega tradicional.
2- Investiga se foi verdade o caso de Don Gaiferos de Mormaltán.
3-Procura unha definición para este tipo de composición chamada romance.
Comentarios (1) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 02-10-2020 06:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0