Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ÁS VOLTAS COS ADXECTIVOS
Clases de adxectivos

O xénero e número dos adxectivos

O grao dos adxectivos

As conxuncións comparativas
Comentarios (8) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 30-10-2017 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
O AUTOR DE: UN OLLO DE VIDRO. MEMORIAS DUN ESQUELETE

BIOGRAFÍA: Afonso Daniel Rodríguez Castelao
Nado en Rianxo o 30 de xaneiro do 1886, no seo dunha familia mariñeira. Seu
pai enriqueceu na emigración: instalara na Pampa unha especie de taberna
que axiña se converteu nun importante centro comercial. Naquelas terras
arxentinas viviu Castelao dos dez aos catorce anos; a vida da Pampa e da
emigración deixaron fonda pegada no rapaz, que habería de reflectilas en
máis dunha ocasión na súa obra. De volta en Galiza, estuda o bacharelato e
logo a carreira de Medicina en Compostela, comezando a ser popular polas
caricaturas de profesores e compañeiros. Licenciado no 1908, cursa en Madrid
o doutorado, presentándose á I Exposición de Humoristas e obtendo un grande
éxito.

Regresa a Rianxo a exercer a medicina, e alí participa na política municipal,
seguindo a seu pai que era daquela alcalde e líder do conservadurismo
local. Casou no 1912 e deixou a medicina (?fíxenme médico por amor a meu pai;
non exerzo a profesión por amor á humanidad"
) para ingresar por oposición no
Instituto Xeográfico e Estatístico. Destinado en Pontevedra, tamén exerceu o
profesorado como axudante de cátedra de Debuxo no Instituto desta cidade.

Nos anos de efervescencia do agrarismo, Castelao achégase ao movemento
galeguista e nel participa activamente coas Irmandades da Fala, ao tempo que
expón debuxos, dá conferencias e colabora na prensa da época. Vencellado ao
grupo intelectual de Ourense, asume a dirección artística da revista Nós dende
a súa fundación no 1920. No 1922 publica a súa primeira obra narrativa: Un
ollo de vidro
. No 1926, o primeiro libro de Cousas, e ese mesmo ano é elixido
membro da Real Academia Galega. No 1927 vese afectado fondamente pola
morte do seu único fillo e fai unha viaxe a Francia para estudar os cruceiros
bretóns, que deu coma froito o libro As cruces de pedra na Bretaña, publicado
no 1930.

Coa proclamación da II República, Castelao, nas filas do Partido
Galeguista, é elixido deputado pola provincia de Pontevedra e nas Cortes
Constituíntes fai unha apaixonada defensa da lingua galega. Participa
activamente na vida política, especialmente a prol da consecución do Estatuto
de Autonomía para Galiza. Do 1934 ao 1935 foi desterrado a Badajoz. Coincidindo con este feito edita a súa novela Os dous de sempre. Logo
da aprobación por plebiscito do Estatuto de Autonomía, o inicio da Guerra
Civil sorpréndeo en Madrid, onde se atopaba en calidade de deputado para
entregarlle ao presidente das Cortes o texto do Estatuto. Reside en Madrid,
Valencia e Barcelona, acompañando ao Goberno da República nos seus
desprazamentos.

No 1938 viaxa a Moscova, onde expón as coleccións de
debuxos que amosan estampas da guerra. En Nova Iorque tamén expón e nesa
cidade publica a colección Milicianos, con debuxos sobre o mesmo tema. Viaxa
logo a Cuba e finalmente establece a súa residencia en Bos Aires, onde funda,
con outros exiliados, a revista Galeuzca.Escribe alí a súa obra dramática Os vellos non deben namorarseen 1941
En 1944 publica Sempre en Galizaconsiderada unha especie de biblia do nacionalismo galego. No ano 1946 é nomeado ministro do
goberno da República no exilio.Daquela tamén remata o seu traballo sobre As cruces de pedra na Galiza . Un dos derradeiros discursos que dá no Centro Galego de Bos Aires é o titulado Alba de Groria (1948).

Morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro do 1950
e foi soterrado no panteón do Centro Galego. No 1984 os seus restos foron
trasladados a Galiza.

Sobre a obra que imos ler e realizar un exercicio de comprensión lectora. Ver máis
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 23-10-2017 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
Para comezar

Imos, en primeiro lugar, repasar a gramática do curso pasado co obxectivo de afondar e mellorar no noso coñecemento do galego normativo e nun uso axeitado do mesmo:

Tipos de palabras: identificar nun texto as palabras variables e invariables para logo clasificalas.

Substantivos e adxectivos: xénero e número.

Ás voltas cos adxectivos


Verbos regulares e as súas alternancias.
Análise de frases simples.
Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 09-10-2017 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0