Imos comezar coas lecturas do Premio Sarmiento deste curso 2012/13, que son as seguintes:
MORTOS DE NINGURES de Leticia Costas e Tobaruela Pere
FANTASMAS DE LUZ, de Agustín Fernández Paz
Imos realizar estas lecturas unha antes de Nadal e a outra despois de Nadal, polo que un dos libros podemos pedirllo aos Reis Magos, o outro debemos xa mercalo neste mes de novembro, coa idea de que en decembro estea lido. Imos comezar polo primeiro desta lista. " Mortos de ningures" de Leticia Costas e Tobaruela Pere editado pola editorial Everest.
Dúas visións distintas da emigración que vos invitamos a que vexades na longametraxe ? SEMPRE XONXA? de 1989 e rodado na aldea semiabandonada de Santa Olaia (Concello de Petín):
?Nunca aldea remota dos montes de Galicia mestúranse a complexidade dos sentimentos e a miseria da emigración, e a realidade confúndese coa fantasía. Esta é a historia dunha muller, Xonxa, e de dous homes, Pancho e Birutas. A peli cóntanos as relacións destes tres personaxes desde a súa infancia en 1947 ata a madurez en 1986.?
Ficha técnica:
O director Chano Piñeiro, estreou en 1989 a primeira longametraxe galega. Escolleu como tema a emigración desde o punto de vista dos "que quedan na terra" e os embarques de emigrantes no peirao de Vigo (hai que recoñecer que é unha das mellares secuencias mellor filmadas do cine galego).
Sinopse:
Xonxa, Pancho e Birutas crecen xuntos. Xa na primeira mocidade Birutas emigra a México e durante dez años non hai novas del. Pero un día, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa á aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Mais Xonxa e Pancho levan tres anos casados e teñen unha filla ?Xonxiña?.
Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza dirixindo algún dos seus negocios. Pancho confía na súa palabra e marcha con el. Pero Birutas déixao embarcar só, facéndoo crer que ten problemas cos papeis. Convencido de que na ausencia de Pancho poderá conseguir a Xonxa, Birutas volve á aldea, pero ante la negativa da mujer, violaa e marcha a América.
Ao cabo duns meses Pancho regresa só e enfermo; durante días permanece pechado no cuarto sen querer fablar con ninguén. D. Xosé Luis, o mestre, consigue que lle conte o que pasou e Pancho relata o engano do seu antigo amigo. Paseniño, Pancho vaise recuperando e volve á vida normal. Pasan os anos e de súpeto regresa Birutas volvendo a alterar a tranquilidade das súas vidas. O mestre intenta inútilmente convencer ao indiano para que volva por onde veu, pero á mañá seguinte Xonxa e Pancho atopan ao seu amigo pendurado dunha árbore, aforcado.
Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?
O IDIOMA GALEGO DURANTE O FRANQUISMO (1936-1975)
Observa este cartel que se repartía en Galicia nos primeiros anos da Ditadura de Franco (1942).
- Debemos saber que o noso idioma foi prohibido nas escolas, nos actos públicos, nos xornais, no cine? sendo habitual o castigo físico dos rapaces ou rapazas que o usasen na escola, os despidos de funcionarios ou as multas a xornais e escritores, mesmo a censura que impedía a publicación ou a tradución de libros ao galego. O castelán era o único idioma que se ensinaba e usaba en público, considerando o galego, catalán ou o éuscaro dialectos. Nesa sociedade represora viviron os vosos avós e nela naceron ou esa situación herdaron, en gran parte, os vosos pais/nais.
Todos vós tivestes, grazas á volta da Democracia, unha mellora considerable á hora de poder coñecer e usar o galego nas aulas, pero aínda así, pasados máis de 30 anos, seguimos sendo herdeiros e sufrimos dalgún xeito a presión dunha sociedade condicionada pola imposición que a ditadura exerceu durante os 40 anos que durou. Esa que, en gran medida, fixo que descendese o número de galego-falantes nos últimos anos.
O feito de que os nosos pais/nais non nos falen a nós en galego é logo unha consecuencia das prohibicións e o desprestixio que durante o Franquismo se fixo da lingua galega.
Despois de analizar as prohibicións do Franquismo como unha das principais causas do descenso de galego-falantes nos últimos anos, imos completar esta análise con outra causa non menos importante.
A PERDA DO GALEGO COMO CONSECUENCIA DA DESRURALIZACIÓN.
A lingua galega sufríu un descenso de falantes a partir de mediados do século XX tamén como consecuencia da desruralización.
A desruralización de Galicia é a perda de poboación das aldeas e pobos, mesmo das vilas, especialmente das provincias do interior (Lugo, Ourense, pero tamén de zonas máis afastadas da costa da Coruña e Pontevedra). Esta xente marcha do campo para ir vivir e traballar ás cidades galegas ou fóra de Galicia. Un proceso de emigración que se agudizou nos tempos de Franco e que xunto coa presión e a represión exercida a través das escolas provocou que se fora impoñendo o uso do idioma castelán entre os máis novos. Neste vídeo podedes ver as condicións nas que se escolarizaban aos nenos/as das aldeas do interior de Galicia nos últimos anos do Franquismo:
CUESTIÓNS SOBRE O VÍDEO: As Escolas no Franquismo e a desruralización.
1- A pesares de seren o galego o idioma de Galicia, sabes cando se introducirá por vez primeira nas escolas?
2-Describe en detalle seguindo o que din as mestras cal era a situación dos escolares do rural nos últimos anos do Franquismo.
3- Unha das protagonistas da reportaxe é unha rapaza, en que condición de especial dificultade vive? Por que prefería comer no colexio co resto dos seus compañeiros das aldeas de Friol?
4- Que queren ser de maiores estes nenos/as? Por que cres que ningún quere permanecer no campo? Razoa a resposta.
5-Que fan os rapaces e que fan as rapazas ao rematar a xornada escolar e volver as súas casas? Teñen moito tempo para facer os deberes?
6- A Avoa que aparece ao final da montaxe, en que idioma canta aos seus netiños?
Ademais da escolarización no único idioma oficial da Ditadura,ao chegar ás cidades, os medios de comunicación como a Radio, a TV e os xornais e outros fenómenos de masas como o Cinema, van exercer tamén unha forte presión sobre a poboación galego-falante para que troque de idioma.
Comeza así a asociarse progresar co uso do castelán, e, aínda que o galego sexa o idioma máis usado en Galicia ou maioritario, será un idioma minorizado por non gozar de prestixio e de valor para os seus propios falantes.
Hoxe para o galego, a pesar da desruralización, as cousas foron cambiando un pouco como podemos comprobar na mesma escola en Friol (Lugo):
O que noutros lugares coñecen como billarda ou estornela en marín chamábaselle "lipilape".
O Padre Paúl Rivas Quintas (Frampas I e II) recolle a denominación de lipio en Xesta (A Lama), lípiz en Seixido (A Lama) e lipes en Ardán (Marín), co significado de nome do xogo. Engade que pode vir do inglés to leap, saltar. Lipilape é o nome dado en Marín. Outros dicionarios recollen lipe. Rivas recolle tamén pincha en Tui, pinche en Valiñas (Forcarei) e pinchín como o nome do pau pequeno. Pincha (de pincho, salto no aire) é o nome dado ao xogo en Torneiros (O Porriño). Na comarca de Vigo é coñecido co nome de pateiro.
O termo billarda procede do francés billard («bastón de xogar»), tendo a mesma orixe que o xogo do billar. Estornela vén do latín sturnus («estorniño») + iculu. Palán vén do latín pala(m) (pa, pau longo).
Saíu este tema á hora de tocar no tema 1º do libro o vocabulario dos xogos.