Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IMOS COS PRONOMES

Pronomes persoais

OS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

O PRONOME ÁTONO NUNCA PODE COMEZAR UN ENUNCIADO
Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (quérote, dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
(non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: detrás dun QUE, SE... (dixo que te amaba, se te quixese, viría hoxe).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial cun pronome interrogativo ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (algo, alguén, todos...) e adverbios como só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...: (alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.
Exercicios iniciais

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".



Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.



Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 31-01-2020 06:18
# Ligazón permanente a este artigo
Crear un poema no Día da Paz


Imitando o seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro imos crear o noso propio poema no Día da Paz:

Digo Viet Nam e basta
Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soia palabra.

Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.


Viaxe ao país dos ananos 1968
Comentarios (0) - Categoría: CREOCOMUNICACIóN - Publicado o 29-01-2020 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Volvemos coa música en galego


Que nos conta SÉS?
Resume o contido desta entrevista do 2014


Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA EN GALEGO - Publicado o 24-01-2020 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
De cara ao 2º Avance

Unidade 4 e unha parte da 3 do libro.
- OS NOMES DAS COUSAS: A publicidade. Hiperonimia e hiponimia.

LINGUA E SOCIEDADE: Ecoloxismo Lingüístico(tema 3 páx.62-63) Situación do galego actual (atención ás gráficas (páx. 82-83)

GRAMÁTICA: Repaso de clases de palabras (identificación)
Repaso do verbo regular.

LITERATURA: Recursos estilísticos páx.96-97-98

TRADICIÓN ORAL: As cantigas de Nadal e ritos tradicionais: Trece lúas, Apalpador, lume, tizón de nadal, as pedras de sal e as danzas e mascaradas de Reis...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2020 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0