Comeza o curso 2010/2011. Traballaremos en primeiro lugar, co lema do curso que para nós terá esta formulación: RESPECTO Á DIFERENZA, DEREITO Á IDENTIDADE.
A defensa da lingua propia non converte as alleas en inimigas porque o respecto que demandamos para a nosa convértenos en respectuosos e solidarios con todas as demais; ao cabo, a palabra é a produción máis especificamente humana, e mal se pode ser respectuoso co home sen selo coa lingua que fala.
Velaí, logo, que a tolerancia debe ser emblema dos loitadores pola dignificación da lingua, e nunca deben facer súas as actitudes de desprezo das que outros fan uso. Tolerantes, que non febles, nesa loita esperanzada pola dignificación da nosa lingua, é dicir, pola nosa dignificación. Orgullos@s e conscientes da nosa diferenza, esa que nos fai orixinais ante o mundo.
Imos pois co texto que será o primeiro no que nos centraremos, un poema moi coñecido de Celso Emilio Ferreiro:
DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nen saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA, POETA DO MUNDO
Caín as follas
sinto unha cousa
que se apousa en mín
e non me toca.
Chove pra que eu soñe.
Fala baixo a tarde
i o corazón sínteo.
Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta duplicidade faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, o poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso coa lingua propia, co home coa liberdade.
COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home? Os Eidos.
Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta dicotomía faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, el como poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso co home coa liberdade.
2- Poeta consagrado: Os EIDOS e a poesía da metapaisaxe.
Que é a poesía da metapaisaxe?
Que cres quere dicir que Uxío é o "cantor dos tesos cumes courelaos":
Procura algún exemplo nos moitos textos da Exposición das Letras Galegas 2010 que visitaches.
Novoneyra, é un poeta que se recrea unha e outra vez no seu primeiro libro: Os Eidos (1955). Un poeta que fala da terra da paisaxe da natureza e do home fornte a ela. É tamén un poeta que nos anos 50 será colocado na nómina dos clásicos, e con 25 anos foi consagrado e coñecido en todo os ámbitos culturais, e impulsado por Galaxia e o Piñeirismo, como modelo de poetas que non viviron a guerra e falan de Galicia, que son a confirmación da renovación tras da guerra civil do 36 e en plena ditadura de Franco.
3- Poeta social: Do COUREL a COMPOSTELA.
Pero Uxío, en palabras de Emilio Insua, era un ?espírito independente e singular, torceu a propósito o rumbo polo que eses sectores do Piñeirismo tiñan interese en que navegase sen se desviar?, mais o seu illamento no Caurel do 52-62 e a estadía en Madrid do 62 ao 66 determinaron a evolución persoal, estética e ideolóxica? o cantor dos tesos cumes courelaos, sen abandonar ese motivo recorrente e esencial na súa poesía abriu a partir de 1953 novos campos temáticos e formais? explorar os camiños do soño, a declarar a folga xeral contra da Historia e escribir contra a guerra de Vietnam, contra o poder, contra a Galicia atrelada, triste e calada á forza e, como non, unha identificación absoluta e militante coa causa do idioma?: A Fala é o único sitio onde seguen vivos os antepasados, dicía.
4- Poeta da Fala oriental. O compromiso coa Lingua.
Procura exemplos máis repetidos dos dialectalismo da fala oriental nos seus poemas.
5- Poeta existencial.
Que significa que Uxío é un poeta existencial?
Procura tamén varios poemas que conteñan esta temática.
6- Poesía intimista.
Podemos ver un poema aquí no blog Son de poetas
7- Poeta innovador e outras producións.
Os caligramas e o seu estilo cargado de espírito innovador.
Outras obras narrativas
8- O camiño do soños do poeta.
Dicía Novoneyra:
? Grande é a soidade e por iso tamén grande é a tentación de pecharse a soñar. Ou de abrirse a soñar. E máis cando toda a segunda infancia, toda a adolescencia, toda a mocidade, ? as sete mocidades?, quedaron inscritas na Ditadura?
Xa está dito que soñar é crear. Máis cómpre reasumilo. Soñar é descubrir posibilidades certas. Case sempre soñamos posibles necesarios. Case nunca soñamos imposibles, aínda que só sexa por esa discreción que nos impón a Historia.
Posibles necesarios e difíciles. Difíciles só porque están en choque con intereses creados e coa simple inercia?
Un poeta pouco máis precisa se o alenta a plenitude interior. Se está ben asistido pola memoria individual, pola memoria colectiva, pola memoria profunda, polo soño do futuro, pola potencia da mocidade.
Os poetas gozamos e sufrimos dunha incurable mocidade. E máis se, por riba de todo iso, un ten un nó, o problema de pertencer a un pobo sen estado de patria-lingua ameazada. Entonces si que xa se xustifica toda a desmesura no soño e na renuncia por transformar o Mundo e salvar o Seu Común, o Noso Común.
Amais de estar posuído polo soño da plenitude humana e da liberdade, polo soño de cambiar o Mundo, un está secuestrado pola patria. E isto si que o pon en forte punto. E máis por tratarse dun poeta que é o ser máis dependente da propia Lingua.?
9- Novoneyra na literatura galega.
Uxío é o poeta de dicir moito coas menos palabras posibles, versos curtos, polisemánticos e cargados de suxestións. En Novoneyra encontraremos un poeta que soubo ir incorporando un gran número de recursos innovadores nos seus versos. As temáticas serán diversas: poemas da terra e da paisaxe, poesía social, poesía intimista e poesía existencial. Imos logo na súa procura.
ACTIVIDADES:
Procura realizar un esquema coas ideas centrais destes textos.