Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Días europeos e internacionais coa lingua como protagonista
O pasado día 26 de setembro era o día Europeo das Linguas e hoxe é o Día da Tradución. Este ano no que celebramos o 150 aniversario da publicación dun libro fundamental da Literatura galega moderna, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, acaba de presentarse unha tradución deste libro ao ruso, toda unha boa nova para a nosa literatura que pode ser lida por milleiros e milleiros de lectores e lectoras que teñen como lingua nai o ruso.

A tradución é polo tanto unha recreación dunha obra, unha nova mirada sobre a obra orixinal. Xa de por si un texto literario ten varias interpretacións, é polisignificativo, pero coa tradución gaña fondura e novas lecturas, actualizacións do seu discurso.

Procuremos nós esa experiencia.
1- Como escribirías en correcto galego normativo as seguintes oracións que reproducimos en castelán?

"Recuerdo que te miró fijamente y se lo dijo de inmediato. No confíes más en ese amigo, te vendió en la primera ocasión. Más tarde cuando ibas por el sendero, la zarza te rompió la camisa. Había llovido, estabas empapada y ella le rechazó tu ayuda. Aún así tenía tal mojadura que le recomendaron desnudarte y poner ropa seca. Supo entonces que le había ocurrido."

2- Moitos de vós non usades habitualmente o galego polo que se fai complicado escribir correctamente colocando como corresponde o pronome. Inténtao:
Colleu moi a modiño (o).
Pediu polas boas (a).
Desta forma ves mellor (as).
Axiña vou contar (os).
Recitaba con moito aquel (as).
Dixo el mesmo (o).

3-Coloca agora os nosos te ou che(o que corresponda), no lugar convenient:

Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.
Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.
Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!
Non ... quixen... magoar..., perdoa.
Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.
... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.


4- Traduce un texto que che guste especialmente e que non estea na nosa lingua. Observarás como se transforma e recrea nese proceso que denominamos tradución.

5- Crea un texto descritivo de pes aá cabeza, onde utilices 50 palabras distintas referidas ao corpo humano en galego.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 30-09-2013 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os soñadores e as palabras
Viaxamos dende o mito que parte dunha torre, no fogar de Breogán, ata un soño e logo percorremos da mao dos poetas do ESPERTAR, da alborada da nosa cultura, un camiño cara un rico porvir, na procura dunha Terra liberada dun sono que semella un duro inverno. Procuramos un canto á primavera para Galicia e lembramos que ese soño de nos abrir camiños no mundo é posible por obra e graza do noso idioma, soubemos do dereito a pensarmos como pobo e reclamamos o dereito á ser libres, superando atrancos que non impiden soños de irmandade. Descubrimos que Galicia sen nosoutros é ben pequena e que pode ser outra cousa, envolvéndose en sabas de mil anos, na fala e en nós temos que atopala, a porta que é a nosa patria, agárdanos. Sabemos xa que o pobo que ame o bon poema será quen de beber nos soños coas palabras e recuperar os camiños,
pórlle nome ó labirinto,
navegalo.

Galicia é unha terra de torres,de mar e de soños.

ACTIVIDADES

Despois de traballar cos versos dos nosos autores esa mirada sensible cara Galicia, lembrando os versos de Ana Romaní cres que a invitación que ela fai ten algo que ver coa que fan outros poetas? Argumenta a resposta.

O LÉXICO DA SENSIBILIDADE POLA TERRA

1-Non é o mesmo sono que soño, explica en que consiste a diferenza.
2- Significan o mesmo senso e sentimento? Procura unha definición destas palabras e un sinónimo para cadasúa palabra que pertenzan á mesma familia léxica.
3- Busca nun dicionario as distintas acepcións da palabra sensibilidade.
4- Completa as seguintes oracións cas palabras do campo semántico dos sentimentos:

É unha persoa moi.......... non soporta a visión do sangue.
A ............. está a flor de pel. Non soporta un chío.
Cando saíu á rúa ........... como a lentura da noite pousaba sobre a pel.
Con dozura............ a testa do animal transmitíndolle tranquilidade.
Ao lonxe.............. un grupo de rapaces que camiñaban cara nós.
A ................ das persoas que conforman una nación baséase en compartir unha mesma historia, unha cultura e un idioma.
A rapaciña........... con desconsolo pola perda dunha persoa querida.
............. con pracer os últimos pasteis que estaban enriba da mesa.

5- Asociar a seguinte listaxe de verbos a cadanseu sentido (olfacto, gusto, vista, tacto, oído.
xantar, uliscar, enxergar, apalpar, chiar, cantaruxar, beliscar, axexar, catar, cheirar, ventar, ollar, rañar, relatar, bisbar, acariñar, ver, mirar, palpitar, roncar, saloucar, latexar, impar.

6- Relaciona en dúas columnas os seguintes sinónimos: A) asoar, pular, rosmar, impar, apalpar, catar, observar
B) axexar, degustar, tentar, saloucar, roñar, saltar, fungar.
7- Explica as seguintes expresións e escribe unha oración usándoas:
-Cos cinco sentidos:
-Sentido común:
- Trocar o sentido:
-Andar con sentidiño:
- Sentir a Terra:
- Ser propio de...:
- do país:
- da Terra:
- O noso, -a

8- Investiga a que lugares pertencen cada unha das bandeiras da fotografía.

9- Que sinónimos de redenzón e de aurora podes atopar entre as palabras dos poetas traballados nesta unidade cero?
Que significaba rico porvir?
Comentarios (1) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 25-09-2013 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
ITH en Irlanda?
Que relación terá Breogán con Irlanda?

Será verdade que Ith fixo unha viaxe de conquista cara o Norte?
Procura algo máis de información, por exemplo na Galipedia, para facer logo unha pequena redacción coas túas conclusións sobre a relación entre o mito de Breogán e Irlanda que é como falar da relación que pode que haxa de vello entre Galicia e Irlanda.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 23-09-2013 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Esperta do teu sono, fogar de Breogán...
A unidade cero deste curso, como vén sendo habitual, é unha adaptación do lema do curso á materia de galego. Con esta Unidade pretendemos establecer un fío condutor para a actividade didáctica que parte dos versos de Pondal, parte da mitoloxía e da literatura, pero que procura espertar esaoutra mirada sobre a nosa terra, ir ao encontro da sensibilidade dos alumnos/as de 2º da ESO cara a Galicia. Ímonos deixar guiar nos preliminares do curso polos versos dos poetas do XIX e polos poetas e escritores do XX que sensibles coa nosa cultura, utilizaron a palabra para provocar a outra mirada necesaria nos seus compatriotas, intentaron espertar en nós a sensibilidade, novos sentires cos seus versos, coas súas verbas escritas. A Unidade Cero é unha invitación disposta a contaxiarmos coa esperanza posta nunha Galicia soñada e cantada e onde o seu idioma é un baluarte esencial garante da súa identidade.

IMOS LOGO CO BREOGÁN E COA HISTORIA DO SEU FILLO ITH.

"É unha tarde fría e clara de inverno. Os ventos do norte que sopran estes días non teñen auga para formaren nubes. Son aires duros que cuartean a pel e queiman os campos. Son aires de xeadas e lobos famentos ouleando na noite. Non é o tempo máis amante, pero Ith vai coma cada tarde á illa e sobe ata o campo da torre. Hoxe vai só. No fondo, é como prefire ir.

Os demais quedaban arredor dunha boa larada, sentados xerarquicamente de vellos a mozos, pois ese era o costume que se seguía de vello, polo respecto e o cariño que se sentía polos maiores.
A caída da tarde nos días de inverno é a hora da fantasía, das palabras graves e das algareiras ó ao agarimo lume. Nesas horas tamén se aprenden as historias que manteñen viva a memoria colectiva do pobo. E así pasan xeración tras xeración formando parte do orgullo de todos e cada un.

A illa da torre está case pegada á aldea, de feito, só é illa a medias, dependendo da marea. Co devalo, ábrese unha lingua clara de area que une a illa á terra; coa chea, vese unha illa ben formada. Desta vez, a marea está baixa e Ith fai a pé o camiño da illa. Ama ese camiño e gústalle sentilo directamente baixo os pés. Coñéceo tan ben que anda treitos cos ollos pechado e sabe, polas sensacións do tacto e do olfacto, o lugar xusto en que está en cada momento.

Para Ith, o campo da torre abre todos os mundos, porque el sabe ben que o mar é o grande camiño que sempre se pisa por primeira vez e que leva a todas partes, ás coñecidas e ás que están por coñecer. Por algo é fillo do sabio e valoroso Breogán, que chegou polo mar a estas terras para darlles nome e fillos que as poboasen. Quizais o seu destino sexa ese: botarse ao mar e atopar novas terras para poboalas e darlles nome.

Ith é un soñador. A aldea e as súas terras forman un mundo importante, pero pequeno de máis para os seus soños. El precisa mirar alto e lonxe para respirar fondo e atopar aire abondo que encha o seu peito afouto e baril.

Os ollos de Ith pérdense outra volta na auga seguindo trazado dos seus soños e avanzan cara o norte, antes de que se consuma totalmente a luz do sol. O seu corazón bate coa forza do presentimento. E CANDO SE ATOPA DE FRONTE Ó NORTE, NON PODE ACREDITAR NO QUE VEN OS SEUS OLLOS. Aló nos confíns, perdida no horizonte, onde só alcanzan os ollos máis agudos e ilusos, porque non é doado diferenciar entre o que se ve e o que se desexa ver, está a luz da terra tanto tempo presentida. Na hora do luscofusco xorde un resplandor que se espella nas augas do océano. Ith refrega os ollos e contén o ánimo. Volve mirar. Aquela é a terra que o chama, que dende rapaz o estivo levando cada tarde ao alto do campo da torre. Permaneceu mirándoa ata que aquela luz se sumiu apagada pola forza da lúa chea. Unha terra que el sabía fermosa e farturenta, a onde levaría a súa estirpe a vivir en paz e prosperidade. A vida dun home, aínda a dun soñador, contida en poucas palabras: torre, terra, mar, soño.?


Texto adaptado do libro Ith do autor marinense: Silvestre Gómez Xurxo.


Repara no léxico se non as coñeces busca estas palabras: larada,algareiras, xerarquicamente, devalo,afouto, baril, iluso, luscofusco, doado,...



COMPRENSIÓN: Quen era Breogán? Nacera naquelas terras nas que vivía? Que decidira construír?

En que tempo cres que viven os personaxes deste relato?

Quen era Ith? Que facía cada tarde? que lle ocorre?

Cal era o seu soño?

A sensibilidade de Ith como aparece expresada no texto?

Xogando coas palabras:
-?onde di o trazado dos seus soños? podería dicirse "o ronsel dos seus soños"?

- Onde di na hora do luscofusco, podería dicirse: na hora do .......


Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 16-09-2013 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS NO VERÁN
Lectura recomendada: Hai alumnos que xa superaron as probas de lectura obrigada aos que lles recomendamos non obstante esta lectura:
O ceo dos afogados, Francisco Castro (Xerais).
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-07-2013 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
MODELO PROBAS DE SETEMBRO 2013
A continuación detallamos unha información para aqueles alumnos/as que teñen pendentes ben unha ou máis avaliacións e que deberán presentarse ás probas o día 3 de setembro ás 9 da mañá.

Para os alumnos/as que teñen pendentes 1ª,2ª e 3ª avaliacións:


TEMAS do Libro: Todos os temas e incluír Letras Galegas: Rosalía, Vidal Bolaño e o Himno galego
Prácticas: Xénero, número, colocación pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, Predicativo.




Para os alumnos/as que teñen pendentes a 2ª e a 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: (6-7-8-9-10-11-12 verbos-pronomes, incluír Letras Galegas: Rosalía, Vidal Bolaño e o Himno galego
Prácticas: Xénero, número, colocación pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, Predicativo.


Para os alumnos/as que teñen pendente a 2ª avaliación:

TEMAS do Libro: (6-7-8-9- verbos-pronomes e Rosalía.

Prácticas: Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC. Oracións compostas por coordinación.


Para os alumnos/as que teñen pendentes lecturas obrigadas.

Destas lecturas fixemos probas de lectura das que, ademais de dar un prazo lóxico para ter lido o libro, repetimos ditas probas para darlles a oportunidade de rematar ditas lecturas. Tocará ler agora no verán e presentarse en setembro.

Lecturas obrigadas: Mortos de Ningures de Ledicia Costas e Pere Torabuela, Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz.
Destas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).




PROBAS MODELO PARA SETEMBRO

A continuación colocamos aquí modelos de probas por avaliacións. Todas as probas de recuperación de setembro terán unha estrutura semellante ás que tivemos durante o curso nas distintas avaliacións.
No caso das probas dos libros de lectura, das que non colgamos probas, tamén seguirán os modelos realizados durante o curso que coñecen os alumnos/as implicados.

PROBA MODELO 1ª AVALIACIÓN

1. Define que son as interferencias lingüísticas e pon exemplos de interferencias(fonética, léxicas, morfosintáctica).
Atopa os castelanismos que haxa (márcaos) nos enunciados e escríbeos correctamente ao seu carón):
Todos os concexais fan o mesmo.
A tenda de muebles está demasiado alexada de onde vive a decoradora.
No colexio estivemos analizando os contos por párrafos.
Este ano aínda non nos pasaron as encuestas sobre o profesorado.
Tivemos que chamar ao fontaneiro para que amañase o grifo da cociña.
Déronnos para cenar dúas rodaxas de merluza con lechuga
.

2. OS NOMES DAS COUSAS: Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións. E coloca o nome aos números da ilustración.
-A esposa do fillo con respecto aos pais deste é a conxuxe.
?A senectude é a derradeira etapa da vida dunha persoa.
?Calquera persoa con respecto ao seu padriño é un afillado.
?O xenro é o home da filla con respecto aos pais desta.
?O patrucio é o home máis vello da familia, xeralmente o pai cando xa é ancián.
?Do que aínda non naceu dise que é un neonato.
?A esposa do fillo con respecto aos pais deste é a nora.
?A vellez dunha persoa dise que é a súa lonxevidade.

3. LINGUA POR DENTRO: Escribe os seguintes tempos dos verbos:-os presentes INDICATIVO de: OBEDECER e DURMIR.
- pretéritos Indicativo de ANDAR / PARTIR
4. Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos:
__ carraxe __ traxe __ ponte __ cume __ análise __ sinusite __ crise __ paréntese __ paxe __ friaxe __ nariz __ cárcere __ sangue __ sal __ leite __ garaxe __ romaxe __ hepatite __ diadema __ dor __ arte __ calor __ orde __ dote __ servidume __ costume __ marxe __ suor __ sinal __ orixe __ til
5. Pon en plural as seguintes palabras:
caracol __________ pombal __________ mércores __________ calacú __________ túnel __________ civil __________
xogador __________ noz __________ mandil __________cáliz __________ útil __________ anel __________ test __________
áxil __________ álbum __________ hindú________ bailarín __________val __________ xenial __________ dátil __________
funil __________ ruín _______ xabaril ______cruel __________ril __________ parasol __________esquí ________lapis __________
6. Completa os seguintes enunciados cun adxectivo do tipo indicado en cada caso.
Lavou as costas cun ___________________ [explicativo] estropallo.
Ollaba caer a _______________ [explicativo] chuvia que todo o cubría.
A ______________ [especificativo] herba enchía todo o terreo ata o horizonte.
O vento ___________________ [especificativo] acariñaba o seu cabelo.
-Completa coas partículas comparativas axeitadas.
Ten ___________ paciencia ___________ pensaba [superioridade]
Antes andaba ___________ vestido ___________ agora [superioridade]
Antía é ___________ riseira ___________ ti [superioridade]
Esta xente non é ___________ violenta ___________ me dixeron [igualdade]
Este libro non é ___________ aburrido ___________ parecía [igualdade]
É case ___________ rico ___________ el [igualdade]
7. O til diacrítico, define que significa e pon outros seis exemplos de uso de tíl diadrítico coa súa explicación.

8. LINGUA E SOCIEDADE. Redacta un dos dous temas explicando:
A) O Esplendor, decadencia e o Rexurdimento do galego.
B) O galego no século XX.

9. Redacta un texto explicando os conceptos de Substrato e Superestrato da lingua galega ( poñendo exemplos).

10. Define Toponimia e Antroponimia



PROBA MODELO 2ª AVALIACIÓN

OS NOMES DAS COUSAS: 1-A paisaxe do mar (relaciona números coas palabras que correspondan á ilustración)
A)1: B)1:
2: 2:
3: 3:
4: 4:
5: 5:
6: 6.
7: 7:
8: 8:
9: 9:
10:

2-Comenta por que é tan importante a tradición oral para a historia da nosa literatura, que ten que ver a tradición oral e que aportaron á mesma persoas como Sarmiento e Rosalía.
3- Tipos de frase escribe un exemplo de cada. Logo ANALIZA a seguinte as frases en forma de árbore:
En defensa da nosa lingua galega.
a casa branca da aldea.

4- A LINGUA POR DENTRO: Subliña os complementos directos e circunstanciais das seguintes oracións e indica que tipo de unidade desempeña a función de CD ou de CC.
?As galiñas levounas a raposa. ? Os concelleiros non avisaron os veciños. ? Nas festas de San Froilán comen moito polbo.
? Betanzos vive a independencia musical. ?Os deportistas galegos teñen opcións claras para conseguir catro medallas.
? Rusia firma a paz con Xeorxia impulsada pola UE.
5-Define as oracións compostas por coordinación e exemplos dos distintos tipos.
6- Escribe oracións dos seguintes tipos: predicativa transitiva, outra intransitiva,
unha atributiva, outra reflexiva, unha recíproca e outra impersoal.
7-Conxuga: presente e pretérito de INDICATIVO de: IR, VER, SER, SUBIR.
8- Presente e pretérito de SUBXUNTIVO de: HABER, TER, ESTAR, OBEDECER

9 -LINGUA E SOCIEDADE. Que é una lingua minorizada? Comenta as gráficas ( trátase de gráficas que aparecen no libro de texto na páxina 101)


10- ESCRIBIR BEN : Completa con B ou V:
A miña moto ti__o unha a__aría a causa da forte chu__ia.
Unha multitude de __ol__oretas in__adía os campos próximos á casa.
O a__ogado ía no seu mara__illoso automó__il falando polo mó__il.
Miña a__oa le__a__a na _olsa dous paquetes de a__elás.
Mo__e ese sofá de _im _io que lle teño que pasar a _asoira ao chan do __estíbulo.




PROBA MODELO DA 3ª AVALIACIÓN
1- A LINGUA POR DENTRO:
EXPLICA: Colocación do pronome átono excepcións (pon exemplos). E logo coloca correctamente ?te? ou ?che?:
Quizá__faga ____ unha festa.
Xa ____ dixo ___ que non ____ quería.
____Recitou___ un fermoso poema .
Sempre ____estás ___ a rir de min.
Fernando veu para ____dar ____algo.
____Esperei___ máis de tres horas
Quen ___chamou____ hai dúas horas?

2- OS NOMES DAS COUSAS:
DEFINE OS SEGUINTES ESTADO DO CABELO:
LOIRO:
RUBIO:
ROXO:
ENGUEDELLADO:
MORENO:
TINGUIDO:
CRECHO:

3-A LINGUA POR DENTRO: Subliña os complementos directos,
indirecto e circunstanciais das seguintes oracións e
indica que tipo de unidade as desempeña o CD, CI ou CC.
- As castañas trouxollas o apalpadoiro.
? Os xogadores queixáronse da arbitraxe á federación.
? Nas clases de Física contan poucas cousas.
? Galicia non desexa un apagón dixital.
? A cantante andaluza ten falsas perspectivas de triunfar en Roma.
-Xosé asegura o aprobado no exame de Lingua mañá xoves.
5-Define Suplemento, Atributo e Predicativo
(pon un exemplo de cada).

6-CONXUGA OS SEGUINTES VERBOS:
Presente e Pretérito de INDICATIVO e SUBXUNTIVO de: IR, VER , SUBIR, VIR

7-LITERATURA: Redacta un texto sobre a vida e a obra de PAZ ANDRADE (10 -12 liñas)

8-ESCRIBIMOS BEN Completa CC, CT, C ou T, S ou X onde sexa preciso.
a__ión redu__ión fru__ífero o_Í_eno e_i_encia
inxe__ar di__ado distri__o e_a_erar e_tran_eiría
di__ionario condu__a di__adura e_pare_er e_tender
cole__ión infe__ión prospe__o le_icolo_ía e_trañar
obstru__ión produ__o fi__icio to_icolo_ía e_cavar
redu__o tradu__or reconstru__ión e_pu_o e_tremo




9-Localiza os seguintes recursos: metáfora, simil, anáfora, personificación,
aliteración, antítese e hipérbole. Que rima ten o texto de Rosalía:

Agora cabelos negros
máis tarde, cabelos brancos
agora dentes de prata,
mañán chavellos quebrados;.
hoxe fazulas de rosas
mañán de coiro enrugado.
(Rosalía)

Mira os avós,
antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos?
pero devecen coma as follas sen zume?
e argallan historias
ó quentaren as mans
sobre a seda dos lumes.




O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco?

Morrerei eu fremosa no mar maior




10.Explica que significan as palabras subliñadas no himno, e localiza unha personificación no poema de E?????..
P??????. Localiza unha metáfora fundamental para a comprensión do mesmo. Quen fai as preguntas, quen as responde e a quen vai dirixida a resposta.

Que din os rumorosos
na costa verdescente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2013 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Si, na biblioteca o xoves, non o esquezas!

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-06-2013 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Para o próximo exame
Temas 8, 9 do libro (verbos regulares e irregulares dados, repaso do uso e colocación de pronomes átonos) e o tema das Letras Galegas 2013 De Rosalía a Vidal Bolaño (material traballado na clase que aparece no blog).

Contidos do tema especial das Letras:
Biografía e obra de Rosalía.
Recursos da obra poética de Rosalía ou no Himno Galego de Pondal.
Biografía e obra de Roberto Vidal Bolaño.
Características do xénero teatral.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2013 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
DESPOIS DA REPRESENTACIÓN DE VIDAL BOLAÑO

CUESTIONARIO DO ESPECTADOR: Para unha reflexión e unha comprensión das representacións


Características do Xénero teatral
O interese educativo do xénero dramático que xa o tiña cando naceu na Grecia Antiga do século V a. C. é unha das principais características deste xénero literario onde o texto convértese a través da representación nunha busca da verdade, a través dunha confrontación de ideas, un conflito.
Toda obra de teatro procura provocar un conflito ao público, unha forte controversia sobre a que o espectador vai ter que reflexionar.
Os actores son os portadores dunha conduta do ser humano que é a que promove esa reflexión ese xuízo ao que o contempla.



AGASALLO DE SOMBRAS de Roberto Vidal Bolaño.

A obra que representan alumnos/as 1º de Bacharelato, quere render unha homenaxe conxunta a Rosalía no ano qu ese cumpren 150 anos da publicación dos Cantares gallegos, un 17 de maio de 1863, e por outra banda ao autor ao que se dedican o Día das Letras deste ano 2013, Roberto Vidal Bolaño.
Trátase dunha obra polémica deste controvertido autor que pretende dar unha nova visión sobre a figura de Rosalía rachando vellos moldes, tópicos rancios sobre a poeta. En palabras do propio Vidal Bolaño esta obra é unha ? celebración libre e non moi respectuosa arredor do tempo, a vida e a obra da poeta Dna. María Rita Rosalía Castro de Murguía, tamén coñecida como ? Santiña?, inspirada nunha idea roubada do Teatro de Máscaras de D. Ramón O tero Pedrayo e adobiada con ringorrangos doutras dúas catedrais do teatro imposible, o Fausto de Ghoete e ?As tentacións de San Antonio? de Gustave Flaubert, así como con parte da correspondencia persoal da poeta e de moito do que sobre ela levan dito algúns dos que a coñeceron e estudaron?. RVB persegue realmente unha visión actual do mito de Rosalía do que sabemos e do que quixeramos saber sobre ela.
1- Cal é o conflito ao que Roberto Vidal Bolaño nos quere levar nesta obra, Agasallo de Sombras?
2- Quen son os personaxes principais desta obra, terán algo que ver co tema que soa ao comezo e final da adaptación que se representou? Coñecías este poema, sabes como se titula?
3- A personaxe de Rosalía como aparece representada na escena en Agasallo de sombras?
4- Que cres que representa o personaxe de Aurelio Aguirre?
5- A carta que escribe Rosa ao seu marido que lle reprocha, como se retrata a Manuel Murguía, o home de Rosalía no conxunto da obra?
6- Como se reflicte na obra a personalidade proto-feminista de Rosalía?
7- Que querería dicir Rosalía na cabeceira da obra cando di: ?E pensar que aquela noite, todo era aínda posible??



A ÓPERA DE A PATACÓN, adaptación de Roberto Vidal Bolaño

1-Cal é o conflito, a reflexión central á que nos quere levar esta obra da Ópera de a patacón?
2-Un dos recursos esenciais desta obra é o continuo intento dos actores de que coa súa conduta quede en evidencia o dobre sentido, realizan afirmacións contundentes que teñen unha dobre interpretación ou ironía. Indica tres exemplos de ironías claras ou dobres sentidos que lembres da representación:
3- Os estudosos da obra de Roberto Vidal Bolaño din que é un autor que presenta con frecuencia os denominados personaxes da derrota, que son vítimas dun fracaso dunha sociedade en crise. Que personaxes desta obra que viches cres que responden a esta descrición?
4- O tipo de personaxes que aparecen axúdanos tamén a saber o subxénero teatral no que se encadra esta obra :
Traxedia: Obra na que os personaxes que interveñen acaban enfrontadas e na que a trama remata nun desenlace fatal.
Comedia: Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía
Farsa: Procura unha acumulación esquemática de situacións caricaturescas (personaxes tipo ou pouco definidos) ó redor dun enredo cotiá onde abondan enganos.
5- Cres que a situación que se presenta pode ter algo que ver coa sociedade na que vivimos? Razoa a resposta con argumentos que remitan á obra á que asistimos.

AULA DE TEATRO SAN NARCISO ............2013
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 04-06-2013 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO UNHA REPRESENTACIÓN DE VIDAL BOLAÑO SOBRE ROSALÍA
Preparamos a nosa asistencia a unha sesión de teatro con Rosalía e Vidal Bolaño como centros de interese. Para dito evento que xa ensaian 4ºda ESo e Bacharelato confeccionamos este Cuestionario Rosaliano:


I É VERDADE I É MENTIRA LETRAS GALEGA
S 2013

Vivimos e/ou vivamos como Galeg@s!?

Un par preguntas para empezar sobre o noso himno que foi escrito por un amigo da mocidade de Rosalía chamado Eduardo Pondal:

Escolle as dúas Letras das opcións son as verdadeiras e rexeitas as dúas falsas?
A) O pobo galego é o único que ten un himno que comeza con dúas preguntas.
B) O pobo galego ten un himno que canta con orgullo o nome da terra e o dos seus poboadores.
C) O himno galego divide aos habitantes de Galicia en imbéciles e escuros e os bos e xenerosos.
D) O himno galego proclama a unión de todos os galegos ao longo da historia desde a época de Breogán?

CUESTIONARIO ROSALIANO

SOBRE O NACEMENTO DE ROSALÍA:
1-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Din que María Rita Rosalía naceu en Compostela, filla da fidalga solteira Dona Tareixa.
B) Din que María Rita Rosalía naceu en Padrón no mesmo lugar onde morreu.
2-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Do seu pai nada se sabe, mesmo ela en vida non soubo nada del.
B)Do seu pai hai quen asegura que foi un home que estudaba para cura.

A INFANCIA
3-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Pasouna en Padrón comezando un contacto especial coa tradición oral, o verdadeiro espírito do pobo.
B) Pasouna en Compostela, sen coñecer inicialmente o verdadeiro espírito do pobo galego.

A MOCIDADE DE ROSALÍA
4-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)En Compostela comezará como todas as mulleres da época a prepararse para ir á Universidade.
B) Non todas as mulleres na época tiveron acceso aos estudos, pero ela comezounos no Liceo da Xuventude .

5-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Gustáballe moito a repostería e o deseño de vestiario elegante.
B)Gustábanlle a música, o debuxo e especialmente o teatro.

6-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Chegou a representar obras de teatro na súa mocidade con moito éxito, polo que despois de casada volveu a interpretar un papel protagonista en Compostela.
B) A súa relación co teatro foi circunstancial simplemente asistía ás representacións que se facían en Compostela, claro está, daquela todas en castelán.

7-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Tivo como amigos de moza en Compostela a dous poetas comprometidos e exaltados liberais.
B) As súas amizades eran todas da elite de Santiago, mesmo relacionadas co arcebispo.
8-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Manuel Antonio e Castelao, que son de Rianxo eran os seus amigos.
B) Eduardo Pondal e Aurelio Aguiirre eran os seus amigos.
9-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Os dous poetas de ideais progresistas e case revolucionarios, que compartían con Rosalía, participaron activamente en actos políticos de obreiros e estudantes como o chamado banquete de Conxo.
B) Os seus amigos conservadores, ideas que compartía Rosalía, propugnaban á volta ao Antigo Réxime, cunha monarquía centralista e unha sociedade estamental.
10- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Rosalía tiña unha ideoloxía liberal e progresista, filla dun século, o XIX, de profundos cambios ideolóxicos na sociedade.
B) Rosalía, como muller que era nun tempo sen igualdade, tiña unha ideoloxía máis ben conservadora como logo comprobaremos na súa obra.
11- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) Aurelio Aguirre chegaría a ser un poeta famoso en castelán que, a pesar de ser amigo de Rosalía, sempre criticaría o seu afán por escribir en galego.
B) Aurelio Aguirre, amigo íntimo de Rosalía, foi poeta que inflúe na nosa poeta , pero non puido coñecer apenas a obra en galego da autora porque se suicidou na praia de Orzán á idade de 25 anos.

RELACIÓN CON MANUEL MURGUÍA
12-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Rosalía non tivo nunca unha actitude emprendedora, proba delo é que en canto chega a Madrid casa con Murguía.
B) Rosalía chega a Madrid con intención de ser escritora, grazas á publicación do seu primer libro en castelán La flor, din que coñeceu ao seu home Manuel Murguía.

13-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A) A partir do casamento Rosalía vai ter unha dependencia total con respecto ao seu home, de feito o matrimonio cambiará de residencia en función do traballo de Murguía e mais adiante, ao ter un gran número de fillos, imposibilitará o seu desenvolvemento como autora.
B) Rosalía despois de casar vai estar máis limitada para exercer como escritora, pero nunca deixará de escribir, ademais vai haber momentos, especialmente os primeiros anos de casada nos que viaxará soa a Compostela, por exemplo para ter a súa primeira filla, Alexandra .

14- CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Murguía apoiará a Rosalía para que escriba e publique en galego, pero será a autora a que desenvolva autonomamente o seu primer poemario en galego Cantares Gallegos.
B) Murguía impuxo os seus criterios á hora de escribir en galego, proba delo é que Rosalía tamén escribiu en castelán.

DE CANTARES GALLEGOS
15-CAL DAS DÚAS É VERDADE?
A)Sobre a obra de Cantares gallegos dise tradicionalmente que foi feita ás presas e dun xeito espontáneo, de aí o seu pouco valor con temas relacionados gran parte co costumismo e o folclore e a gran diferenza coa outra obra en galego: Follas Novas.
B) Os Cantares gallegos foi unha obra pensada e deseñada baixo un modelo e un estilo que xa aparecía na obra de Sarmiento, onde se fai un canto á dignidade de Galicia, das súas xentes e da súa lingua facendo uso da tradición oral, unha obra distinta a Follas Novas, pero dun valor equiparable.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 23-05-2013 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0