Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NORMALIZACIÓN e NORMATIVIZACIÓN

NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA consiste nun conxunto de medidas e cambios que deben ter lugar para que o uso da lingua dun territorio xeográfico determinado chegue a todos os ámbitos da sociedade e as funcións habituais de calquera idioma.

Para que se produza un proceso de Normalización tanto deben adoptarse medidas por parte da Administración, como realizar cambios ou hábitos das persoas e da cidadanía no seu conxunto. Ambos, cidadáns e goberno, deben traballar á par para poñer en marcha leis que favorezan e promocionen a lingua, como tamén asentar e manter o compromiso de cada quen á hora de usar
máis a lingua, no noso caso o galego.

Fixémonos na gráfica 3 que axuntamos no que se observan algúns dos progresos logrados despois da morte de Franco e aprobada a oficialidade do galego e da súa introdución nas escolas.

NORMATIVIZACIÓN: O ESQUELETO DA FALA
Para que aumente o dominio do uso do galego non só debe darse un proceso de Normalización, cómpre que xogue o seu papel a Normativización da nosa fala.

Normativización é o asentamento ou fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos que se poidan aprender e difundir (nas escolas, na TV, etc...). Unhas regras ou normas que a lingua precisa para que a fala non se vaia diluíndo e diversificando, tendencia que de non freala podería acabar facendo que desapareza. A norma é o esqueleto da lingua, as regras que indican que é correcto e que non o é á hora de usala. Que haxa unhas regras ou normas, non implica nin nega a posibilidade da existencia de diferentes variantes á hora de utilizar a lingua.

Actividades

- Completa o esquema das distintas normativas que se deron no galego dende o século XIX (na época de Rosalía) ata chegar á actual do galego estándar no 2003. Podes consultar o libro de texto na páxina 115 no poderás coñecer añgunah das características de cada un dos catro modelos:

Galego popularizante (época de Rosalía de Castro, Curros, Pondal)
Galego enxebrizante (na época das Irmandades da Fala e de Castelao).
Galego protoestándar (na época de Celso Emilio Ferreiro, ata 1970)
Galego estándar (de 1982 a 2003 os autores actuais: Manuel Rivas, Elena Gallego Abad, Lara Dopazo)
Comentarios (4) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 26-01-2021 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
A SITUACIÓN DO GALEGO HOXE

O ano pasado estudamos o decenso do uso do galego no século XX, como a lingua dos nosos bisavós e bisavoas, tamé a dos nosos avós e avoas sufriu un retroceso debido fundamentalmente ao Franquismo. A represión exercida durante os 40 anos da Ditadura de Franco coincidiu cunha forte desruralización e unha pegada moi importante de medios de comunicación como a radio e a TV que contribuíron a pretixias ao castelán e asentar prexuízos sobre o galego.

A volta da Democracia permitiu que se comezase a traballar nun proceso de Normalización tanto a nivel social que defende o seu uso en todos os ámbitos da sociedade, como a administraciónque legaliza o galego como idioma oficial en Galicia e o seu estudo nos centros escolares. A pesar dos esforzos o proceso de Normalización non está concluído.

ANALIZAR A SITUACIÓN ACTUAL A TRAVÉS DE GRÁFICAS

Observa o gráfico de máis arriba podemos indicar varais cuestións importantes que sucederon a finais do séculos XX, tras da volta da Democracia.

Sobre a lingua inicial:
1ª Non se frea a tendencia a perder o galego como lingua inicial ou primeira lingua entre as familias galegas (no ano 1992 falábase máis galego que no ano 2003)
2ª Pola contra o castelán medra en número de falantes neste período entre a xente máis nova.
3ª Aumenta tamén o número de falantes bilingües.

Sobre a lingua e o lugar de residencia no ano 2003:
1ª o galego é o idioma máis falado, pero só nos lugares ccon menos poboación, é dicir en territorios do rural.
2ª Nos núcleos urnamos con máis de 50.000 habitantes o castelán avantaxa ao galego como idioma de uso.
3ª Nas vilas de máis de 10.000 habitantes ou núcleos de poboación de menos de 50.000 o galego segue sendo a lingua maioritaria, pero cunha forte presenza xa do castelán.

ACTIVIDADES;
Máis datos noutros gráficos

- Na entrada sobre os conceptos Normalización Normativización poderás atopar outro gráfico sobre o dominio do galego entre 1992 e 2003. Procura facer un comentario semellante ao anterior contrastando os datos que se ofrecen nese gráfico.

Comentarios (2) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 26-01-2021 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Non esquezas pedirllo ao Apalpador!

Imos deixar xa no blog o anuncio desta lectura que comezaremos na aula despois das vacacións, pero que podemos pedirlla xa ao Apalpador neste Nadal.

Aproveito para desexarvos un feliz ano 2021!
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 20-12-2020 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
DE CARA A 1ª AVALIACIÓN

CONTIDOS PARA 1ª AVALIACIÓN

UNIDADE 1

LINGUA E SOCIEDADE: Estereotipos e prexuízos no libro podes velo na páx, 22 e 23.
- Como nacen os prexuízos?
-Identificar prexuízos nun texto.

Gramática: Algo de gramática para empezar
As frases tipos de frases páx 24-25
(ou no blog das palabras ás frases.

UNIDADE 2
O nome das cousas: A Música. páx.40
Denotación e connotación. páx. 41

Lingua e sociedade : Interferencias lingüísticas. Definición. O conflito lingüístico (o caso do galego). Clasificación das interferencias Fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, ortográficas e léxicas (identificar exemplos) páx. 42-43

GRAMÁTICA: Estrutura do substantivo páx 44.
Estrutura morfolóxca do verbo páx. 45.
Repaso do Xénero e número do substantivo

Identificar e distinguir: preposicións e adverbios

LITERATURA: A lírica. Características do xénero.
A lírica galega popular e culta páx. 46-47.

Lírica medieval no blog:
-O romance de Don Gaiferos (tradición oral popular)
-As cantigas da lírica medieval (identificar distintos tipos)

Repaso das etapas da Historia da Lingua Galega


UNIDADE 3

O nome das cousas: Sufixos e prefixos (páx.61).

LITERATURA: Ritmo e Rima. (páx.66-67)
Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2020 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
REPASO DAS VOGAIS E DO XÉNERO E O NÚMERO de SUBSTANTIVOS

XÉNERO E NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS
Podes consultar no seguinte enlace sobre o xénero e o número dos substantivos

CALES SON AS 7 VOGAIS DO GALEGO?
Antes de deixar isto aquí, imos lembrar o tema das 7 vogais do galego:





Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 19-11-2020 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Preposicións - adverbios e FRASES

Un enlace para consultar as preposicións en galego, darlle un repaso aos adverbios e finalmente comezar a traballar coa sintaxe das frases.
- PREPOSICIÓNS- ADVERBIOS E FRASES
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 09-11-2020 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURA DA PRIMEIRA AVALIACIÓN

OS HORIZONTES DE ADAR de Xoán Babarro

Unha novela qe nos permitirá adentrarnos ademais de na propia tranma do libro na estrutura dunha obra narrativa.

A obra de 19 capítulos teremos que resumila capítulo a capítulo a medida qu ea vaiamos lendo e logo realizar unha proba de lectura.

Debemos ter lido o libro para esa proba o día 27 de novembro.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 08-11-2020 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
1º AVANCE DO 2020-2021
UNIDADE O: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

- Como nace unha lingua?

UNIDADE 1: HISTORIA DA LINGUA GALEGA
LINGUA E SOCIEDADE: Panorámica da Lingua Galega.
- As raíces da nosa lingua.
- O nacemento e esplendor medieval do galego.
- Séculos Escuros e Rexurdimento.
- Século XX e XII

LITERATURA:-Romance de Don Gaiferos de Mormaltán

OS NOMES DAS COUSAS:
- A formación de palabras, familia léxica e campo semántico. Sinonimia e antonimia páx. 10 do libro.

ORTOGRAFÍA: Os signos de puntuación páx. 11 do libro.

ALGO DE GRAMÁTICA:

- Tipos de palabras páx. 11 do libro e no blog

- Repaso dos verbos regulares no blog.

- A estrutura da oración: O suxeito, o predicado e os seus complementos (I) páx. 11 do libro.

- Palabras patrimoniais e cultas páx. 21 do libro.


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2020 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
REPASANDO ALGO DE GRAMÁTICA

Imos, en primeiro lugar, repasar a gramática do curso pasado co obxectivo de afondar e mellorar no noso coñecemento do galego normativo e nun uso axeitado do mesmo:

Tipos de palabras: identificar nun texto as palabras variables e invariables para logo clasificalas.

Substantivos e adxectivos: xénero e número.

Ás voltas cos adxectivos


Verbos regulares e as súas alternancias.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 15-10-2020 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
ROMANCE DA HISTORIA DA LINGUA

Imos logo co primeiro proxecto do curso encher de contidos a Historia da nosa lingua dende as súas raíces ata hoxe.

Para realizar este proxecto botaremos man dun romance. Despois de traballar co romance máis antigo do noso idioma imos coñecer outro máis moderno quenon é anónimo, é de Darío Xohán Cabana e trata sobre a Historia da nosa lingua. Ímolo dividor en catro partes para podelo ir analizando e comentando aos poucos.

ROMANCE DA LINGUA:
1- As raíces da nosa lingua.
2- O nacemento do galego.
3-Os Séculos Escuros e o Rexurdimento.
4-Século XX e XXI

5- Un esquema para estudar Nesta entrada tamén podes consultar nun enlace dous mapas interactivos moi interesantes sobre os períodos da Romanización ata o século XV e dende o nacemento do galego ao século XX.
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2020 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0