OS PRONOMES EN GALEGO nos que temos que distinguir os pronomes que poden funcionar como adxectivos daquelos outros que nunca poden aparecer como adxectivos e que os chamamos PRONOMES PERSOAIS.
Supoñamos que hai catro persoas galegas e das catro persoas hai unha que non fala galego...
1- Por que falar en galego cando hai alguén que non o fala non é de mala educación?
Argumenta con alomenos tres razoamentos ben expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar galego cando hai alguén que non o fala.
Preguntas sobre a lectura do Capítulo 5 de EN GALEGO, POR QUE NON?
Despois de ler o capítulo titulado: Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura:
1- É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil? Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2- Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes?
3- Por que a un polaco lle pode resultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4- Seica a franceses, británicos , españois e estadounidenses lle resulta máis complicado aprender outros idiomas? Como se explica?
5- Unha cousa curiosa, por que cres que os galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as razóns obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6- O autor do libro fai referencia a unha gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que "usa un castelán tinguido de galego"?
8- Seguindo o reto que nos plantea o autor imos poñer en castelán correcto o seguinte texto dun home que fala sobre a situación que estamos pasando:
Érache boa! Madia leva, namentras non haxa unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas, faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou galopin que sexa. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar. Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír botar o cosco.
9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):
CUESTIONARIO TRAS DA LECTURA DO CAPÍTULO 6
1-Explica coas túas palabras (nun texto 15 ou 20 liñas) por que o Proceso de Normalización lingüística que vivimos en Galicia non é un proceso de imposición.
2- Cres que este Proceso de Normalización está rematado? Razoa e argumenta debidamente a resposta.
3- Sabías que actualidade aprender o español na escola é un dereito e un deber, pero aprender galego só é un dereito, non temos o deber de aprendelo? Cres que esta diferenza é axeitada tendo en conta o último parágrafo do capítulo 6 que acabamos de ler? Razoa a resposta.
Cal é o punto de partida deste último anuncio de Vivamos como Galegos? Quen o protagoniza este ano?
Falando de futuro lembrade estoutro anuncio:
Cal é a tradición maís popular do noso Nadal?
O canto de panxoliñas é unha das manifestacións tradicionais máis común en todo o territorio de Galicia.
Panxoliñas, vilancicos, manueles, aguinaldos, cantar os reis son algunhas das denominacións tradicionais que nos indican a diversidade de cantos que teñen unha temática tam´ne moi semellante. Despois de escoitar o exemplo que puxemos. Cal cres que será?
UN APUNTAMENTO SOBRE O IDIOMA NAS CANTIGAS DE NADAL
O idioma galego era usado nos vilancicos do Renacemento e do Barroco nas catedrais de Lisboa, Zaragoza ou Toledo e o idioma dalgúns cantos de Nadal tradicionais en Galicia pola contra se conservan en castelán.
Por que?
Por influencia dunha liturxia que os curas exercían en castelán aínda sendo galegos porque eran os cantos relixiosos eran textos sacados dos evanxeos e estes estaban escritos en castelán.
ACTIVIDADES
1-No capítulo segundo debes cubrir un pequeno recadro que aparece na páxina 29 antes de seguir lendo.
2- Despois de ler e resumir o capítulo 2 podes ir respondendo en base a ese cadro as seguintes cuestións:
3- Que teñen en común as linguas da primeira columna? E que comparten as da segunda?
4- Como se orixinaron as palabras bárbaro e bérbere? Cal é a etimoloxía da palabra algarabia?
5- Lembras algunha película, ademas da que se comenta na lectura, onde existan prexuízos lingüísticos evidentes? Explica polo menos un caso.
6- Existen linguas que soan ben e linguas que soan mal? Argumenta ben a resposta, pensa que un dos obxectivos desta lectura e ser quen de responder aos prexuízos con razóns e argumentos claros e contundentes.
OS NOMES DAS COUSAS:
- Palabras cultas e patrimoniais páx. 21 do libro
-Os instrumentos populares páx. 40 do libro e no blog
- Denotación e connotación páx. 41
Botémoslle unha ollada rápida á nosa lírica medieval, foi produto dunha época de esplendor cultural e nun contexto no que o galego era unha lingua normalizada. Este proceso tivo, como é lóxico, un período previo de desenvolvemento grzas á tradición oral autóctona que non madurou ata que chegou a escrita, proceso asociado ao Trobadorismo, é dicir, a unha moda de literatura culta que chegou a nós grazas ao Camiño de Santiago nun proceso de intercambio cultural cos reinos francos.
TRABALLO DE CREACIÓN: Convértete en protagonista dunha cantiga de amigo (se es unha moza) ou dunha cantiga de amor (se es un mozo). Poñemos a continuación un par de exemplos do que se pode facer a partir das cantigas de amigo de Martín Códax.
Neste repaso imos lembrar o que hai que aprender do verbo en galego.
As 3 conxugacións, os 3 modos, os 10 tempos (6 de indicativo, 3 de subxuntivo e o Imperativo). Lembrar tamén as formas non persoais do verbo e o noso infinitivo conxugado.
O 80% dos verbos son verbos regulares polo que é moi doado aprender a estrutura de modos e tempos para poder conxugalos con soltura. Podes consultar o enlace seguinte coa conxugación de distintos modelos de verbos regulares
O léxico básico dos instrumentos da música tradicional galega
CANTOS GRUPOS DE MÚSICA GALEGA COÑECES?
Sabes o nome de dez grupos galegos, que fagan ou fixeran música en galego? Seguro que che resulta difícil nomear máis de cinco.
Para que non nos pase iso, que saibamos do noso, que poidamos presumir da nosa cultura e de como calquera outra ten música de todos os estilos e gustos posibles imos desenvolver ao longo deste curso un traballo sobre a música galega, entendendo como música galega a que se fai e canta en galego ou que manifesta conexión coa nosa terra.
ACTIVIDADES
Comecemos pola música tradicional ou popular:
1- Cal é unha das pezas máis antiga da nos amúsica tradicional? Realiza as actividades do en lace que segue sobre esta peza tradiciónal anónima que posiblemente sexa unha das máis antigas que se conservaron por tradición ata que pasou a formar parte dun cancioneiro. Coñece a súa historia: O ROMANCE DE DON GAIFEROS DE MORMALTÁN