 Dentro da campaña que ten que ver co lema do curso "Respectamos a nosa identidade" traballamos en Sociolingüística sobre o USO DA LINGUA DOS NOSOS AVÓS.
O primeiro realizamos unha enquisa básica recollendo datos como o idioma, a data e lugar de nacemento e oficio dos nosos bisavós, avós e pais para logo preguntarmos polo idioma que falaban ou falan e pola lingua máis empregada por nós mesmos hoxe e responder cos datos de toda a clase na man ás seguintes respostas:
1- Por que os nosos bisavós falaban galego maioritariamente? (Dá unha resposta razoada con tres argumentos ben expostos).
2-Por que os nosos avós falan máis galego? Debemos fixarnos que moitos naceron antes da guerra (1936), pero que logo viviron o Franquismo.
3- Por que os nosos pais e nais pola contra e en xeral falan máis castelán segundo os resultados das enquisas? cales cres que son os motivos?
4- Cres que os nosos pais/ nais escolleron libremente o idioma que falan? Argumenta convenientemente a resposta.
5- Por que nós non usamos a lingua dos nosos avós e non falamos máis galego? Procura tres ou catro argumentos ben razoados. |