 Constrúe un texto narrativo a partir desta viñeta e usando como elementos referenciais o que xa sabes sobre a morte e a tradición en Galicia. Escolle con esmero para esta historia o seu final, pensa logo tamén o ton, o ritmo máis axeitados, aqueles que che permitan poñer en práctica e amosar no texto creado as túas destrezas literarias máis sutís e deleitosas.
Has de reflexionar sobre a voz narrativa que vas usar, de entre as varias posibles e, claro está, o/a ou os/as teu(s)/túa(s) protagonista(s). Podes usar a descrición de espazos e o diálogo de personaxes, ou se cadra botarás man dunha narración sen máis. Pero enche o texto de recursos estilísticos que fagan o texto atractivo e intenso. Un consello esencial: Debes coidar a ortografía, pasarlle o corrector e procurar non ter nin unha soa falta. Sorpréndenos!
NOTA DE INTERESE: Esta pequena obra poderá sumarche un punto nesta avaliación a túa nota mais só haberá tres textos seleccionados por aula canxeables por unha das preguntas do próximo exame de galego. Anímate a probar sorte! |