Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS (II) AS RAÍCES DA HISTORIA DA LINGUA

Galicia entrou na historia grazas aos Romanos que viñeron á conquista deste territorio ao que denominaron GALLAECIA.

Pero Gallaecia é un nome de orixe céltica
imos saber que significa.

Cuestións: Despois de ver o seguinte vídeo responde:

1- Como sería orixinalmente a raíz do nome que logo dará o topónimo de Gallaecia?
Fíxate que significa a raíz kal- á que se suma o sufixo - aic-/ -aec:

2- Ademais procura saber por que o galego forma parte dun privilexiado 5% entre as linguas do mundo?



AS RAÍCES DA LINGUA

Gallaecia puído ser o primeiro nome co que se denominaron a si mesmos os habitantes desta Terra dos Castros. Fose este nome ou non o certo é que antes da chegada dos romanos aquí había unha cultura, a primeira civilización desta terra na que atopamos restos de distintas linguas.

Imos estudar brevemente os conceptos das Linguas de Substrato e das de Superestrato do galego, é dicir, as que se falaron antes do latín e as que se falaron despois do latín, pero antes de nacer o galego.

AS ORIXES

I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.

II- Antes do galego, GALLAECIA: Os romanos chegan ao noso territorio cara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia, que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. A nosa lingua nai, o latín substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego.

III- GALICIA, o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome dado antes polos romanos e seguirá falando latín con certas aportacións denominadas de superestrato de orixe xermánica.Tamén teremos un superestrato árabe de menor incidencia.

Para podelo sintetizar mellor bótalle un ollo ao seguinte esquema sobre as raíces da lingua galega.

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 19-09-2022 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0