Para os alumnos/as que teñan pendente algunha avaliación deberán realizar unha proba de recuperación cos seguintes contidos:
LÉXICO
Unidade 9
O teatro páx. 204 do libro.
Os xentilicios páx. 205 do libro
Toponimia: Tres clasificacións dos topónimos
GRAMÁTICA
Repaso do verbo en galego. Imos preguntar: Verbos irregulares (ademais do blog podes velos no anexo do 3º trimestre do libro)
Repaso de Colocación de pronomes átonos
LINGUA E SOCIEDADE / EXPRESIÓN E ORTOGRAFÍA
O galego estándar páxina 174-175
En galego, por que non?
Lembra os títulos e os prexuízos que aborda e cales son os argumentos para reflexionar e combatelos:
- Capítulos 3-4: Porque aprender galego é unha perda de tempo, se todos falásemos inglés...
- Porque non todos o falamos, e facelo cando hai alguén que non o fala é de mala educación.
- Capítulos 5-6-7: Porque non o damos falado ben.
- Porque é unha lingua imposta.
- Porque é unha lingua minoritaria.
- Capítulos 8 e 9 : Porque non o fala ninguén. pero en galego, por que non?
- Lembra o que nos dixo o autor no Encontro con autores que tivemos: O galego é unha oportunidade.
LITERATURA
Unidades 8 e 9
O xénero dramático páx 178-179
O texto teatral e a súa estrutura páx.202-203
LETRAS GALEGAS 2022:
Florencio Delgado Gurriarán: Vida e obra.
PLAN LECTOR
O achado do castro de Manuel Núñez Singala
|