Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UNHA POETA SEN FRONTEIRAS

1ª De quen son estes versos?
Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena.

Tocaban as gaitas.
ó son das pandeiras
bailaban os mozos
cas mozas modestas.

Nas porta dos ricos,
nas portas dos pobres,
que aquestes cantares
a todos responden

Que feira rapaza
si cantas faremos...!
festiña por fóra,
festiña por dentro...

Canta si queres,
na lengua que eu falo,
dareiche un mantelo,
dareiche un refaixo...

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.


2ª Que influencia ou fonte clara amosan estes versos? Para responder podes ter unha pista se pensas na cantiga “Terra” da Tanxugueiras.

3ª Teñen estas coplas algún parecido coa cantiga das pandereteiras actuais? Indica as que vexas.

4ª Por que cres que escolle como interlocutora a unha rapaza?

5ª Imos descubrir a seguir o por que da imaxe que encabeza esta entrada. Procura establecer unha resposta razoada.

Para poder responder bótalle un ollo a estes dous vídeos e razoa con cal dos dous se identificaría máis Rosalía:





Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 22-02-2022 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0