 REPASAMOS DO CURSO ANTERIOR:
A COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS
En cinco pasos imos repasar esta cuestión fundamental:
O pronome átono nunca pode encabezar un enunciado, polo que o seu lugar habitual é detrás dun verbo:
- Quérote!
PERO HAI 4 CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:
1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
(non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)
2- Cando vai nunha subordinada (cun que, porque ou se): (dixo que te amaba, se te quixese, porque te quería).
3- Cando vai cun pronome interrogativo ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!
4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (algo, alguén, todos...) e adverbios só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara sempre te quixo). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.
|