No mes de outubro, no comezo do curso, falamos de música en galego e comezamos por unha serie de pezas e grupos de música tradicional entre as que estaban Tanxugueiras, antes de que fosen nominadas para participar por unha plataforma nas redes sociais e de que finalmente aceptasen tomar parte do Benidorm Fest.
Despedímonos no mes de decembro coa peza TERRA que empezaba a soar, e despois da semifinal, traballamos sobre a letra e mesmo descubrimos que en Marín había unhasTeixugueiras, que vén sendo o mesmo microtopónimo que Tanxugueiras, nome do grupo.
Finalmente nas casas asistimos ao decepcionante e impresentable desenlace da final. O pasado luns, pensando sobre todo na cantidade de rapaces e rapazas que viron o espectáculo televisivo e que son conscientes das irregularidades que se cometeron ante millóns de persoas, falamos do tema e sacamos estas conclusións:
- As Tanxugueiras deberían ser as gañadoras.
- RTVE debería aclarar, como canle pública que é, as circunstanciasvergonantes que rodean as votacións de dita final.