As cantigas galaico-portuguesas estaban entre os "40 principais" da época a partir da difusión escrita que propiciou o Camiño de Santiago polas cortes de media Europa. Triunfaron os xograres e trobadores galaicos non só na súa terra e nos reinos do resto da Península, chegaron a ser requeridos e imitados nas cortes máis importantes do resto de Europa.
Había, entre outros modelos, tres tipos de cantigas principais:
Cantiga de amigo posta en boca dunha muller que falaba da súa desesperación pola ausencia do namorado.
Cantiga de amor, posta en boca dun home que cantaba as belezas da súa namorada e declaraba canto a amaba.
Cantigas de escarnio e maldicir, cantigas satíricas coas que metían ben cunha persoa ou cun mal proceder das persoas.
Tamén foron moi coñecidas as Cantigas de Santa María que se dedican a un tema relixioso para louvanza ou narrar aos milagres da Virxe.
CUESTIÓNS:
1- Tendo en conta a clasificación anterior, escoita as seguintes cantigas e indica a que tipo de cantiga pertence cada unha. Fíxate ben no que din os textos que están en galego-portugués medieval, claro.