 ONDE VIVO EU?
Imos traballar coa Toponimia, os nomes dos lugares, cos que nomeamos o territorio.
Que significa esta palabra que vén do grego?
τόπος (tópos, «lugar») e ὄνομα (ónoma, «nome»)
Pois has de saber que Galicia conserva máis de 2.000000 de topónimos, un patrimonio enorme a conservar.
O obxectivo logo será contribuír ao coñecemento, difusión e conservación deste gran legado, parte do noso patrimonio, un tesouro por descubrir.
Imos comezar por entender que hai dous tipos de topónimos:
- Macrotopónimos: Nomes de concellos, por exemplo.
- Microtopónimos: Nomes de fontes, leiras...
Logo Galicia ou o nome das Provincias nas que se divide son macrotopónimos.
Tamén sabemos que as provincias podemos dividilas en concellos.
Pero os concellos podemos dividilos á vez en parroquias:
- Que é unha parroquia? Bótalle un ollo a división por parroquias do concello de Marín.Trátase dunha división do territorio moi antiga entre política e relixiosa, por iso a cada parroquia se adscribe unha advocación dun santo ou da virxe (data do século VI no que Teodomiro un rei suevo da Gallaecia fixo o Parroquiale Sueborum).
A palabra parroquia tamén ten que ver co grego:parochia paroikesis "veciñanza" de παρά (para: arredor de) e οἶκος (oicos:casa)
ACTIVIDADES A REALIZAR:
1- En que concello vivo eu?
2- En que parroquia está a miña casa?
3- As parroquias tamén se dividen en lugares. Imos ver un exemplo dun lugar. O nose colexio está no concello de Marín, na parroquia de Mogor e no lugar de Chan do Monte.
Averigua como se chama o lugar onde está situada a túa casa, non a rúa, o lugar.
4- Logo procura coñecer ata 10 lugares máis que sexan colindantes, que estean arredor do lugar onde ti vives.
(CONTINUARÁ)
|