Ao tratar os prexuízos lingüísticos caemos na conta de que tamén existen outros prexuízos que podemos combater, que é necesario combater, no día a día.
Hoxe 25 de novembro querémonos facer eco dunha actividade que fixemos o ano pasado. Era definir as palabras machista e feminista.
Hoxe toca dar un paso máis traballando contra os micromachismos, o primeiro paso da violencia de xénero.
Pero que son os micromachismos?
Localicemos no noso arredor, no noso día a día cinco exemplos de micromachismos...
e logo propoñámonos acabar con eles, elaboremos un decálogo en forma de vídeo para que os nosos compañeiros e compañeiras poidan tamén colaborar nesta causa xusta e necesaria. |