As Cantigas de Santa María son dentro da lírica galaicoportuguesa a manifestación relixiosa do conxunto desta expresión literaria que conforma o esplendor ou idade de ouro da historia da Literatura galega.
As composicións promovidas por Afonso X o Sabio das que el é autor dun número importante, foron realizadas por distintos especialistas e reproducidas nun marabilloso códice coa súa música e preciosas ilustracións, unha verdadeira xoia.
As cantigas narrativas que son as máis numerosas describen un milagre atribuído á Virxe María.
As cantigas de loor, pola contra son himnos de loanza a Sta. María.
Un exemplo de Cantiga de Sta María narrativa sería:
- 13 -
Esta é como Santa Maria guardou o ladron
que non morresse na forca, porque a saudava.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.
E porend' un gran miragre vos direi desta razón,
que feze Santa Maria, dun mui malfeitor ladron
que Elbo por nom' avia; mas sempr' en ssa oraçon
a ela s' acomendava, e aquello lle prestou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.
Onde ll' avo un día que foi un furto fazer,
e o meiryo da terra ouve-o log' a prender,
e tan toste sen tardada fez-lo na forca põer;
mas a Virgen, de Deus Madre, log' enton del se nenbrou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.
E u pendurad' estava no forca por ss' afogar,
a Virgen Santa Maria non vos quis enton tardar,
ante chegou muit' aga e foil-ll' as mãos parar
so os pees e alçó-o |assi que non ss' afogou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.
Assi esteve tres dias o ladron que non morreu;
mais lo meiro passava per y e mentes meteu
com' era viv', e un ome seu logo lle corregeu
o laço per que morresse, mas a Virgen o guardou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.
U cuidavan que mort' era, o ladron lles diss' assi:
«Quero-vos dizer, amigos ora por que non morri:
guardou-me Santa Maria, e aque-vo-la aqui
que me nas sas mãos sofre que m' o laço non matou.»
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.
Quand' est' oyu o meiro, deu aa Virgen loor
Santa Maria, e logo foi decer por seu amor
Elbo, o ladron, da forca, que depois por servidor
dela foi senpr' en sa vida, ca en orden log' entrou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.