 Imos realizar un cadro coma este onde se faga unha gráfica coa árbore filolóxica de 2º ESO A e 2º ESO B.
Procuramos os seguintes datos nas nosas casas:
Que lingua falaban os nosos bisavós/as entre eles e cos seus fillos/as?
Os nosos avós e avoas que lingua falan ou falaban entre eles? Cal empregaban cos seus fillos/as?
Que lingua falan os meus pais entre si? E cando falan comigo?
En todo caso se usan dous idiomas debes valorar cal dos máis é o maioritario e cal é usado en menor medida do seguinte modo:
Só galego:
Máis galego:
Máis castelán:
Só castelán:
|