Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Probas de setembro
Colgamos a seguir varios modelos de probas para preparar os exames de setembro:

1ª AVALIACIÓN

1- LÉXICO DA CASA:Unha ilustración dunha casa á que hai que colocar nomes.
Que significan: falar non ten cancelas, alborotar o cortello.
2- ORTOGRAFÍA (h): Coloca o h onde debe levalo:

_onte _atopei a _enrique, o curmán de _elena, no _ipermercado. _abía xa ben _anos que non o vía.
Díxome que pasara uns meses _orribles, pois estivo no _ospital con _epatite. Pobre _ome! Non tivo unha
vida fácil: era de familia _umilde e, por riba, perdeu as terras dos pais por non sei que problemas coa
_erdanza. Agora vive nunha casa de _óspedes na rúa do _órreo.



3- Homonimia e polisemia: explica os dous conceptos con dous exemplos de cadansúa definición.
Sinonimia e antonimia: explica os dous conceptos con dous exemplos de cadansúa definición.

4- LINGUA E SOCIEDADE: Redacta un texto no que expliques: As raíces da lingua ata o seu nacemento.

5- Historia da Lingua: Redacta un texto no que expliques: O galego na Idade Media.

6- Historia da Lingua: Redacta un texto no que expliques: Os Séculos Escuros e o Rexurdimento.

7- Historia da Lingua: Redacta un texto no que expliques: O galego no século XX.

8- GRAMÁTICA: Que quere dicir que as palabras son variables ou invariables? Enuncia as distintas clases de palabras e pon un par de exemplos de cada unha.

9- LITERATURA: Define a lírica e logo indica os tipos de estrofa que aparecen os seguintes exemplos, indicando as súas características:






10- LINGUA E SOCIEDADE: COMUNICACIÓN: Indica o nome das familias lingüísticas maiores do mundo e un par de linguas pertencentes ditas familias? Quen é o pai/nai do galego e cal o avó ou avoa da nosa lingua? Cales son as linguas non indoeuropeas de Europa? Que son as linguas romances? Porque a linguas nos fan humanos? Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais?. É o galego unha lingua milenaria? Que quere dicir que o galego forma parte dun selecto 5% de linguas do mundo?

COMPRENSIÓN LECTORA: A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal. Se o galego quere ser máis que habitante dun territorio, se arela ser un factor de universalidade e de cosmopolitismo, soamente co emprego da lingua propia, obra da natureza, poderá selo. Arrenegando da lingua terá que avergoñarse sempre de si mesmo. Creando valores na lingua propia, axiña seremos universais? Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo...
Antón Vilar Ponte, Pensamento e sementeira

Somos galegos só por nacer en Galicia? Razoa a resposta botando man das palabras do texto.

OUTRA PROBA DA PRIMEIRA AVALIACIÓN

1- LINGUA E SOCIEDADE: Historia da lingua: enche os espazos en branco ( dunha ilustración dos períodos da historia da lingua galega que esta no blog) cos conceptos que correspondan.

2- EXPRESIÓN E LINGUA: Explica coas túas palabras: o Ecoloxismo Lingüístico, o autoodio, o prestixio social e unha lingua minorizada.

3- LÉXICO/ EXPRESIÓN: Define e pon dous exemplos de HIPÓNIMOS E HIPERÓNIMOS, que é un COHIPÓNIMO?

4-GRAMÁTICA: Indica se os seguintes substantivos teñen xénero masculino ou feminino:
Traxe, correaxe, ponte, alcume, dose, epatite, tose, arte, teitume, efe, árbore, costume, til, personaxe,
- Escribe o feminino das seguintes palabras:
Bailarín/lacazán/ varón/escritor/refén/intérprete/estudante/ancián/aldeán/cidadán/elefante/ guepardo/sobriño/ Afgán /insán/

-Escribe o plural das seguintes palabras:
Martes/lentes/marroquí/rei/candil/anís/pel/chuchamel/túnel/control/zulú/aerosol/cartafol/oasis/dolmen

5.Pon un exemplo do grao positivo, comparativo e superlativo.
Escribe QUE, CA, DO QUE, COMO, COMA nas seguintes oracións:
Eu prefiro que veñas pola mañá _____pola tarde.
Iso non cho cre ninguén máis _____ os teus amigos de sempre.
Sempre foi máis listo_______parecía.
Tes menos parecido a min_____a túa nai.
Era tan boa persoa _____ min.
Hai máis distancia a Madrid____ A Coruña .
Chorou e patexou tanto ______ puido.
Fai mellor a cama ________ vós poidades imaxinar.

6-ORTOGRAFÍA:Distingue habano/abano/como se escribe: estraño/ extrano. Escribe con S/X ou N/ - / Ñ:

PON N/ Ñ ou /-/
anta. . . . .o/ veci. . . . .o/ esca. . . . .o/ mesqui. . . . .o
ame?.aza/ enga. . . . .ar/perso?a/ peregri. . . . .o
aloumi. . . . .o/ pesta. . . . .a/caba. . . . .a/ do?azón
porci. . . . .o/ estorni. . . . .o/ pi. . . . .a/ ca. . . . .ón


PON S/X: eli_ir, fu_ir, e_pontáneo, e_tran_eiro, e_tender, e_plo_ión, e_ten_ión,
e_po_ición, en_alzar, corni_a, e_cavar.



7-LITERATURA: Define a lírica e diferenza a popular da culta.

8-Identifica e argumenta que cantigas son cultas e
e cales son populares nos textos anexos:

9- Cales son os tipos de cantigas medievais cultas.
Que son trobadores, segreis e xograres?

10-En que consiste un paralelismo, unha anáfora, antítese?
Nos textos anexos atopas algún exemplo?

a)Amoriños collín
na beiriña do mar,
amoriños collín
non os poido olvidar;
non os poido olvidar
non os poido olvidar,
amoriños collín
na beiriña do mar.

Anónimo

b) Ai ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.
Ai ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.

Martín Códax


c) Se cantan, es ti quen canta,
se choran, es ti quen chora.

Rosalía de Castro

d) Ven bailar comigo, Carmiña, Carmela,
con zapato baixo e media de seda
con media de seda e media calada
ven bailar, Carmiña, miña namorada.



UNHA PROBA DA SEGUNDA AVALIACIÓN

1-GRAMÁTICA: Como se coloca o pronome átono en galego? Pon exemplos á hora de explicar tamén as excepcións.

2-- Pronomes persoais átonos: enche osocos onde corresponda.
Sempre ... mercou ... nesta tenda as camisas. (te ou che)
Nunca.... escoitei ... as túas cantigas (te ou che).
Lembra de comer pouco pan (te ou che)
Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe (te ou che)
Substitúe o CD e O CI por pronomes:
Deches a comida ás tartarugas?
Sinalei as tarefas aos alumnos.
Pon o funil á botella!
Pedín lentellas ao camareiro.

3-ESCRIBIMOS BEN Distingue adicción/adición acceso/ aceso // valla/vaia faia/falla










5- Que persoa, tempo verbal, modo e voz son: viu, veu, veña, fora, había, sei, soñarei, soñase, ide, fostes.

6- Tipos de pronomes determinantes. Pon un exemplo de cadanseu tipo.

7- LINGUA E SOCIEDADE: O galego e o portugués son a mesma lingua? Razoa a resposta. A Lusofonía en que consiste? Diferenza entre a normalización e a normativización.


8- Indica o nome de cada bloque dialectal e logo di onde se di:





9- LÉXICO: Distingue con exemplos palabras: Homónimas homógrafas e Homófonas. Unha parella de antónimo gradual, outro complementario e outro recíproco.

10- EXPRESIÓN: Redacta tres textos con: Un retrato, unha prosopografía e unha etopea.



DA TERCEIRA AVALIACIÓN

1 e 2: CONXUGA os seguintes tempos: (todas as persoas)
Verbo VER: Pretérito de indicativo e de subxuntivo.
Verbo TER: Antepretérito de indicativo e presente de subxuntivo.
Verbo PODER: Pretérito de Indicativo e presente de subxuntivo.
Verbo IR: presente e copretérito de Indicativo.

3-Identifica os adverbios (locucións adverbiais), as preposicións e as conxuncións que atopes no fragmento.




4-Busca preposicións que sexan iguais ou parecidas a: acerca de: por causa de: xunto de: diante de: á beira de: en favor de: a carón de: a rentes:

Susbtitúe con frases preposicionais: naturalmente, mensualmente, realmente, finalmente, ironicamente.

5. LÉXICO: Completa coa palabra máis axeitada (congostra - ruta - traxecto - verea - camiño ? itinerario)
? Quen perda terá que ir polo . . . . . . . . . . . máis longo.
? Fomos todo recto por unha . . . . . . . . . . . que estaba entre dous prados.
? Meteuse por unha . . . . . . . . . . . para poder acceder, aquilo era moi estreito!
? Descoñeciamos o . . . . . . . . . . . da carreira ata dez minutos antes de que empezase.
? Eu iría por aquí, para min, das opcións que tes, é o . . . . . . . . . . . máis curto.
? Polo monte Xalo fixemos unha . . . . . . . . . . . a pé pero a próxima farémola a cabalo.

6. Completa estes refráns cos adverbios que lles faltan. / Frases feitas e preposicións
? Ollos que . . . . . . . . . . . . . . . . . se queren desde . . . . . . . . . . . . . . . . . se saúdan. / Marchar ...........rabo.............. as pernas
? O moito folgar . . . . . . . . . . . . . . . . . chega a cansar. / Estar .......póla.
? Xantar . . . . . . . . . . . . . . . . . e cear . . . . . . . . . . . . . . . . . sacan a merenda do medio. / Andar ..... xeito.
? Canto máis présa, máis . . . . . . . . . . . . . . . . . .
? . . . . . . . . . . . . . . . . . sabe a anguía, pero . . . . . . . . . . . . . . . . . sabe o que a pilla.
? Están máis . . . . . . . . . . . . . . . . . os meus que os meus parentes.
? Dito sen feito . . . . . . . . . . . . . . . . . ten proveito
? O que come cabrito e cabra non ten, de . . . . . . . . . . . . . . . . . lle vén.
? O rato que . . . . . . . . . . . . . . . . . sabe dun burato, . . . . . . . . . . . . . . . . . o colle o gato.


8- EXPRESIÓN: Comenta os textos desde o punto de vista da sociolingüística e o lido sobre os prexuízos:
?Eu creo que se unha persoa me fala en castelán debo dirixirme eu tamén a ela no mesmo idioma, e se me pregunta por Seijo, Villagarcía de Arosa ou por Sangenjo está no seu dereito.?

?Eu son unha mosa nasida no Morraso e cando falo digho: ghato e ghaliña, arroas e conexo, e non por iso me teñen que andar a disir que son do monte, non si??

9-Que é un topónimo? Que é un xentilicio? Pon tres exemplos.

10-Fai un comentario comparando os datos dos gráficos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2015 07:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0