 Tras da lectura veu o Encontro coa autora do Dragal, Elena Gallego Abad. Foi toda unha experiencia de aproximación á raíz da creación dunha obra. Os motivos escollidos para crear a trama, as intencións da autora. Unha oportunidade para comprender mellor o proceso de creación e compartir impresións entre autora e lectores neste Encontro da Biblioteca de Secundaria do San Narciso que tiveron a fortuna de vivir hoxe os alumnos e alumnas de 2º da ESO.
Houbo tamén un momento para asinar libros e agasallar á Elena coas creacións que na procura do dragón galego se realizaron na aula.
Se queredes ver unha reportaxe máis ampla podedes vela no blog da Biblioteca de Secundaria. |