Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALEGOFONÍA OU LUSOFONÍA ?

Tradicionalmente cando se fala de Lusofonía enténdese o conxunto de lugares que usan un idioma derivado do portugués no mundo. Estamos falando duns 250 millóns de persoas, unha comunidade de países e rexións entre as que cabe incluír para moitos lingüistas aos galegofalantes.

Pois ben, se é certo que Portugal, como estado con lingua propia, foi quen de poñer en marcha a esta iniciativa da Lusofonía en catro continentes, se cadra o nome non é o máis acertado. Hoxe cando o galego xa leva o seu tempo como lingua oficial (aínda que grandemente minorizada) dende Galicia podemos cavilar acerca do nome que tenta potenciar esa comunidade entre linguas irmás como son a lingua galega e a portuguesa.

Por que non empregar Galegofonía en vez de Lusofonía?

Se o galego-portugués naceu na Gallaecia (territorio ao norte do río Douro), esa antiga Provincia do Imperio que logo vai ser reino independente, o primeiro da Idade Media, no que medrará unha lingua distinta do latín cara ao século IX e se esa lingua será logo usada polos dous reinos nos que se divide a antiga Gallaecia ao norte e ao sur do Miño, un denominado Galicia e o outro Portugal no século XII, tería sentido denominar Galegofonía e non Lusofonía o concepto de comunidade de linguas derivadas do galego-portugués, dado que os Lusos son un pobo que habitaba ao sur do Douro, non na Gallaecia e anterior ao nacemento do galego-portugués.

Como conclusión a lingua que falan países como o Brasil en América, Mozambique, Angola ou Cabo Verde en África ou Macau e Timor en Asia, deriva do antigo galego-portugués polo tanto é lexítimo falar de Galegofonía.
Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 23-05-2019 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
PORTUGAL CANTA


Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 14-05-2017 06:35
# Ligazón permanente a este artigo
A PONTE DA LINGUA




Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 04-12-2015 06:57
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA PORTUGUESA NO MUNDO
Que significa lusofonía? Son as comunidades que comparten como norma sistémica a lingua portuguesa, así como aquelas que se identifican como pertencentes (ou que aspiran a pertencer) a ese conxunto cultural.



A lingua portuguesa é oficial en nove países: Portugal, Brasil, Angola, Mozambique,
Cabo Verde, Guinea - Bissau, Guinea ? Ecuatorial, San Tomé e Príncipe e Timor Leste
. Ademais ten o rango de cooficialidade en Macao. (Rexión especial administrativa chinesa).

O portugués comezou a difundirse no Brasil
desde 1500, data da súa conquista por Pedro Alvares Cabral. É a única língua oficial do país desde 1758.

En Angola o portugués é oficial desde a creación do país en 1975. Aínda que esta lingua comezou a espallarse desde 1484, data na que os portugueses chegaron a esta rexión de África liderados por Diogo Cão.

Mozambique recibiu a chegada dos portugueses á súa costa en 1498, nunha expedición de Vasco da Gama. Desde aquela o portugués comezou a ser falado, ata que coa chegada da independencia en 1975, pasou a ser oficial.

Diego Gomes descubriu Cabo Verde en 1456. A pesar de que o crioulo está en proceso de oficialización, a única lingua oficial nas illas ata agora é o portugués, instituído desde a independencia do arquipélago.

En 1446 Álvaro Fernandes chegou ao norte da Guinea ? Bissau. Aínda que o portugués penetrou desde cedo no seu territorio, só pasou a ser oficial en 1975, cando o país acadou a independencia, pois anteriormente durante a colonización era unha provincia portuguesa.

Só no recente ano de 2010, o portugués pasou a compartir oficialidade na Guinea ? Ecuatorial con outras linguas como o francés e o español. Este país foi descuberto en 1471 por Fernando Poo.

San Tomé recibiu a primeira chegada dos portugueses en 1470, liderada por João de Santarém e Pêro Escobar. O portugués espallouse nesta terra ata acadar a oficialidade coa súa independencia en 1975.

Os portugueses chegaron a Timor Leste en 1520. Neste país de recente creación (1999) o portugués comparte oficialidade con outra lingua, o tetum.

Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 10-02-2015 06:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0