Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURA DA TERCEIRA AVALIACIÓN: COMEDIA BÍFIDA de Manuel Núñez Singala



En que consiste iso do TEATRO?
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 25-03-2021 07:10
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DO TEATRO: 27 de marzo
Agora que estamos a pasar unha terrible praga pode ser un bo momento para che propor unha actividade sobre esta obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño:



Despois de ver o vídeo realizaremos a lectura dalgunha das escenas desta obra do PDF antes de responder ao seguinte cuestionario:

1- Como se chama a obra sobre a que estamos traballando?
2- Por que cres que leva este título?
3- A meirande parte dos personaxes desta obra que son? E que sagrada misión teñen?
4- O xénero teatral formalmente identifícase porque establece un diálogo (entre os personaxes ou entre un actor/actriz ou actores/actrices e o público).
En canto ao contido defínese por presentar un conflito (un enfrontamento de ideas) que ás veces se resolve felizmente, outras remata en desgraza.
Na presente obra, cal cres que é o principal conflito que se presenta?
5- Esta obra é unha traxedia ou unha comedia? Por que?
6- Esta obra ten unha temática crítica. A chamada é unha das escenas que destacamos. Realiza un breve comentario do seu contido crítico.
7- Gustaríache facer unha pequena representación teatral esta ou outra semellante? Por que?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 26-03-2020 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
REMATAMOS O CURSO REPRESENTANDO PIMPINELA
O curso de 2ºESO A case ao completo representou o pasado 19 de xuño PIMPINELA, o terceiro dos lances de Os vellos non deben namorarse de Castelao. Un bo traballo para rematar un curso tamén cargado de experiencias positivas como a presente.
Podes ver a reportaxe fotográfica do profe Alberto e a crónica no blog da Biblioteca



Lecturas recomendadas para estas vacacións:

-Kallaikos, unha viaxe á Galiza céltica de Paco Boluda

- Made in Galiza de Sechu Sende.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 26-06-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Teatro do 11 de abril
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 22-04-2019 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe é o Día Internacional do Teatro



Unha primeira actividade:

-Para un Día Internacional de Teatro.

Lendo un clásico: Os vellos non deben namorarse
Texto en PDF
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 26-03-2019 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO O 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

Os alumnos/as de 2ºESO B imos tentar participar no 1º Concurso de Teatro Clásico San Narciso cunha obra tráxica titulada: Inés de Castro: Raíña despois de morta .

INÉS DE CASTRO: Ángela Rosales Piñeiro
CONSTANZA DE CASTELA: Claudia Vilas González
INFANTE DON PEDRO: Nicolás Martínez Loveira
RAÍÑA BEATRIZ: Alba Domínguez Acuña
REI AFONSO: Julián González Sotelo
NOBRE PORTUGUÉS: Roberto López Santiago
INFANTA DE CASTELA: Lucía Madero Rodríguez
DIEGO: Gabriel Pintos Pérez
ABADESA DE COIMBRA: Ainara Soto Santiago
ÁLVARO: Damián Souto Villanueva
TAREISA:Antía Vidal García

SOLDADOS: Pablo Amoedo, Rubén Soage

Dirección: Héctor Silveiro
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 16-06-2018 02:48
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO UN CLÁSICO DO NOSO TEATRO
Imos ler Os vellos non deben namorarse de A.D.R. Castelao.



O día 27 de marzo é o Día Internacional do Teatro. Nós imos festexalo coa lectura desta obra. O prazo para rematar de ler esta obriña será o día 10 de abril no que imos realizar unha proba de lectura.

Prepararemos, en primeiro lugar, unha biografía de Castelao, que despois de Rosalía, é un dos autores galegos máis coñecidos.

Logo podemos reflexionar sobre esta creación artística deste rianxeiro universal.

Para esta obra Castelao compuxo un tema que foi musicado e hoxe xa ten vida propia na boca de distintos grupos e artistas:



Están as nubes chorando
Por un amor que morreu
Están as rúas molladas
De tanto como choveu.

Lela, Lela
Leliña por quen eu morro
Quero mirarme
Nas meninas dos teus ollos
Non me deixes
E ten compasión de min
Sen ti non podo
Sen ti non podo vivir

Dame alento das tuas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das tuas miradas
Dame vida co teu doce amor.
Comentarios (1) - Categoría: TEATRO - Publicado o 17-03-2016 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
PARA ACHEGARMOS AO TEATRO
Vexamos unha sinxela escena da obra " Os vello snon deben namorarse para achegarmos ao xénero do teatro:




Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Será comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 09-04-2015 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Para o Día Internacional do Teatro:
Imos ver como funciona o teatro: Ese xénero literario que xera polo seu contido: un conflito que se traslada ao público sobre un escenario baixo a forma dun diálogo de personaxes:

Vexamos un exemplo:



Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 27-03-2014 06:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0