Para rematar a lectura capítulo 8 e 9 de EN GALEGO, POR QUE NON?
CAP 8. 4-O xogo dos cen falantes (para poder ver este xogo debes ter a aplicación Adobe Flasch Player, trátase do segundo dos xogos que aparece na páxina onde se abre o enlace, o primeiro dos xogos que aparece tan que ver co cuarto capítulo do libro tamén). En que consiste este xogo? Atreveríaste a comezar a xogalo? Que cres que pasaría ao facer uso deste xogo?
CAP 9- 5- Unha tremenda historia por resolver... sabemos por que e como temos que defender a nosa lingua de centos de anos de discriminación e prexuízos? Razoa a resposta a modo de conclusión tras da lectura.
A adolescencia é unha etapa crucial xa que nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a perpetuarse. Van dedicadas estas páxinas a vós rapaces e rapazas da ESO. Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade, seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e usedes libres de simplificacións e prexuízos.
As ideas e opinións sobre a lingua galega que temos os galegos son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser maioritaria ou que cremos que comparten a maioría das persoas (se todos pensan así, debe ser o correcto).Iso afórranos traballo. Pero coidado, porque iso pódenos enganar moi facilmente, adoptar unha opinión que cremos maioritaria non é garante de que sexa certa e nin tan sequera opinión da maioría (durante cantos séculos se pensou que a terra era plana?).
Este libro repara na importancia de convidar á reflexión, a pensar honradamente sobre o galego, esperando que nestas páxinas descubras elementos que che permitan crear unha opinión propia, túa, sen simplificacións, sen prexuízos sobre a lingua galega.
Preguntas sobre o Limiar, Capítulo 1 e 2:
1-No primeiro capítulo na procura da verdade que se pretende combater: As _____________
2- Que tipo de exercicios usa o autor para axudar a evitalas?
3- Outro problema que se pretende resolver dende o inicio é a influencia das distorsións sobre a realidade. Con que exercicio intenta axudar a superar este problema? Cres que é válido este método?
4- No capítulo segundo debes cubrir un pequeno recadro que aparece na páxina 29 antes de seguir lendo.
5- Despois de ler o capítulo podes ir respondendo en base a ese cadro as seguinytes cuestións:
- Que teñen en común as linguas da primeira columna? e que comparten as da segunda?
6- Como se orixinaron as palabras bárbaro e bérbere? Cal é a etimoloxía da palabra algarabia?
7- Lembras algunha película, ademas da que se comenta na lectura, onde existan prexuízos lingüísticos evidentes? Explica polo menos un caso.
Idea e realización: Antía Docampo Otero.
Cámara e Montaxe: Andrea Sanjorge Barcia.
Selección de textos: Carmen Rosales Cabrera.
Interveñen por orde de aparición: Antía Docampo, Carmen Rosales, Matías Moldes Barreiro, Iria Bernárdez Canabal, Joslenys Casanova Vásquez, Estrella Gil Lubián, Carmen Mesías Recamán e Andrea Pazos Blanco.
Imos facer unha lectura breve dun clásico para antes que remate este trimestre.
TRES OBXECTIVOS: 1-Coñecer ao autor: Castelao
Pretendemos achegármonos á xenialidade de A. D. R.Castelao, a súa vida, pero sobre todo a coñecer cinco das súas facetas creativas caricaturista, escritor, ensaísta, dramaturgo e político, que trataremos de ir explicando á vez que lemos.
2-Ler un texto do autor: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete
Trátase dunha pequena obra, a primeira obra narrativa que fixo e que xira sobre un tema recorrente do autor, a morte.
3-Madurar na nosa comprensión lectora: Descubrir os narradores. Ao ler esta obra entramos nun tipo de literatura que xoga a confundir ao lector con distintos narradores, que ten certa complexidade e que esixe unha lectura atenta por parte do lector para poder entender a estrutura coa que está creada.
Hai poucas literaturas no mundo onde de xeito indiscutible haxa unha autora, unha muller que as represente. A literatura galega conta con Rosalía como a máis destacable dos creadores e creadoras das nosas letras de todos os tempos.Por iso é importante que vaiamos coñecendo mellor o seu mundo literario, curos a curso:
Imos indagar sobre certos datos biográficos e tamén é imprescindible facelo sobre os seus versos:
Temáticas dos versos de Rosalía:
Rosalía inspirouse para escribir en galego nas cantigas da tradición oral de aí que a súa poesía presente unha temática costumista que describe costumes e tradicións propias do pobo galego seguindo o modelo doutros autores (entre eles as Coplas do P.Sarmiento). Tamén estaba moi de moda na súa época, a temática amorosa.
Ela como poeta vai superar a etapa do Romanticismo cunha temática intimista moi persoal, tanto no contido como no formal con figuras como plurisignificativas como a "negra sombra" que fan de Rosalía unha poeta innovadora. Tamén ten unha grande transcendencia a temática social-reivindicativa de dignificación da terra, de denuncia das inxustizas e, especialmente, de protagonismo da muller. A Rosalía preocúpanlle a dor colectiva, pero fai fincapé na da muller, procura darlle voz ás mulleres e singularmente a muller galega. No seu poemario Cantares Gallegos comeza e remata con composicións onde invita a unha meniña gaiteira a cantar. Has de cantar
meniña gaiteira
has de cantar
que morro de pena...
Canta si queres,
na lengua que eu falo;
dareiche un mantelo,
dareiche un refaixo.
Co son da gaitiña,
co son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena...
Canta que te canta, mentras
os corazóns tristes choran.
Esto e inda máis, eu quixera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimiento me sobra,
anque este tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dentro un chora...
Tamén un dos últimos poemas é a alborada un poema cun fondo valor simbólico. A Alborada como metáfora da esperanza dun futuro que ha de vir, protagonizado pola mocidade, e de novo polas rapaciñas:
¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad!,
1- Procuremos agora as cantigas/poemas de Rosalía nas que se evidencia unha voz de muller e escollamos os que máis nos gusten.
2-Procura ademais antes de pasar a cometalo, unha boa tradución ao galego do texto que nos leu Natalia Carou de Rosalía que lemos tamén o venres na celebración do Día de Rosalía no San Narciso