Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Contidos da 3ª avaliación e das recuperacións
Os nomes das cousas
- Léxico do Teatro páx.204
- Os xentilicios páx. 205

Literatura:
- Letras Galegas 2021: Xela Arias
- O teatro.210 e 211

Gramática:
- Verbos Irregulares.(No blog e no anexo do tomo do terceiro trimestre do libro de texto)
- Repaso do uso dos Pronomes átonos.

Lingua e Sociedade:
- En Galego, por que non?

Comprensión lectora e Expresión:
- Comedia Bífida, de Manuel Núñez Singala
- Falando da toponimia de Marín.

PARA AS PROBAS DE RECUPERACIÓN de XUÑO:

Sobre a 2ª Avaliación

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2021 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CO AUTOR MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 30-05-2021 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Lectura EN GALEGO, POR QUE NON? Cap. 5- 6-7-8 e 9


CAPÍTULO 5

Preguntas sobre a lectura do cap 5 de EN GALEGO, POR QUE NON?

Despois de ler o capítulo titulado: Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura:

1- É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil? Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2- Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes?
3- Por que a un polaco lle pode resultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4- Seica a franceses, británicos, españois e estadounidenses lles resulta máis complicado aprender outros idiomas? Como se explica?
5- Unha cousa curiosa, por que cres que os galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as razóns obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6- O autor do libro fai referencia a unha gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que "usa un castelán tinguido de galego"?
8- Seguindo o reto que nos propón o autor imos poñer en castelán correcto o seguinte texto dun home que fala sobre a situación que estamos pasando:
Érache boa! Madia leva, namentras non haxa unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas, faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou galopin que sexa. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar. Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír botar o cosco.

9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):
Lembras como conxugar estes verbos no Presente de indicativo?
- Durmir, subir, seguir e divertir.

CAPÍTULO 6- Será o galego unha imposición?

CUESTIONARIO TRAS DA LECTURA do Capítulo 6

1-Explica coas túas palabras (nun texto 15 ou 20 liñas) por que o Proceso de Normalización lingüística que vivimos en Galicia non é un proceso de imposición.

2- Cres que este Proceso de Normalización está rematado? Razoa e argumenta debidamente a resposta.

3- Sabías que na actualidade aprender o español na escola é un dereito e un deber, pero aprender galego só é un dereito, non temos o deber de aprendelo? Cres que esta diferenza é axeitada tendo en conta o último parágrafo do capítulo 6 que acabamos de ler? Razoa a resposta.

REMATANDO A LECTURA
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 23-05-2021 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
XELA ARIAS 2021 (I)

Imos ao encontro coa autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas:



Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.

Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.

Vencerse é cousa
de se tratar.

DA SÚA VIDA E DA SÚA OBRA



DAS SÚAS CREACIÓNS




"FACENDO CORPO": Curiosear sobre tres facetas de Xela: A súa imaxe, un poema e a súa rebeldía.

- A miña foto preferida de Xela Arias.
- Escollo un poema seu
- Procuro unha visión da súa vida de rebeldía.

Comentarios (3) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 12-05-2021 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
De cara ao avance da 3ª
OS NOMES DAS COUSAS:
A RADIO pax.152.
O campo semántico páx. 153

As frases feitas páx. 173

LINGUA E SOCIEDADE:
- O galego estándar páx. 174-175

PLAN LECTOR E ACTIVIDADE:
- En galego, por que non? Capítulo 4.

LITERATURA: Subxéneros narrativos páx. 158-160
O teatro páx. 178-179

PLAN LECTOR: Comezo da lectura de Comedia Bífida

TOPONIMIA: Tipos de topónimos ver blog.

GRAMÁTICA: Verbos IRREGULARES

Caber, Dar, Dicir, Estar, Facer, Haber, Ir, Poder, Poñer, Traer.

Repaso dos pronomes átonos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2021 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
TOPONIMIA DE MARÍN (II): TIPOS DE TOPÓNIMOS

Tipos de topónimos.

Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de:
Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín
Microtopónimos: Chan do Monte, A Mouta…

Pero as tipoloxías máis usuais responden a:
A) Tipos de topónimos segundo o seu significado
B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe

A) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:

Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)

Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)

Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)

Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)

Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)

Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)

Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)

Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)

B) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:
Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:

PRERROMANOS:
a) Preindoeuropeos
b) Prerromanos
c) Proto e Pre céltico
d) Ilirio (ambro-lígur)

POSROMANOS:
a) Latinos
b) Xermánicos (superestrato)
c) Árabes
d) Procedencia moderna

Características que presentan ambos grupos:

PRERROMANOS:
a) Menos abundante.
b) Rara vez conectada coa lingua actual.
c) Opaca no seu significado.
d) Cunha raíz pouco alterada e fácil de
identificar.
e) Adoitan ser orónimos e hidrónimos.

POSROMANOS:
a) Máis abondosos
b) Máis conexión coa lingua actual
c) Un significado máis transparente.
d) Cunha raíz máis alterada e algo máis
difícil de identificar.
e) Son de calquera tipoloxía, máis escasos
orónimos e hidrónimos

Comentarios (1) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 27-04-2021 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURA DA TERCEIRA AVALIACIÓN: COMEDIA BÍFIDA de Manuel Núñez Singala



En que consiste iso do TEATRO?
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 25-03-2021 07:10
# Ligazón permanente a este artigo
EN GALEGO POR QUE NON? (Cap. 3 e 4)

Actividades sobre o Capítulo 3

Actividades sobre o Capítulo 4

ACTIVIADE ESTRELA: Imos propoñer unha actividade para que persoalmente comprobes ata que punto o feito de que ti fales galego pode provocar cambios ao teu redor.
1-Fai uso do galego nun contexto onde non o fales habitualmente para ver se hai alguén da túa entorna que acaba cambiando de idioma.
2-Anota as distintas reaccións que provoca o teu cambio de idioma e detecta se hai algún prexuízo presente nesta experiencia.

Poremos en común os resultados desta actividade lingüística a posteriori. Bo traballo!
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 22-03-2021 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS PARA 2ª AVALIACIÓN
CONTIDOS PARA 2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 5

Léxico: Medios de comunicación. páx.112
Abreviaturas, siglas e acrónimos. páx. 113

LINGUA E SOCIEDADE: Normalización e normativización pax. 114-115

LITERATURA: NARRATIVA páx. 118.119.120.
Textos narrativos: Tipos de narradores

Gramática:Pronomes átonos
- Colocación dos pronomes átonos.

- Expresión: Textos dos medios de comunicación pax.110-111 (Servirá para traballar o vocabulario do tema seguinte sobre a prensa páx. 132)

Cultura popular: Os lobos e o entroido.

UNIDADE 6
O nome das cousas: A Prensa. páx. 132
Toponimia e antroponimia. páx. 133
Toponimia de Marín (I)

GRAMÁTICA:
Identificar e distinguir: Adverbios

LITERATURA: Rosalía de Castro: vida e obra
- Rosalía e o Mar.
- Comentando textos de Rosalía

PLAN LECTOR: EN GALEGO POR QUE NON?(I)
- Introdución
- Capítulos 1, 2
- Capítulo 3.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2021 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
TOPONIMIA DE MARÍN (I): ONDE VIVO EU?

ONDE VIVO EU?

Imos traballar coa Toponimia, os nomes dos lugares, cos que nomeamos o territorio.

Que significa esta palabra que vén do grego?

τόπος (tópos, «lugar») e ὄνομα (ónoma, «nome»)

Pois has de saber que Galicia conserva máis de 2.000000 de topónimos, un patrimonio enorme a conservar.

O obxectivo logo será contribuír ao coñecemento, difusión e conservación deste gran legado, parte do noso patrimonio, un tesouro por descubrir.

Imos comezar por entender que hai dous tipos de topónimos:
- Macrotopónimos: Nomes de concellos, por exemplo.
- Microtopónimos: Nomes de fontes, leiras...

Logo Galicia ou o nome das Provincias nas que se divide son macrotopónimos.

Tamén sabemos que as provincias podemos dividilas en concellos.

Pero os concellos podemos dividilos á vez en parroquias:

- Que é unha parroquia? Bótalle un ollo a división por parroquias do concello de Marín.Trátase dunha división do territorio moi antiga entre política e relixiosa, por iso a cada parroquia se adscribe unha advocación dun santo ou da virxe (data do século VI no que Teodomiro un rei suevo da Gallaecia fixo o Parroquiale Sueborum).
A palabra parroquia tamén ten que ver co grego:parochia paroikesis "veciñanza" de παρά (para: arredor de) e οἶκος (oicos:casa)

ACTIVIDADES A REALIZAR:

1- En que concello vivo eu?
2- En que parroquia está a miña casa?

3- As parroquias tamén se dividen en lugares. Imos ver un exemplo dun lugar. O nose colexio está no concello de Marín, na parroquia de Mogor e no lugar de Chan do Monte.

Averigua como se chama o lugar onde está situada a túa casa, non a rúa, o lugar.

4- Logo procura coñecer ata 10 lugares máis que sexan colindantes, que estean arredor do lugar onde ti vives.

(CONTINUARÁ)
Comentarios (2) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 04-03-2021 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0